literatura

390 Libros
Libros

Tony nos xardíns de Kensington

Os procesos migratorios foron sempre un dos tópicos sobre a identidade galega, cantados moitas veces nesa épica contemporánea que é a narrativa, dunha forma que resaltaba o esforzo ou as aventuras dos individuos que os acometeron. 
391 Libros 2
star
Libros

O galo que namora do rato que namora da ovelha

Oferecim este livro à minha sobrinha no natal. Aos dous dias o pai surprendeu-na estombalhada no sofá a ler para a irmã estas estórias de bichos. 
386 Libros
star
Libros

Distópica xacobea

Aínda que é certo que toda literatura é ideolóxica ao seu xeito, hai unha serie de xéneros, como a distopía, que que se foron convertendo nunha especie de escenario privilexiado da política da nosa época. 
384 Libros 1
star
Libros

Eusebio Lorenzo Baleirón: a eternidade do efémero

Entre as voces máis firmes e prometedoras que tivemos a fortuna de descubrir e gozar a comezos dos oitenta estaba un poeta aínda case adolescente das terras de Laíño, Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, 1962-1986), que nos deixaría pouco despois, moi prematuramente, con apenas vinte e catro anos, abrindo unha enorme ferida no corazón de cantas persoas o trataron e un inmenso oco na poesía dos oitenta. 
383 Libros 2
star
Libros

Escrever é um grito

Lembro a leitura d’A cor do hibisco, de Chimamanda N. Adichie. A sua protagonista, Kambili, bota toda a narrativa com os fonemas engasgados, incapazes de borbulhar.
382 Libros 2
star
Libros

Madialeva

Puido ser unha casualidade, mais acho que ben pode ter un valor significativo o feito de que, se hai un mes estaba a falar nesta mesma columna da aparición dunha banda deseñada galega ambientada no rural, hoxe teño a oportunidade de volver laretar dunha outra obra que se achega a este pequeno espazo telúrico de múltiples facianas e realidades contrapostas que ben nos pode retrotraer á infancia saúdos como destapar escuros sucesos. 
382 Libros 1
star
Libros

O paraíso dos porcos

O papel de Kalandraka no campo editorial galego leva moitos anos ben definido. Sen renunciar a eidos como o da tradución, ensaio ou poesía, que contan coas súas fecundas coleccións dentro da editora, unha parte fundamental do seu proxecto está orientado ao álbum ilustrado, en xeral co público infantil e xuvenil como parte importante do seu público.
381 Libros 2
star
Libros

Diario dunha cicatrización

Unha obra que pon no centro o vigor dos obxectos non podía ter mellor acollida que a que lle dá Apiario. 
380 Libros 1
star
Libros

A transcendencia do agora

O  último título de Miguel Sande evoca certo xogo de palabras que pode relacionarse co pop, coas sentencias fáciles ou con certo tipo de poesía evanescente tan común nos últimos anos. 
379 Libros 1
star
Libros

Auga e futuro

Tras o bo sabor que nos deixou a súa primeira incursión na narrativa para adultos con Senlleiras, Antía Yáñez regresou durante este 2019 pasado aos eidos da literatura infantil e xuvenil.
378 Libros 1
star
Libros

Comandos para dirixir o futuro

O grande acerto da colección Alicerces ao que pertence este volume é conseguir un ton divulgativo a temas que moitas veces resultan sorprendentes, cando non inéditos, para o lectorado. 
379 Libros 2
star
Libros

Todas somos bichas-bola

É   a galinha uma bicha-bola? É, quando anda choca e senta no ninho a cuidar da rolada. É o ovo um bicho-bola? Bola, quase, vamos aceitar. Bicho? Mmm! Grande assembleia de Bichos Bóla Around de World, embora já saibamos que admitirão. Na BBAW entramos todas as que, por uma razão ou outra, nos fazemos bola, bolinha, boleirão.
Emma Pedreira
star
Libros

A escritora e o que está fóra

"Quere ser a mellor escritora do mundo? Pois séxao! Trate de selo, porque iso non depende de vostede (...) Do que depende é de quen está aí fóra, de se lle deixarán selo ou non. Quere ser a mellor en algo en todo o mundo? Pois asine con nome de home", é un dos postulados que sostén Os corpos invisibles, a última obra de Emma Pedreira. 
Berta Dávila
star
Libros

Os trens detidos

Aínda ecoa o éxito de público e crítica de O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), unha terra aboada para que a seguinte novela da autora fose unha peza moi agardada. Carrusel chega de novo co aval dun grande premio, nesta ocasión o Manuel García Barros da Estrada, e configúrase como unha nova peza que recolle moitas das teimas narrativas de Berta Dávila, conectándoas con outros momentos da súa traxectoria, así como coa irrupción dalgunha novidade.
Premios Cultura Galega 2020 (Imaxe: Xunta da Galiza).
CULTURA

Ledicia Costas, Xurxo Lobato ou aCentral Folque entre os distinguidos cos Premios da Cultura Galega

Entre os premiados tamén figuran Xosé González, creador do primeiro servizo de normalización lingüística municipal da Galiza; Chema Prado, pola súa traxectoria á fronte da Filmoteca Española, a Federación de Teatro Afeccionado da Galiza; Ildiko Szijj, responsábel do Centro de Estudos Galegos en Budapest e mais o Fondo Penzol.
Marilar Aleixandre. (Foto: Xosé Castro)
Entrevista

Marilar Aleixandre: "Aínda en 2021 hai persoas ás que lles resulta imposíbel pronunciar a palabra homosexual"

Marilar Aleixandre recollía a terza feira o Premio Blanco Amor pola súa novela 'As malas mulleres'. A autora repasa con 'Nós Diario', xornal co que colabora, as chaves desta obra "contra a desmemoria" que se centra nas presas no cárcere da Galera (A Coruña), mesturando personaxes de ficción con figuras históricas como Concepción Arenal e Juana de Vega.
Manuel Rivas. (Foto: Anna Serrano)
Entrevista

Manuel Rivas: "O gran negocio hoxe en día é a fabricación posindustrial da mentira"

Logo de 'Contra todo isto' (Xerais, 2018), Manuel Rivas volve comprometer a súa tinta ante as urxencias da que denomina Era Mayday, proclamando a necesidade de converter o planeta enteiro nunha 'Zona a Defender' (Xerais, 2020), termo que lle dá título ao novo libro. Fronte a esa práctica imitada dos animais de "facerse o morto", estendida á sociedade, o autor declárase defensor da posibilidade: porque o "pesimismo rebelde vai da man dunha esperanza indócil", escribe.
Este filólogo de Bergondo cultiva na literatura, sobre todo, a poesía e o relato curto. (Foto: Nós Diario)
Óscar García, gañador do XXIV Certame de Poesía Francisco Añón

"Traballo un pouco por acumulación até que sinto a necesidade de pórme a escribir xa"

O Concello de Outes leva 24 anos organizando o Certame de Poesía Francisco Añón, no que se convocan poetas de todas as idades. Nesta ocasión, a situación derivada da Covid-19 impide levar a cabo a entrega de premios e a presentación da obra gañadora, mais os nomes das persoas vencedoras déronse a coñecer recentemente e Óscar García mereceu o galardón máis alto co seu Inventario de consecuencias. Conversamos con el sobre o premio, sobre o seu proceso creativo e a sobre a súa traxectoria literaria.
As mulleres na AELG. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG

Cinco mulleres entran no novo consello, con Anna R. Figueiredo como vicepresidenta. Substitúe a Rosalía Fernández Rial, que pasa a ocuparse da sección de Novos Proxectos. Cilha Lourenço asume a secretaría que exercía Mercedes Queizas. Montse Fajardo, Antía Yáñez e Beatriz Maceda entran como vogais.
A docente e escritora María Rei Vilas. (Foto: Antía de la Fuente)
Entrevista

María Rei Vilas: "Medrei cun relato desfigurado da realidade da represión"

María Rei Vilas (A Laracha, 1964) levou o Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) coa súa primeira novela, que agora publica Galaxia. 'Flores de Ferro', ambientada nos anos 80, achégase aos silencios da represión, co elemento que lle dá título moi presente na trama ao tempo que se fai metáfora das mulleres que a protagonizan.