música

SES
CULTURA

Ses e Quinta do Bill gañan o certame Ari[t]mar de música galega e portuguesa


Son os artistas gañadores deste certame que vai pola súa segunda edición, que tamén ten unha sección de poesía. 

TAB
CULTURA

Triángulo de Amor Bizarro, quen máis nominacións colleita aos premios MIN

Triángulo de Amor Bizarro e Novedades Carminha acaparan as principais categorías dos premios da  Música Independente. Pero tamén Malandrómeda opta ao mellor disco de hiphop e Abe Rábade ao de jazz. 

narf-begonha
CULTURA

Un premio que promove a igualdade chamado Begoña Caamaño

A Deputación da Coruña vén de crear un novo premio, chamado Begoña Caamaño, para promover a igualdade de xénero. Tamén lle dará o nome de Fran Pérez 'Narf' ao certame de grupos e artistas musicais que xa vai pola novena edición. 

martincodax
CULTURA

Máis de 400 proxectos participan na cuarta edición dos Martín Códax da Música

Case 450 inscritos na cuarta edición dos Premios Martín Códax da Música. A directiva de Músicos ao Vivo destaca o apoio dos músicos galegos para visibilizar, como cada ano, a gran cantidade, calidade e diversidade dos proxectos musicais do noso país.

eugeniaosterberger
ROSARIO MARTÍNEZ, BIÓGRAFA DA COMPOSITORA

"Eugenia Osterberger ten moita importancia para a historia da música galega"

Ouvirmos vén de publicar unha nova alfaia para o noso patrimonio musical: un libro-CD que pretende rescatar a figura e a música de Eugenia Osterberger, unha compositora galega da Belle Époque. Falamos coa súa descubridora, a investigadora Rosario Martínez

C6EEwQxWYAY919e
Un domingo con sabor a queixo

A música, protagonista no feche da Festa do Queixo

A 42ª edición da Festa do Queixo de Arzúa continua este domingo con máis actividades, entre elas o festival “Pequequeixo”, dirixida ás crianzas, e as actuacións de Mercedes Peón e Milladoiro.

ataqueescampe
ATAQUE ESCAMPE PUBLICA NOVO DISCO

"Só queremos suscitar temas, non temos ningunha mensaxe que transmitir"

Ataque Escampe presenta esta sexta feira o seu sexto disco, 'Primeiros bicos', na cidade que os viu medrar desde que se autodefinían como "rock de serie B". Agora, máis maduros, máis sabios e con menos melancolía ás costas, regresan aos escenarios con novos vocalistas, máis optimismo e con ritmos máis bailables. Falamos con Samuel Solleiro. 

presentacion__
CULTURA

Os Martín Códax da Música incorporan un xurado con profesionais do sector

Estes premios da música galega veñen de presentar a súa cuarta edición, que chega con varias novidades. O prazo para inscribir os proxectos pecha o vindeiro 5 de marzo. 

ataqueescampe
CULTURA

Ataque Escampe e Emilio José presentan cadanseu disco xuntos

Dúas das referencias ‘indies’ do país presentarán o 24 de febreiro os seus respectivos novos discos, contraprogramando así o entroido e o Día de Rosalía. Son Ataque Escampe e Emilio José. 

peq-belemtajes
CULTURA

Belém Tajes, nova voz de Luar na Lubre

Luar na Lubre volve cambiar de vocalista. A nova voz será a coruñesa Belém Tajes, que ten participado en proxectos como VooDoo e Sisters in the House. Xa se estreou cun par de temas no concerto do sábado en Compostela e agora participará na xira de 30 aniversario que os levará por toda a Península e México.

aid
AID, RAPEIRA 

"A mentalidade en EEUU é moito máis aberta, tanto para a música como para o traballo"

Falamos a través de Skype con Aid (Vigo, 1990), a rapeira que o petou a comezos dos anos dez e logo desapareceu da escena para reaparecer en Los Angeles, desde onde segue a facer música. Iso si, deixando lugar para a súa outra paixón, a enxeñaría. 

chane
CULTURA

Cen anos do pasamento de 'Chané', un dos músicos máis importantes da nosa historia

Un 18 de xaneiro nacía hai 161 anos un dos nomes máis importantes da música galega, José Castro González, máis coñecido como 'Chané'. E a semana vindeira cúmprense 100 anos do seu pasamento na Habana. O Ateneo de Santiago lembra a súa figura cun concerto. 

ialma16_maasmechelen_32_lieve
CULTURA

Xa está na rúa o quinto disco de Ialma, ‘Camiño’

O grupo de pandereteiras galego-belgas están en plena xira de presentación do seu novo disco, e poderemos escoitalas en Galiza a partir de febreiro

R&Ka-2
CULTURA

Ruxe-Ruxe presenta en directo o seu último disco, '20 segundos'

Ruxe Ruxe presenta este sábado na sala Capitol de Santiago “20 Segundos” no ano do seu vixésimo aniversario. Vinte anos nos que non pararon de tocar ao vivo nin de crear.

_DSC0253
TALABARTE PRESENTA O SEU 2º DISCO, 'FAKE'

“Somos un grupo desde Galiza para o exterior”

Talabarte, o trío formado por Quim Farinha, violín; Pedro Pascual, acordeón diatónico, e Kin García, contrabaixo, acaba de publicar o seu segundo traballo, 'Fake', que vén en formato libro-disco con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide. 

familiacaamagno
CULTURA

Familia Caamagno remata terceiro na final do Suns Europe

A banda de Sigüeiro que representaba a Galiza na final do Suns Europe, o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias, rematou terceira nunha apretadísima final do concurso da canción que se celebrou onte en Udine (Friuli, Italia).

eladio
'CANTARES' ESTRÉASE NO CULTURGAL

Eladio leva os clásicos galegos ao seu terreo, ao pop

Unha das sorpresas do Culturgal virá nas alforxas de Eladio y los Seres Queridos, que nos presentan 'Cantares', un disco no que versionan temas populares galegos tanto tradicionais como de autores como Batallán, Andrés do Barro, Fuxan os Ventos ou Miro Casabella. 

_DSC0294
XIAO BERLAI PRESENTA O SEU 1º DISCO, 'DESCONHECIDO'

“É a historia do meu tío, mais repítese moitas veces no rural galego”

‘Desconhecido’ é o primeiro libro-disco de Berlai, o proxecto musical impulsado por  Xiao Berlai, ex membro de Fía na Roca, que se bota a cantar por primeira vez. Un produto que se constrúe nun formato moi coidado e que enfía o texto e o son cunha banda deseñada a cargo de Ernesto G. Torterolo, que alimenta o disco e que recrea unha historia real, emotiva e vencellada ao rural galego. Preséntase en directo o día 30 de novembro na compostelá sala Riquela.
 
 

luarnalubre
CULTURA

Luar na Lubre publicará un disco con “tesouros” de toda a súa traxectoria

Trinta anos despois de botar a andar Luar na Lubre anuncia que sacará á rúa o 9 de decembro un dobre recompilatorio con “tesouros” de toda a súa traxectoria, con sorpresas e novidades. 

Crítica de rock e outras lerias

Metallica: hardwire...to self-destruct