Lugo

Tractorada en Lugo, esta quinta feira. (Foto: TVG)
Agora

Unha tractorada de produtores de carne volve colapsar o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos"

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo esta quinta feira cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). O seu presidente, Santiago Rego, denuncia que cobran polo quilo de carne 'Suprema' arredor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos "de hai 30 anos", polo que esa cifra debería subir até uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería "un prezo razoábel, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo".

Piquetes informativos no polígono do Ceao, en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

Seguimento "masivo" da folga convocada no sector do metal en Lugo para exixir salarios "xustos" e a renovación do convenio

Dúas empresas, Recambios Frain e Recambios Infra, "obrigaron" os seus empregados a acudir aos centros de traballo, denuncian os sindicatos.
Zanfona galega. (Foto: Mimohe)
star
CULTURA

Lugo vira esta fin de semana en capital da zanfona

Desde o século IX até a actualidade, a zanfona evolucionou e perfeccionouse até adquirir as características que nos permiten falar da zanfona galega, propiamente dita. No seu rexurdir tivo un papel fundamental Lugo, cidade que esta fin de semana acolle a terceira edición de Celme de zanfona. Un encontro que xuntará musicólogos e intérpretes de renome, buscando popularizar un instrumento milenario que, segundo as persoas expertas, vive na actualidade o seu mellor momento.
Paula Prado comparecendo como secretaria xeral do PP. (Foto: Europa Press)
Eleccións Municipais

Paula Prado desembarca en Lugo para acusar de "electoralismo" a oposición

A secretaria xeral dos populares acompañou onte Elena Candia.
Presentación da convocatoria de mobilización, esta segunda feira en Lugo. (Foto: Un Vento Vén)
SOCIAL

Un Vento Vén convoca unha manifestación contra a “invasión” eólica

A mobilización partirá da Torre da Mosquera ás 12.30 horas do domingo 21 de maio

Rubén Arroxo e Ana Pontón, esta segunda feira no barrio da Tinaría, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
Eleccións municipais

Pontón asegura que Arroxo será o próximo alcalde de Lugo, co BNG como “verdadeiro motor de transformación”

“O Goberno do PP leva anos dándolle as costas a Lugo”, afirmou a portavoz do BNG.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Agora

Cancélase a visita de Pedro Sánchez a Lugo prevista para esta cuarta feira

A visita do presidente do Goberno español e líder do Partido Socialista, Pedro Sánchez, prevista para esta cuarta feira a Lugo, onde ía participar nun acto de precampaña, foi cancelada. Diso informaron fontes do PSdeG, que explicaron que a inminencia da viaxe de Pedro Sánchez, a Estados Unidos motivou que o acto previsto na cidade da Muralla se cancelase.

Tractorada o pasado 18 de abril en Lugo en protesta polos altos prezos (Foto: Nós Diario)
Eleccións municipais

Agro e industria, as chaves do futuro

A Ulloa, Sarria e Lugo demandan servizos para a poboación.
Concentración de Erguer esta sexta feira en Lugo en contra da visita do rei (Foto: Erguer).
SOCIAL

Erguer mobilízase en Lugo en contra da visita de Felipe VI

Desde Erguer denunciaron que a monarquía é "unha institución con cada vez máis descrédito e envolta en constantes escándalos, que representa a desigualdade, o fascismo e o españolismo máis rancio".
Axentes da policía local de Lugo (Foto: Policía Local de Lugo).
SOCIAL

Un home é detido en Lugo por agredir a súa muller en presenza dos seus tres fillos

O relato da vítima, corroborado de forma espontánea polo fillo maior -de 7 anos-, contradí a versión do home.
Colocación da palabra do ano en Lugo (Foto: Concello de Lugo).
LINGUA

Lugo completa o paseo das Palabras do Ano coa inclusión de 'Comadre'

A escolla da palabra do ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a fundación Barrié. A iniciativa pretende que a cidadanía galega escolla cada decembro unha palabra en galego que defina o ano que remata, difundindo o léxico galego.
Voluntariado atende persoas que acoden a buscar comida no almacén do Banco de Alimentos de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O Banco de Alimentos de Lugo estima que a fin de mes podería aceptar novas altas

O Banco de Alimentos de Lugo agarda solucionar os problemas de abastecemento de produtos alimenticios a finais do mes de maio para poder aceptar novas altas que, polo momento, limitan a súa capacidade. Será cando conclúan as accións de ‘Operación Kilo’, iniciativa de recollida de alimentos que realizan conxuntamente varias tendas de alimentación.

O rei Felipe VI durante unha mensaxe de noiteboa (Foto: Europa Press).
Agora

Erguer convoca unha concentración en Lugo para mostrar o "rexeitamento do estudantado" á monarquía

A organización estudantil, Erguer, Estudantes da Galiza, convoca esta sexta feira ás 12 horas, unha concentración para mostrar o “rexeitamento do estudantado” tanto á presenza do rei na cidade como á monarquía española por considerala "un réxime corrupto e anacrónico." A concentración terá lugar diante da Biblioteca Intercentros e desde a organización animan a todas as estudantes a sumarse a ela, mais tamén ao resto de organizacións soberanistas que “estean en contra da monarquía”.
Manifestación da CIG en Vigo o 1º de maio. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

GALERÍA | Así decorreron as manifestacións da CIG o 1º de maio

Unha das vivendas rexistradas en Vilagarcía. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

Nove detidos nun novo operativo 'antidroga' con 15 rexistros na Galiza

Rexistráronse diferentes vivendas en Tui, Ponteareas, O Porriño, Vigo, Vilagarcía, Vilanova e Lugo.
O vehículo que ardeu esta madrugada na rúa lucense de Serra de Meira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Saen ilesos os ocupantes dun vehículo incendiado en Lugo: "Estaba conducindo e comezou a arder"

O coche quedou totalmente destruído após este aparatoso incidente.
Alfonso Rueda na presentación de Elena Candia como candidata en Lugo, o domingo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
POLÍTICA

O PP racha en concellos chave da circunscrición de Lugo

O PP na circunscrición de Lugo leva instalado no conflito interno desde 2016. Se daquela era a deputada Raquel Arias quen rivalizaba con Elena Candia pola dirección provincial do partido, hoxe a loita interna dáse entre Candia -presidenta provincial do PP e candidata á Alcaldía de Lugo- e o coordinador xeral da formación, José Manuel Balseiro. As listas para as eleccións locais de 28 maio evidencian esta división.
O Garañón, na cidade de Lugo (Foto: Europa Press).
SOCIAL

O xulgado autoriza o derrubamento do Garañón, en Lugo, horas despois de ordenar a súa paralización

A alcaldesa Lara Méndez, o concelleiro de Urbanismo, Álvaro Santos, e un representante da empresa que derrubará O Garañón entraron o pasado venres, 21 de abril, na leira para asinar a acta de reformulo da demolición e inicio de obra, que podería comezar nas próximas semanas.
Inmediacións do río Rato en Lugo (Foto: Adega).
SOCIAL

A Deputación de Lugo exixe á Xunta a "paralización" da Rolda Leste

Tal e como informaba 'Nós Diario' a semana pasada, a propia Deputación de Lugo alertaba de "graves irregularidades" no proxecto de trazado elaborado pola Xunta para a segunda fase da Rolda Leste.
Eva de la Torre é integrante da asociación veciñal de Orbazai, da cidade de Lugo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Eva de la Torre: "En Lugo mantívose en pé un muíño grazas a que estaba en funcionamento até hai pouco"

Eva de la Torre é unha das integrantes da Asociación de veciños de Orbazai (Lugo), así como unha das autoras da publicación sobre as construcións tradicionais escrita en colaboración co Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela e que agora ve a luz.