A Mesa pola Normalización Lingüística

CarvalhoCalero_1
LINGUA

A Mesa reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero

Lembra que o ferrolán fechou en 1986 o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que frutificou na creación da Mesa.

a mesa guia administracion
LINGUA

A Mesa entregará ás 3.721 novas edís unha guía para o uso do galego na administración local

O documento recolle orientacións de utilidade para que a lingua galega estea presente nas tarefas de goberno ou oposición, sexa cal for a área de responsabilidade.

Banco Sabadell (Foto: Europa Press).
Dereitos lingüísticos

Sabadell rectifica e descúlpase após pedir en inglés que unha consulta en galego se remitise noutro idioma

O Banco Sabadell rectificou e pediu desculpas após a Mesa pola Normalización Lingüística denunciar que a entidade bancaria respondera en inglés unha consulta feita en galego. Sabadell usou a lingua de Shakespeare para pedir ao cliente que remitise ese trámite en catalán, euskera, español, inglés, alemán ou francés.

banco sabadell
LINGUA

Banco Sabadell pide, en inglés, que unha consulta en galego se lle remita noutro idioma

A Mesa denuncia este feito e lembra que ningunha entidade bancaria garante o dereito da poboación galega a usar a súa lingua.

QUEREMOS GALEGO
LINGUA

A Mesa participa no Foro europeo de minorías, organizado pola ONU

'Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías' é o título do encontro, que decorre en Bruxelas.

a mesa PP
A entidade reúnese cos populares e co BNG

O PP “tomará en consideración” o manifesto da Mesa pola pluralidade lingüística

O PP “tomará en consideración” e estudará, tanto no grupo parlamentario como no partido, o manifesto pola pluralidade lingüística Liberdade, igualdade, democracia, entre cuxos impulsores se atopa A Mesa pola Normalización Lingüística. A entidade reuniuse esta segunda feira cos populares e co BNG e, en datas vindeiras, farao con En Marea.
 

Promoven A Mesa e oito entidades do Estado

Fronte común para promover as linguas propias das nacións sen Estado

“A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son un capricho. Son unha necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha sociedade plural, democrática e xusta que non admita o odio”. Eis o inicio do manifesto pola pluralidade lingüística que promoven A Mesa e oito entidades do Estado e que a entidade galega presentou esta cuarta feira en Pontevedra.
 

QUEREMOS GALEGO
LINGUA

A Mesa ironiza sobre a imposición do galego no Día dos Enganos

Unha campaña de carteis “que se repartirán por diferentes localidades de Galiza” serviralle á Mesa pola Normalización Lingüística para denunciar a “imposición do galego”. Eis a proposta da asociación para o Día dos Enganos, que se celebra o 1 de abril.
 

A pesar da alerta por coronavirus, Feixoo convoca oposicións ao corpo de profesorado para o 20 de xuño
LINGUA

A Mesa denuncia incumprimentos da Xunta sobre a acreditación de galego no profesorado

A Xunta incumpre a súa propia normativa e non lle esixe ao profesorado que acredite coñecemento de galego. Así o denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística despois de recibir “varias queixas” a través do seu servizo Liña do Galego.
 

Casado e Feixoo
LINGUA

A Mesa lémbralle ao PP que a súa proposta lingüística limita o dereito a usar o galego

Lémbralle ao Partido Popular que a cidadanía galega ten dereito a ser atendida na súa lingua nas administracións públicas.

Concello_de_Lugo
Seis de marzo fronte ao Concello de Lugo

Queremos Galego convoca unha protesta contra a sentenza do Supremo

“Sentenza ideolóxica” e “prexuízos políticos”´definen, ao ver da plataforma Queremos Galego e da Mesa pola Normalización Lingüística, a sentenza coa que o Tribunal Supremo rexeitou o recurso do Concello de Lugo contra a sentenza do Superior que anulaba parcialmente a ordenanza de normalización da cidade. Por iso, Queremos Galego convoca unha concentración o vindeiro 6 de marzo, cuarta feira.
 

Concello_de_Lugo
A Mesa denuncia “prexuízos ideolóxicos” no Supremo

“Que xustiza hai nunha sentenza que mantén a exlusión histórica do galego?”

“A sentenza do Tribunal Superior agora ratificada polo Supremo ataca elementos da política de normalización da lingua completamente asumidos e apoiados maioritariamente polo pobo galego. Utiliza prexuízos ideolóxicos e políticos subministrados pola extrema dereita”. Con esta contundencia se expresa Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
 

a mesa app
LINGUA

Unha aplicación para poñer en valor establecementos e servizos que usan o galego

A App ‘Abertos ao galego’ está dispoñíbel de xeito gratuíto para terminais Android e IOS nas principais plataformas dixitais.

Caixeiro
LINGUA

Un estudo da Mesa conclúe que ningún banco garante o dereito a usar o galego

A MNL constata que "tan só 33,33% das entidades garante o uso do galego na web, unha porcentaxe menor que o de linguas non oficiais como o inglés, que está presente en 42% dos casos". 

Faixa da Mesa
LINGUA

A Mesa informa ao Comité de expertos do Consello de Europa da vulneración de dereitos lingüísticos

unnamed
Catálogo da Mesa

Máis de cen agasallos en galego

Desde camisolas a cadernos pasando por xornais, alimentos, xogos e decoración. A Mesa pola Normalización Lingüística edita un catálogo en que recolle máis de cen propostas de compras e agasallos en galego.

pAULO FIGUEIRAS A MESA BRUXELAS
LINGUA

A Mesa leva ao Europarlamento o incumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias

O secretario de Relacións Internacionais da entidade, Paulo Filgueiras, explicou como a ausencia de mecanismos que fagan cumprir ese acordo leva a que este sexa “papel mollado”.

xustiza, xuices, xuiza,
LINGUA

Un xulgado de Lugo négase a notificar unha sentenza en galego

A Mesa denuncia que o xulgado do penal número 2 desta cidade “incumpre a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias”.

galego
LINGUA

#QueroGalego: o HT para sacarlle as cores a Toni Cantó e os 12 deputados galegos que o apoiaron

Campaña nas redes sociais.

TABOLEIRO.
Ti non es de aquí?

Un xogo de mesa para aprender sobre o país

‘Ti non es de aquí?’ é, na actualidade, un dos escasos xogos de mesa en galego dispoñíbeis no mercado. Obra de OZOCOgz, procura un lecer que non estea rifado coa cultura e a aprendizaxe sobre a historia e a realidade de Galiza.