opinión

POLÍTICA

PP e PSOE pactan reducir as intervencións de BNG e AGE no Parlamento

Ambas as dúas formacións políticas estudan recorrer perante o Tribunal Constitucional por vulnerar os dereitos d@s representantes. 

vázquez e rivera
MUNICIPAIS 2015

Francisco Vázquez continúa a traballar para que Cidadáns se faga cunha praza en María Pita

Novo torpedo do ex alcalde Francisco Vázquez ao PSOE coruñés. Nunha das súas habituais visitas ao plató de VTelevisión, o tamén ex embaixador do Vaticano confesou que as súas simpatías están con Cidadáns e mostrou desdén á candidata Mar Barcón.

8532320500_f4ce48f08a_z
DESTRUíRONSE 13.153 POSTOS DE TRABALLO

Máis paro e menos filiacións á Seguridade Social en xaneiro

O número de persoas desempregadas aumentou en 7.784 no primeiro mes do ano ao tempo que se destruíron 13.153 postos de traballo. 

Sergas
DENUNCIA DA REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES DA SANIDADE VIGUESA

O “ERE encuberto” da Xunta que ameaza 300 empregos na Sanidade viguesa

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo anunciou neste inicio de semana que regresará á rúa para denunciar o avanzo do proceso de privatización da sanidade pública.

XANECO TUBIO 340
XANECO TUBÍO, SECRETARIO DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

"A música tradicional galega é unha referencia en Europa"

Quen non berrou aquilo de "quero ser gaiteiro"? Galiza ri e chora ao son da gaita, dicía Manuel María. De  música tradicional fálanos Xaneco Tubío, coordenador do A Fondo, que conxuntamente co Sermos Galiza estará nos quiosques esta quinta feira.

crespo
OPERACIÓN ZETA

Crespo négase a declarar e pon Feijóo no albo

A Operación Zeta continúa moi viva a escasos 4 meses das eleccións municipais. Esta segunda feira, o principal imputado da trama negouse a declarar, co cal a historia se prolonga no tempo, para desacougo de Monte Pío.

cabode cruz traiñeira
DEPORTES

Traiñeiras: Cabo peta na regala

A embarcación impúxose na XIII edición da regata contra-reloxo de Cabo de Cruz, con 30 segundos de diferencia sobre os segundos, Meira. Mugardos, terceiros.

Alberte Momán
CULTURA

Unha edición de só cincuenta exemplares de balde para quen merque un libro

A edición non se vende e ten só cincuenta libros. Para quen serán ese medio cento de exemplares de As mil horas de Alberte Momán? Para quen merque un libro na tenda do Figurante. 

Hassanna Aalia
SOCIAL

Hassanna Aalia visitará Galiza

O activista sahariano condenado a cadea perpetua por un tribunal militar marroquí participará nun coloquio en Compostela.

Paco Leiro en New York
CULTURA

“Sísifo Confuso”, a cámara tras o Leiro máis real e heroico

Acaban de chegar de Nova York de captar a Francisco Leiro nunha das cidades da súa vida. Tras os pasos dos “traballos e os días” do artista foi o equipo de “Sísifo Confuso”, un documental dirixido por Aser Álvarez que nos achegará ao proceso creativo do noso artista máis internacional. 

 

15301594584_18511ff70a_z
ELECCIóNS MUNICIPAIS

O PP presenta as persoas que encabezarán as súas candidaturas nas cidades

Compostela, Vigo, Pontevedra e Ourense experimentan cambios a respeito das eleccións de 2011.

MEMORIA E HISTORIA

A exposición 'A Nación galega en pé' chega a Lugo

A mostra percorrerá o país após ser visitada por volta dunhas 5 mil persoas en Compostela.

syriza-crop
SOCIAL

A exclusión das mulleres do goberno grego continúa a alimentar a polémica

Organizacións feministas e defensoras do executivo de Syriza publican senllas cartas abertas. 

Galiza.elsa
CULTURA

Nomearse Galiza, nomearse España

A diferenza dos apelidos, que non son elixíbeis, o nome si é:  alguén escolle o noso nome e con el estaremos identificados toda a vida, e máis alá dela.  Hai persoas que se chamen Galiza?

POLÍTICA

Feijóo foxe a Bruxelas o mesmo día en que comezan as declaración da 'Zeta'

O presidente da Xunta sae de viaxe na mesma data en que o principal acusado dunha trama que afecta á súa contorna -o empresario Gerardo Crespo- declara por primeira vez nos xulgados, disposto a “contar todo”.

Ramones
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo escoitar...The Ramones: Ramones (1976)

Banda emblemática. Estética emblemática. O noso crítico de rock debulla un disco imprescindíbel para a evolución do punk e do rock a partir dos anos 70 da pasada centuria.

selección de fútbol gaélico
DEPORTES

Galiza cambia de seleccionador de fútbol gaélico a poucas semanas de xogar o Mundial

Carlos Seco abandonou o cargo no combinado masculino, que asume agora a tripleta formada por Alexandre Sanmartín, Jerry Holmes e Martín Fernández. Esta semana está previsto que se coñeza a lista de xogadores dun equipo que segue a buscar financiamento.

Euskal Herria

O PNV amósase en contra da 'Vía vasca' pola soberanía que promove EH Bildu

O lehendakari Urkullu considera que a proposta presentada pola esquerda abertzale “deosta a democracia representantiva mediante plataformas cuxo destino non se aclara”.  

antón 340
ANTÓN GÓMEZ, MEMBRO DE ENCRUCILLADA

"Paco Carballo non morreu. É un símbolo para moitos de nós"

Para Antón Gómez, Paco Carballo foi amigo e mestre. No A Fondo desta semana, lembra ao teólogo nacionalista que foi para el estrela guía.

X.C. Domínguez Alberte (Foto: Baldo Ramos)
XOáN CARLOS DOMíNGUEZ ALBERTE, ESCRITOR

"A poesía ten que proclamar alto e claro que nos están aniquilando"

Rostros con enrugas (Corsárias Creación) é o novo libro de poesía de Xoán Carlos Domínguez Alberte. Colaborador de Sermos Galiza, o poemario é unha crónica do noso tempo, coa voz de quen non a ten, os rastros de quen carece de nome, como as vítimas de Angrois, a quen dedica unha parte do libro.