morte

SOCIAL

Un xulgado investiga a morte en Lugo dun viveirense tras ser reducido por sete policías

Miguel, de 33 anos e de Celeiro, faleceu dúas horas despois de chegar ao Hospital, onde foi trasladado tras ser reducido e esposado polos axentes por “agredir” a un viandante.

1.833 mortes > 10.000 mortes

Por que unhas mortes son noticia e outras non? Cantas vidas europeas equivalen á vida dunha iraquí? E americanas? Cantas vidas americanas equivalen á vida dunha filipina? Para os medios de comunicación masiva, a aritmética é ben doada e sempre prevalecen as mortes dos países occidentais sobre as mortes dos países da periferia. 

Tocloban
Mundo

Témese que o tifón “Haiyan” teña provocado xa 10.000 mortes en Filipinas

A ONU está a solicitar axuda para millóns de persoas afectadas por un tifón que pode ter provocado xa dez mil mortes en Filipinas. 

Tumba Leiras Pulpeiro
LINGUA

En galego, deica a morte

Pode ser que o galego estea en perigo de morte, mais o que si é certo é que a morte non está en galego. Abonda só entrar en calquera cemiterio do país, no que non falta letra por toda parte, para comprobar que o galego está ausente da maior parte das homenaxes familiares das lápidas. Tampouco os enterros e as lembranzas en días como estes se celebran na nosa lingua. Malia iso,  o galego está na fala da maior parte dos cemiterios os días de Defuntos e Santos. 

Xosé Mª Lema
CULTURA

Xosé Mª Lema regresa a Ponteceso para presentar a novela da Costa da Morte

O escritor Xosé Mª Lema regresa máis unha vez á Costa da Morte para presentar a súa primeira novela, a obra na que recrea literariamente o seu territorio vital e de investigación.  O escritor presenta en Ponteceso Costa do Solpor (Xerais). 

Galiza

O CXPX estudará abrir dilixencias contra Taín polas súas declaracións sobre a morte de Asunta Basterra

A decisión será adoptada esta terza feira na Comisión disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial. Nunhas xornadas de formación da policía, o xuíz instrutor do caso fixo brincadeira do tratamento informativo que os medios de comunicación convencionais lle están a dar ao caso. 

SOCIAL

O xuíz que instrúe a morte de Asunta Basterra fai brincadeira co tratamento da imprensa

"A imprensa funciona así: sae un chío que di 'Os dados revelan que Asunta voaba' e faise unha información citanto fontes próximas á investigación". Foi o que dixo Vázquez Taín nunhas xornadas dirixidas, en exclusiva, a policías. O auditorio escachou a rir.

asunta_imprensa_portada
Galiza

O TSXG, obrigado a desmentir información da imprensa sobre a morte de Asunta Basterra

Practicamente todos os medios de comunicación publicaron esta cuarta feira a nova de que na camisola da nena se acharan "restos de seme" e que "non son de seu pai". Após un comunicado do Superior galego desmentindo tales afirmacións, La Voz de Galicia recoñeceu que as tirou "dun programa de televisión" e que as difundiu sen confirmar.

Claude Simon
CULTURA

No centenario dun Nobel do “nouveau roman”

Cúmprense cen anos do nacemento en Madagascar do escritor francés Claude Simon, Premio Nobel da Literatura en 1985 e un dos nomes de referencia do coñecido como nouveau roman francés. 

Rei Ballesteros
CULTURA

O estudio de Rei Ballesteros agochaba un ensaio que ve a luz cinco anos após súa morte

A editorial Axouxere vén de publicar Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) un ensaio inédito que o escritor Anxo Rei Ballesteros gardaba no seu estudio e que sae á luz cando se cumpren cinco anos do seu pasamento. 

SOCIAL

O tratamento informativo da morte de Asunta Basterra chega ao Parlamento galego

Unha proposición non de lei que defenderá o grupo parlamentar do Bloque insta a analizar o papel que os medios de comunicación están a xogar á hora de achegar dados sobre este homicidio cuxa vítima é unha menor de 12 anos. A formación nacionalista quere instar á Xunta a analizar de maneira pormenorizada este caso na imprensa e facer cumprir os códigos deontolóxicos.

SOCIAL

Quere deixar de dar aulas en Xornalismo en protesto polo tratamento mediático á morte de Asunta Basterra

Aliás, o Colexio profesional de xornalistas de Galiza reclama unha lei que poña fin á "barra libre" con que se está a informar deste caso.

ECONOMÍA

Os ángulos mortos de Inditex

Xornadas maratonianas, precariedade, salarios decrecentes e estrés, marcan as condicións laborais dos traballadores das empresas que contrata a multinacional de Amancio Ortega na montaxe das tendas de Zara no exterior.

O peche do convento de Herbón, ou a morte dos ideais ecolóxicos e sociais franciscanos

A pesar do papa jesuita-franciscano Francisco e a súa presunta revolución da Igrexa a prol dos ideais evanxélicos, e mesmo despois de ter elixido para un alto cargo no Vaticano a un antigo superior xeral da querida orden franciscana –para máis, galego-, a comezos de mes soubemos que pechaba o convento de Herbón, despois de seis séculos activo

Siria no corredor da morte

A finais da semana pasada asistimos á hipócrita e cruel condena a morte dun país enteiro por parte do presidente dos EEUU Barack Obama

CULTURA

Lois Patiño gaña o Premio Locarno con 'Costa da Morte'

O director vigués foi galardoado como o mellor director emerxente na 66ª edición do Festival de Film de Locarno

González Capón, alcalde de Baralla
POLÍTICA

Alcalde de Baralla: “Os que foron condenados a morte (no franquismo) será porque o merecían”

O popular Manuel González Capón deitou esta afirmación no último pleno municipal, cando exixía á oposición que condenase o “terrorismo de Resistencia Galega”

Beiras e Yolanda Díaz
POLÍTICA

Beiras, aos gobernos galego e español: "Os mortos son seus"

O voceiro nacional de AGE criticou a falta de medidas de seguridade e "as mentiras" de responsábeis políticos que rodean o sinistro ferroviario de Angrois

Morsi, exipto
INTERNACIONAL

Novos confrontos no Egito terminam com dezenas de mortos

Pelo menos 80 pessoas morreram e centos ficaram feridas em confrontos ocorridos nas últimas horas no Cairo envolvendo polícia e opositores partidários do presidente deposto Mohamed Mursi, informou o Ministério da Saúde do Egito. Lideranças entre os manifestantes afirmam que o número de mortos passa de 200 e os feridos chega a quatro mil.

Todo é política, a morte também

Dizem que nom é política, que se trata de acidentes, assassinatos, enfermidades mentais... Mas eu, sanitária, nom podo luitar contra o devir biológico sem política.