mocidade

foto Paulo R+¡os_arquivo
POLÍTICA

O BNG aposta por un Plan de Emprego Xuvenil

O partido nacionalista achegará ao próximo pleno do Parlamento un paquete de iniciativas destinadas a mellorar a situación laboral da mocidade.

De vez

Loitamos no presente para ter futuro

A pandemia mudou o traballo escolar e o acceso ás aulas. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press).
SOCIAL

Precariedade e abandono escolar: a pobreza lastra as oportunidades da rapazada

Seis de cada dez fogares con crianzas viron agravada a súa situación económica e social na Galiza a raíz da pandemia. Familias que xa arrastraban unha situación precaria empeoraron as súas condicións de pobreza e exclusión. Un risco que afecta directamente ás oportunidades de futuro da poboación máis nova.
Galzia Nova Isca
POLÍTICA

Integración de Isca! en Galiza Nova

A mocidade do BNG únese nunha soa fronte común.

Os incentivos ao atraso da xubilación limitan aínda máis as oportunidades da xente máis nova de acceder ao mercado laboral (Foto: Marta Fernández / Europa Press).
TRABALLO

A reforma das pensións golpea na mocidade

O ministro de Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, chegou a afirmar esta semana que o atraso na idade de xubilación favorecería a incorporación da xente nova ao mercado laboral, un argumento que, segundo diversos colectivos, é totalmente contrario á realidade que debuxa esta medida.
As persoas expertas consultadas por PWC consideran a xente nova as "grandes pagadoras" da actual crise económica e da de 2008 (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A mocidade galega pagará en maior medida as consecuencias da crise da Covid-19

Unha consulta realizada por PWC destaca o desemprego xuvenil e a falta de formación específica como principais ameazas no futuro para a xente nova.
mocidade (Arxina)
SOCIAL

266.000 mozas e mozos viven cos pais

As persoas de entre 24 e 35 anos destinan o 33% do salario ao pago do aluguer.
Mural alegórico sobre a alza do desemprego. (Foto: Dina)
star
ECONOMÍA

Un 34% dos menores de 25, no paro: unha nova xeración perdida xa está de camiño

Foi a gran perdedora da Longa Depresión iniciada en 2008 e a historia vai camiño de repetirse. Os diversos indicadores económicos coñecidos nos últimos tempos apuntan nesa dirección e permiten determinar o alcance da fenda aberta pola pandemia entre a mocidade. A poboación entre 24 e 39 anos é o grupo social que máis sofre a redución de ingresos, os recortes de horas traballadas e a caída da capacidade de compra, nunhas dimensións claramente superiores ás da crise anterior.
As persoas maiores sofren especialmente as consecuencias do illamento social (Foto: Arxina).
SOCIAL

As consecuencias psicolóxicas da pandemia "perdurarán no tempo"

A demanda de atención psicolóxica medra e evidénciase a escaseza de recursos no sistema sanitario público. 'Nós Diario' conversa coa psicóloga Socorro Rodríguez Holguín.
Un mozo navega pola Internet co seu ordenador (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
SOCIAL

Acompañar a cativada no uso das redes sociais, chave para evitar as malas prácticas

Expertas explican como navegar libres de ciberameazas no Día da Internet Segura. A prohibición, aseguran, non é a resposta.
A temporalidade e a falta de emprego lastran a emancipación da xuventude galega (Foto: Arxina)
POLÍTICA

A mocidade afronta a nova crise sen saír da anterior

O novo ano sume na incerteza a mocidade galega que, sen aínda deixar de padecer as consecuencias da anterior crise, ve enormes dificultades para desenvolver un proxecto de vida na Galiza poscovid. Nós Diario conversa sobre os retos que abre 2021 con portavocías de mocidade das formacións políticas con representación no Parlamento galego.
Estudante (Imaxe: Santi Alvite, USC).
TRABALLO

Xuventude en prácticas, a base precaria do sistema laboral

As bolsas de prácticas en formación son unha vía cada vez máis común de acceso ao mercado laboral para a mocidade. Implican unha ausencia de relación laboral e a incompatibilidade de percibir ingresos a maiores dos 500 ou 600 euros mensuais das axudas. Mozos e mozas entrevistados por este medio advirten das empresas que as empregan para cubrir postos estruturais. Tamén das dificultades para denuncialas ante o medo a engrosar as listas do paro.
Tenda de Zara (Nós Diario)
LINGUA

A mocidade, a favor de que o téxtil galego comunique na lingua propia

A Mesa pola Normalización Ligüística publica A lingua galega no sector téxtil. A súa autora, a publicista Anabel Antela Castro, baséase nas enquisas realizadas entre mocidade galegas para instar ás marcas de moda galegas a "se dean a coñecer ao seu público polas súas orixes; as cales se asociarían a todos os valores positivos que a xente recoñece como galegos".

mocidade (Arxina)
TRABALLO

Miles de mozos galegos engrosan as listas de parados de longa duración

Máis de 10.000 mozos e mozas levan máis dun ano na procura de emprego na Galiza.

 

As persoas novas, en especial as que traballan como asalariadas na hostalaría, son as que cobra os salarios máis baixos (Foto: Arxina).
TRABALLO

A poboación galega menor de 36 anos cobra menos agora que hai 12 anos

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou hoxe o estudo de salarios baseado nas fontes tributarias e correspondente a 2019, no que destaca a perda de ingresos entre a xente nova e a progresiva redución da fenda salarial entre homes e mulleres, aínda acusada.
A artista vende a través de Instagram as súas fotografías. (Foto: Cedida)
Antía Castro, @sonantia en redes, céntrase na fotografía das paisaxes galegas

Antía Castro: "O meu obxectivo é chegar á miña xeración, non quero que a fotografía quede lonxe da xente nova"

Antía Castro, fotógrafa galega, acaba de comezar a vender os seus traballos a través das redes sociais, principalmente Instagram, co obxectivo de chegar á mocidade Castro fai fotografías de todo tipo pero explica que as súas favoritas son as da paisaxe galega. A artista argumenta que na Galiza “temos moitos recunchos impresionantes dos que non nos decatamos” e engade que non é necesario viaxar lonxe para sacar boas fotos.
mocidade (Arxina)
ECONOMÍA

Os efectos da pandemia agudizan as eivas do mercado laboral xuvenil galego

Entre o terceiro trimestre de 2019 e o mesmo de 2020 Galiza perdeu 8.900 mozos e mozas en idade de traballar. A temporaliade e a precariedade empurran a xente nova a continuar a formarse ou a emigrar.
Mozas e mozos agardando para cruzar a estrada en Compostela. Arxina
O desemprego xa afecta na Galiza 36,63% da poboación menor de 25 anos

A crise vólvese cebar coa mocidade

Foron as e os grandes perdedores da Longa Depresión iniciada en 2008 e a historia vai camiño de repetirse. Se a década pasada foi a dunha xeración sen expectativas económicas nin persoais, o novo tempo que arranca coa crise do coronavirus apunta na mesma dirección. A mocidade está a ser a principal pagá.
SOCIAL

A valedora lamenta a "criminalización" da mocidade e pide que non volva ser "a damnificada" desta crise

Fernández  Galiño presentou a memoria da  Valeduría  do  Pobo do 2019.