Margarita Ledo

A entrevista a Margarita Ledo nas páxinas do 'Sermos Galiza'. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A cineasta Margarita Ledo fala da súa obra e da loita obreira feminina nunha nova edición do Sermos

O semanario que atoparás mañá nos quiosques e outros puntos de venta habituais xunto co Nós Diario inclúe tamén unha reportaxe sobre o aniversario do Centro Galego de Artes da Imaxe. Igualmente poderás coñecer a historia da fragata Ariete.
Margarita Ledo | Foto: Tamara de la Fuente
star
Entrevistas

Margarita Ledo: "Co neoliberalismo corremos o risco da involución, regresa a ameaza da exclusión da esfera pública

Na vindeira sexta feira 26 estréase nas salas comerciais Nación, o último filme de Margarita Ledo, premiado no Festival de Cine Europeo de Sevilla e que xa se puido ver na pasada edición de Cineuropa. Nación aborda o tema da loita obreira desde unha perspectiva feminina que lle outorga ao filme un carácter de manifesto que revela e invita á rebelión; un aviso de como o capitalismo especulativo ameaza non só a economía produtiva e o benestar da cidadanía, senón tamén a identidade e os dereitos adquiridos ao longo de moitas batallas e vindicacións.
nacion
CULTURA

Distinguen 'Nación' polo seu fomento da igualdade

O Ministerio de Cultura e Deporte vén de distinguir a longametraxe documental Nación como película “especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero”.

A actriz Mónica Camaño. (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

Nós somos elas

Pracer inmenso poder comezar 2021 coa última achega de Margarita Ledo premiada no Festival de Cinema Europeo de Sevilla co Premio Especial á Mellor Dirección.
'Nación' de Margarita Ledo Andión.
CULTURA

"Sobordar a cerca fainos nación": a loita das mulleres da Pontesa

Margarita Ledo Andión presenta a cuarta feira en Cineuropa (Compostela) a súa cuarta película, 'Nación', un filme-ensaio que vira sobre a experiencia e a loita das traballadoras da Pontesa (Pontevedra).
'Nación' de Margarita Ledo Andión.
CULTURA

'Nación', de Margarita Ledo, premiada na súa estrea no Festival de Sevilla

Recibe un galardón especial á Mellor Dirección da película do Estado español estreada no certame. A próxima semana terá a súa primeira exhibición na Galiza, en primicia dentro da programación de Cineuropa. 
Un momento da presentación do Cineuropa.
CULTURA

Cineuropa premia a Alfonso Zarauza, Margarita Ledo e Javier Gutiérrez

O festival comeza en Compostela esta sexta feira. Até o próximo 22 de novembro proxectaránse case 100 creacións audiovisuais entre ficción e documentais
margaritaledo
No VII Congreso da AE-IC en Valencia

Margarita Ledo, merecedora dunha homenaxe ao labor comunicativo

O vindeiro 28 de outubro farase público o recoñecemento en Valencia no marco do VII Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC).
'Nación' de Margarita Ledo Andión.
CULTURA

‘Nación’ de Margarita Ledo estréase no Festival de Cinema Europeo de Sevilla

Posteriormente, o filme da produtora Nós Produtora Cinematográfica Galega percorrerá diferentes festivais para logo chegar ás salas de cinema.
'Nación' de Margarita Ledo Andión.
CULTURA

Estrea do tráiler de ‘Nación’, o novo filme de Margarita Ledo

O cuarto filme de Ledo Andión “conta a historia das mulleres galegas que conseguen facerse un oco no tecido industrial, a súa relación co campo, a súa memoria, a súa fortaleza”. Tráiler no interior

Xan Casabella exilio Portugal
CULTURA

Galegas no Portugal revolucionario de abril

O 25 de abril de 1974 abriuse un novo tempo político en Portugal cuxa influencia chegou á Galiza. Mentres o réxime franquista condenaba ao cárcere, ao exilio ou á morte, a militancia democrática, a alianza fraterna do pobo e da milicia lusa poñían remate á ditadura máis antiga de Europa. A fronteira artificial que non puido separar a irmandade de dúas nacións unidas na cultura e no tempo volveuse abrir para que fluísen os ventos da liberdade. Recuperamos a memoria do Portugal de abril da man de tres galegas que viviron alí un exilio de esperanza.
illa lobeira 2
CULTURA

A muller operaria protagoniza o novo filme de Margarita Ledo

“A intimidade da historia de Nación, um sítio onde pousar a cabeça é a da muller operaria que, dende o agro e o mar, accede ao traballo industrial”. Así describe Nós. Produtora Cinematográfica Galega a que será a cuarta longametraxe de Margarita Ledo Andión. Esta terza feira 27 de agosto comezará a súa rodaxe.
[Imaxe: Natalia Porca] Margarita Ledo
Será a súa cuarta longametraxe

Margarita Ledo inicia a rodaxe de 'Nación, um sítio onde pousar a cabeça'

Un verso do poeta portugués Manuel António Pina sérvelle a Margarita Ledo Andión para titular a súa cuarta longametraxe: Nación, um sítio onde pousar a cabeça. A vindeira terza feira, 28 de agosto, comeza a rodaxe.
[Imaxe: Laura R. Cuba] Margarita Ledo
SOCIAL

Arrinca o Seminario de Comunicación e Xénero

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle esta segunda feira o primeiro Seminario de Comunicación e Xénero. Está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e dirixido pola súa coordinadora Margarita Ledo Andión.

38163008_1856868111072691_5163703287215554560_n
Sobre Medios e Identidade

Un Diario en Galego? Si, Grazas

A lingua que nos representa é tamén a que nos expresa; é a lingua que unha sociedade teceu ao longo do tempo á par que se constituía como tal ao se facer consciente do territorio, do aproveitamento de recursos, de acordar certos valores, iso que dicía Saint Just, de sentirmos o mesmo sobre o ben e o mal. Xa que logo, a lingua galega non pode ficar á marxe dunha práctica que iguala, a da información; da liberdade para expresar opinión; do dereito a comunicar.

Margarita

[Imaxe: Laura R. Cuba] Margarita Ledo
Entrevistamos Margarita Ledo

“Galiza é un país subexposto, moi censurado”

Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) é a primeira muller que gaña o premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta e as catro deputacións –de maneira rotatoria–. Directora que transita a modernidade cinematográfica e explora as paixóns do real do século XX, escritora sen concesións á narratividade convencional, catedrática de Comunicación Audiovisual e académica, Ledo Andión dubida do lugar dos recoñecementos na cultura galega pero agradece o que leva o nome dun intelectual decisivo na súa formación.

[Imaxe: Natalia Porca] Margarita Ledo
Margarita Ledo, no 101 aniversario do seu primeiro número

"A Nosa Terra foi o gran proxecto para Galiza enteira"

Ao seu regreso do exilio en Portugal, a xornalista Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) ideou e dirixiu o semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980. Con motivo do 101 aniversario da saída de A Nosa Terra, resgatamos a entrevista publicada no semanario Sermos Galiza 222. NO INTERIOR, FACÍSÍMILE DO PRIMEIRO NÚMERO DO SEMANARIO.

congreso Novo Cinema Galego
Este 14S na USC

O Novo Cinema Galego a debate

Os éxitos de crítica e festivais do denominado Novo Cinema Galego foron acompañados, desde o inicio, dunha atenta pescuda teórica e académica. Esta quinta feira, 14 de setembro, a facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acollerá a primeira das dúas xornadas consecutivas que cineastas, investigadoras, produtoras ou profesoras dedicarán a "pensar o Novo Cinema Galego".

Fotograma do documentario de Margarita Ledo
VII Xornadas

“Memoria dun tempo” recupera as mulleres esquecidas

Organizadas pola Asociación Nordés, a quinta feira, 24 de agosto, arrancan no concello de Mañón as VII Xornadas Memoria dun tempo, que este ano se centran nas mulleres.