mundo

'Amour' de Michael Haneke
Mundo

Palma de Ouro de Cannes para 'Amour'

A película do austríaco Michael Haneke, obtivo a Palma de Ouro da 65 edición do Festival e a mellor dirección foi para o mexicano Carlos Reygadas pola súa 'Post tenebras lux'.
Fame en paises máis pobres
Mundo

Alemaña politiza as axudas ao desenvolvemento

O parlamento aproba, coa maioría do Partido Demócrata Liberal, xestionar doutra forma o orzamento de 95 millóns de euros que destinaba a axudas aos países máis pobres.
Central de enerxía nuclear
SOCIAL

Cientistas alemáns prevén un accidente nuclear grave no mundo a cada 10 ou 20 anos

Os cálculos de Instituto Max Plank de Química (MPIC) sinalan que actualmente as probabilidades de acontecer un Chernobil ou un Fukushima son 200 veces superiores ás que se calculaban na década de 90
Ao vivo

Por que todo o mundo fala de Jane Joyd?

Catro cancións, catro fábulas con animais distintos como protagonistas rulan pola rede a velocidade de vertixe. Compárana con Russian Red, Patty Smith, John Cale ou Janis Joplin. Chámase Elba Fernández e é da Coruña, con orixe familiar en Fisterra. É coñecida como Jane Joyd.

Rodrigo Rato
Mundo

O 15-M investigará a Rodrigo Rato

O movemento cidadán tentará levar o ex ministro de Economía, ex vicepresidente do Goberno, ex director do Fondo Monetario Internacional e ex presidente de Caixa Madrid a Bankia perante a xustiza.
Reunión G-8
Mundo

Obama presiona Europa polas medidas de austeridade

A cúpula dos G-8 teme o contaxio da crise da zona euro. A idea dos países máis poderosos do mundo é a contraria da aplicada en Europa: queren máis inversión e creación de emprego.
Mundo

El-Rei 'pasa' de responder as preguntas sobre a cacería en Botsuana

A Casa Real española envía unha carta a Izquierda Unida explicando que Juan Carlos I ''dase por inteirado'' das cuestións trasladadas sobre o seu safari de luxo no país africano, e máis nada. Tamén o Goberno español rexeitou esclarecer esa viaxe no Congreso, censurando preguntas de varias forzas políticas, o BNG entre elas
Xeopolítica

Cinco 'pequenos' cuestionan na ONU o poder de veto dos cinco 'grandes'

Cinco dos Estados máis pequenos presentes na ONU exixen de China, Rusia, Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos que se absteñan de usar o seu poder para frear medidas contra os xenocidios, os crimes de guerra e os crimes contra a humanidade
Mundo

O Parlamento Europeu edita un video contra a homofobia

No día internacional contra a homofobia e a transfobia o Parlamento Europeo editou un video coa mensaxe de que aínda queda moito por mellorar.

José Mujica, presidente de Uruguai
Mundo

América Latina é o continente do futuro, segundo o presidente uruguaio

ELECCIÓNS

Grecia: o partido nazi advirte ao colectivo homosexual: ''despois d@s migrantes seredes @s seguintes''

Os 21 escanos que a organización xenófoba Amencer Dourado obtivo nos comicios parlamentares deixan claro que o discurso de racismo e homofobia do seu líder, Nikos Mijaloliakos, atopou na crise o caldo de cultivo perfecto
[NEO] COLONIZACIÓN

Os pobos indíxenas erguen a voz na ONU a prol da autodeterminación

Rexeitan as teorías sobre o descubrimento paridas no norte e o concepto capitalista da 'economía verde'. Na mesma liña , a Vía Campesiña chama á loita conxunta en todo o Planeta para que o eco chegue ao Brasil. Do 20 ao 22 de xuño decorrerá alí a Conferencia polo Desenvolvemento Sustentábel Río+20, das Nacións Unidas, ''onde só terán cabida os intereses das grandes corporacións''. A día de hoxe, 8 empresas controlan o 80% da inversión estranxeira directa
MADRID

Censuran as preguntas de Jorquera sobre o periplo de El-Rei a Botswana

A Mesa do Congreso non admite as preguntas do voceiro do BNG para esclareceren de onde saíron os cartos para financiar a cazaría
XUSTIZA

Arxentina multa a Telefónica con 32 millóns de euros

Movistar, a filial da multinacional española, deixou sen servizo 16 millóns de persoas en abril e non reparou os danos. O Goberno impón agora unha sanción e ínstaa a devolver a cada persoa afectada unha cantidade que ronda os 2€ na vindeira factura
ELECCIÓNS

Todo apunta a unha segunda volta en Serbia entre Tadic e Nikolic

O reformista proeuropeo e o conservador competirán pola presidencia do país dentro de dúas semanas
Hollande
Mundo

Vantaxe para Hollande nas últimas sondaxes

As últimas sondaxes publicadas antes do encerramento da campaña para as eleccións presidenciais francesas outorgan unha vantaxe de catro puntos a François Hollande, do Partido Socialista (PS).
Mundo

Rajoy aproba destinar máis de 35 millóns de euros a publicidade institucional

O Goberno español levará adiante 61 campañas informativas sobre as actuacións dos seus ministerios.
Comisión Europea
Mundo

A Europa oficial quere desacreditar as nacionalizacións na América do Sul

As críticas e o rexeitamento ás soberanas decisións de Arxentina e Bolivia de nacionalizar filiais de compañías españolas medra en sectores económicos e políticos de Europa.
Marine Le Pen
Mundo

Extrema-direita cresce em quase toda a Europa

O último filho nasceu na Grécia. A extrema direita, abraçada na crise que flagela este país há três anos, volta ao primeiro plano 38 anos depois da queda da ditadura dos coronéis (1967-1974).
Sede do Banco Mundial
Mundo

O Banco Mundial recoñece a necesidade de crecemento para saír da crise

Para este organismo internacional se non hai investimentos vai ser imposíbel saír da difícil situación económica en que nos atopamos.