mocidade

Edición pasada do Culturgal
CULTURA

PuntoGAL, Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e Festival de Cans optan ao Premio do Público Culturgal

Iniciativas novidosas, con alcance, transversais e con implicación social. Son as características que a Asociación Culturgal valorou á hora de seleccionar os tres proxectos que serán sometidos á votación popular. Un deles será o gañador da primeira edición do Premio do Público Culturgal que se entregará na feira das industrias culturais o día 1 de decembro. 

A fenda salarial segue a alargarse
ECONOMÍA

Mocidade: a fenda salarial entre mulleres e homes é de 1.700 euros

A poboación xuvenil gaña de media un salario que roza os 9.500 euros ao ano. A fenda entre o soldo dun varón e unha muller é de 1.700 euros.

IMG_20131014_124328
Galiza

Galiza Nova toma a sede da patronal contra "a escravitude" xuvenil

Integrantes de Galiza Nova fecháronse na sede da Confederación de Empregarios de Galiza (CEG) para denunciar a precariedade laboral entre a xente moza. "O PP escraviza a mocidade", denuncian.

Enchamos Compostela de mocidade e soberanía!

Ser moz@ nestes tempos non é tarefa fácil, e máis, cando nos atopamos ante un goberno do PP que nos nega e non aposta por nós, malia que apostar pola mocidade sexa apostar polo futuro dun país. Un goberno ademais, que nos destrúe como persoas e nos baleira por dentro, pretendendo facer de nós, seres individualistas e competitivos ao servizo dunha sociedade capitalista e centralista. Que non pon solución ao terríbel e progresivo aumento da emigración xuvenil, duro e triste dicilo, mais a vía de escape que nos proporcionan as políticas actuais do PP é coller a maleta, que o propio presidente da Xunta de Galiza xa nos agasalla, e marchar. Marchar si, marchar. Canta incompetencia! 

Galiza

A mocidade nacionalista saíu á rúa por un "futuro digno" nunha Galiza independente

Un milleiro de moz@s percorreron as rúas de Compostela ao berro de "independencia" para exixiren o seu dereito a decidir "unha Galiza feita por nós e para nós". Vídeo no interior

Mocidade Galega erguendo o seu futuro: Independencia!
Galiza

Mocidade Galega erguendo o seu futuro: Independencia!

Galiza Vídeos e Irmandade TV
POLÍTICA

Vence insta a mocidade a non renderse

O portavoz nacional do BNG chama @s moz@s galeg@s a pelexar "polo dereito a traballar na súa terra" e subliña a vixencia das figuras de Rosalía e Castelao nun acto de homenaxe organizado por Galiza Nova

Imaxe: Luís Pérez Barral
Galiza

24X: A mocidade pola independencia

Galiza Nova, Briga, AMI, Agir, Adiante, Comités, Liga e Isca! convocan unha mobilización conxunta o vindeiro 24 de xullo para exixir a soberanía nacional para Galiza. Anova-Mocidade descólgase da convocatoria após ter participado nas xuntanzas previas. Vídeo no interior (GZ Vídeos)

UMG
POLÍTICA

A UMG quere contribuír ao reforzamento de Galiza Nova como organización xuvenil referencial da mocidade galega

Este domingo decorrerá o XV Congreso da Unión da Mocidade Galega, a organización xuvenil da UPG. O lema escollido para a mesma é “Sumando enerxías cara a unha Galiza soberana”.

Imaxe do documental "A lus do mundo"
CULTURA

Díaz Castro, o poeta que apoia a mocidade

Que cada ano a Academia recibe propostas e mesmo presións para conseguir o Día das Letras galegas é ben sabido. Que, desta volta, lle chegue da mocidade o apoio para o poeta Xosé María Díaz Castro, é pola, contra, unha noticia inesperada que terán que valorar as persoas que teñen dereito a voto no pleno. No IES Poeta Díaz Castro están a facer todo o posíbel para que sexa o escollido, mesmo un documental. 

Desemprego xuvenial
ECONOMÍA

A emigración xuvenil maquilla o paro rexistrado en maio

O número de persoas que sairon das listaxes de desemprego en Maio duplica as altas na Seguridade social. A chave está na emigración. Académic@s e sindicatos coinciden en que a saída de moz@s na procura dun posto de traballo contribúe significativamente á queda dos rexistros do INEM

Celta xuvenil
DEPORTES

O Celta disputará a final da XIX Copa xuvenil de Campións após golear ao Villareal

Balaídos acolle este sábado a final do campionato de fútbol xuvenil máis importante do Estado. Os xuvenís do Celta enfrontaranse ao Sevilla FC

 

Ernai
Euskal Herria

A Audiencia Nacional española ordena o peche da web de Ernai

O xuíz remitiu un auto en que ordena o peche do portal web da organización xuvenil abertzale pola información publicada arredor do falecemento de Xabier López Peña, 'Thierry'. 

Consulta nunha oficina de emprego
ECONOMÍA

A temporalidade afecta o 46% da mocidade que traballa

Catro de cada 10 moz@s empregad@s perciben un salario inferior a mil euros. A xestión da crise deixa a mocidade mellor preparada nunha situación de emerxencia laboral. Cunha taxa de desemprego do 50%, o corenta por cento da mocidade galega con formación universitaria non ten traballo. En troca, aquelas que o teñen desenvólvenos en situacións precarias.

Manifestación Vigo
ECONOMÍA

CIG convoca concentracións en cidades galegas contra o decreto para a contratación da mocidade

As mobilizacións decorrerán o vindeiro 11 de abril para denunciar que o goberno español abre a porta a “contratación de menores de 30 anos, con salarios inferiores a 500€ e, en moitos casos, sen dereito á prestación por desemprego”

Agustín Fernández Paz
CULTURA

A literatura infantil e xuvenil móvese na rede

No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a editorial Kalandraka conmemora o seu 15 aniversario anunciando que pon a andar un novo sistema de venda online polo que os seus libros se poden mercar en calquera lugar do mundo. Botamos unha vista á rede para atopar a LIX galega en movemento. 

MNG no EGi Eguna
POLÍTICA

MNG reivindica no Día da mocidade do PNV un "nacionalismo con vontade de gobernar"

O EGI Eguna celebrouse en Lizarra e o representante das mocidades de CxG avogou por un "nacionalismo aberto"

POLÍTICA

A Xunta ofrecerá "programas de voluntariado" á mocidade desempregada

A conselleira de Traballo e Benestar debullou na súa intervención parlamentar os liñamentos da súa consellaría en materia de creación de emprego xuvenil. A oposición denuncia que fronte a máis do 50% de moz@s sen traballo Beatriz Mato "ofrécelles un programa de voluntariado para formarse en Europa" e contratos de formación. 

Ernai
INTERNACIONAL

Nace Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale

Esta fin de semana naceu Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale. Ernai xurde após cinco meses de debates en 180 vilas e bairros nos que tomaron parte máis de 2.500 moz@s

Delincuencia xuvenil

Síntomas preocupantes. Malia vivir nunha sociedade algo acomodada, o saqueo bautizado como crise comeza a traer de regreso cuestións que parecían case desaparecidas, por exemplo a da que se coñeceu como delincuencia xuvenil. Cuns índices de desemprego brutais, un futuro inexistente e o colchón familiar en extinción, as alarmas volven soar sobre ese enorme caudal humano que é a mocidade, agora convertida en condena.