"Ou somos medios sociais ou non seremos"
O director do Debate de Irmandade TV, Aurélio Lopes, entrevistou o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, co gallo do número 100 do semanario. VÍDEO NO INTERIOR.
O director do Debate de Irmandade TV, Aurélio Lopes, entrevistou o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, co gallo do número 100 do semanario. VÍDEO NO INTERIOR.
CIG, UXT E USO levan á inspección a posíbel irregularidade na contratación mercantil de Carlos Luis Rodríguez e Pablo Acción -ambos xornalistas próximos ao PP- xa que cren que “encobre unha relación laboral ordinaria que debería desempeñar persoal da casa”.
O suplemento de análise do semanario Sermos Galiza pon o foco, desta vez, na situación dos chamados medios alternativos e comunitarios da Galiza, abondando en experiencias como Irmandade TV, Cuac FM, Radiofusión ou GZVideos.info.
Nos spots gratuítos, a formación liderada por Rosa Díaz terá máis cobertura nos medios públicos galegos que o Bloque, 15 minutos fronte ao 10 minutos da fronte nacionalista para toda a campaña. Un ''atraco democrático'' en palabras da candidata Ana Miranda. Vídeo no interior do espazo do BNG.
O aumento na partida destinada a ''empresas xornalísticas e de radiofusión'' pasa ter unha contía total de 1.675.000 euros, 125.000 máis que en 2013. A CIG considera especialmente grave que isto se produza "en plena campaña electoral".
Redactora de Sermos Galiza, Carme Vidal recibiu o pasado sábado en Pontevedra o premio da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) á mellor traxectoria no xornalismo cultural. Como “unha paixón máis tamén un oficio” define o xornalismo no que se iniciou por volta de hai dúas décadas na redacción de A Nosa Terra.
Andy Warhol, afamado cineasta e artista plástico de gran apoxeo na década dos sesenta, tivo un día unha curiosa premonición que na actualidade xa se alberga dentro do grupo de frases célebres: “No futuro todo o mundo será famoso durante quince minutos.
Unha semana despois da súa presentación, a campaña “Como cho digo ;-)” que botou a andar a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) segue a sumar apoios na rede. En tres semanas, iniciarán unha xira de presentación por comarcas e localidades.
A campaña “Como cho digo ;-)” que esta terza feira presentou a CTNL, aposta por visibilizar a nosa lingua nos medios. Colectivos e persoas poden xa sumarse para que a realidade que é en galego non se traduza nos medios.
Pilar Bispo é agricultora. Traballa a súa horta e conta cun posto na Praza de Abastos de Compostela, A Casa da Quenlla. É subscritora de Sermos Galiza e apoia o proxecto desde o comezo. "Tedes moitas cousas e moi variadas", sinala.
O Premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo chega á súa décima edición cun premio de 1.000 euros e a difusión do gañador en nove medios de comunicación colaboradores da convocatoria, entre eles, Sermos Galiza.
Guillerme Vázquez vai ser eleito este sábado 18 de Xaneiro novo presidente da Fundación Galiza Sempre. O BNG recupera así, para a primeira liña da actividade pública, a figura do que foi o seu portavoz nacional durante catro anos. Con ilusión mais tamén coa humildade que o caracteriza, Guillerme Vázquez avalía este novo período para Sermos Galiza.
“Absterse de empregar imaxes que degraden as vítimas”. Así pon o primeiro dos 10 puntos do decálogo do colexio de xornalistas para sucesos de catástrofe. Na de Angrois, houbo medios que non o cumpriron. E a indignación nas redes sociais é moi alta.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais puxo os feitos en coñecemento de Función Pública e a Secretaría Xeral de Facenda. Ao non obter resposta, informaron ao Parlamento.
A oposición volverá preguntarlle a Feijóo polo 'Caso Dorado' dentro de cuestións máis amplas que tamén farán referencia ao control dos medios públicos e os incumprimentos do presidente coa Cámara.
O BNG presentará esta terza feira unha proposición non de lei para que se cambien as formulacións coas que a Xunta concede axudas a medios e pedirá que se valore o uso do galego. Namentres, seguen as subvencións a dedo.
Galiza Ano Cero saiu á rede e en menos de 24 horas conseguiu unha sexta parte do orzamento que precisa para botar a andar. "É un proxecto bastante aberto", aseguran @s promotor@s, con vocación de "xerar unha comunidade" que faga esoutra televisión. A que non hai. Polo de agora, os apoios recibidos e o agarimo que numerosas persoas lles fixeron chegar deixa ver que un obxectivo está cumprido. Hai alguén do doutro lado da pantalla que ten gañas de escoitar o que teñen que dicir.
A convocatoria da Secretaría Xeral de Medios de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, para medios de comunicación para o ano 2013 ascende a 1.550.000 euros. Cifra á que hai que engadir os convenios coa prensa noutras consellarías, en concreto a de Medio rural e Mar, que ascende a 739.000 euros
Preside Henrique Sanfín a recén creada Asociación Galega de Medios, unha entidade que agrupa catorce cabeceiras, a práctica totalidade de medios que teñen no galego a súa lingua de comunicación. Entre as primeiras liñas de acción será defender unha proposta para unha lei de publicidade institucional que responda ao criterio da transparencia.
A Xunta marxina na súa campaña institucional para o Día das Letras Galegas aos medios que empregan o galego todos os días do ano.