Parques eólicos

WhatsApp Image 2019-06-19 at 20.07.03
As entidades levan meses reclamando a paralización do proxecto

Adega e SGO recorrerán a aprobación do parque eólico da Serra do Oribio

Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía veñen de anunciar que presentarán un recurso contra a resolución da aprobación definitiva do parque eólico Serra do Oribio. Fano un día despois de que saíse publicada no DOG a resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o acordo do último Consello da Xunta do mes de xuño polo que se aprobaba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque.

 

andaina eólicos foto @AntonSanchezG
SOCIAL

Andaina veciñal contra o “megaparque” eólico en Bergantiños e Xallas

Máis dun cento de persoas percorren os 10 km entre Vilela de Entrecruces (Carballo) e a Fervanza de Castriz (Santa Comba) para defender o medio rural fronte a un proxecto “depredador”.

D9cbGAuW4AAoQaD
SOCIAL

Denunciadas en Fiscalía as obras do parque eólico na Serra do Oribio

As obras foron paralizadas preventivamente pola Xunta após as protestas veciñais e de colectivos ambientalistas.  A Serra  do  Oribio está catalogada como Zona Especial de Conservación ( ZEC Ancares-Courel), dentro da Rede Natura 2000 da Galiza.

penedo
Denuncia Salvemos Cabana

Un parque eólico fai desaparecer “un dos penedos máis singulares da Costa da Morte”

A instalación dun parque eólico na Serra do Gontón, entre Cabana de Bergantiños e Zas, fixo desaparecer o Penedo do Castelo, unha formación granítica próxima a unha área arqueolóxica catalogada. Denúnciao a plataforma Salvemos Cabana.

Luz eléctrica
SOCIAL

Oposición a unha “megainfrestrutura” de 40 Km de liña de alta tensión entre Bergantiños e Ordes

A Rede de Plataformas Medioambientais di que é un proxecto “sobredimensionado” e “contrario ás directrices de ordenación do territorio”.

Vista actual da zona dende o Penedo das Tres Marías (Monte Gontón) Salvemos Cabana
SOCIAL

O parque eólico de Naturgy “reduce a entullos” parte da Serra do Gontón

Unha subcontrata detonou con explosivos unha parte do monte costeiro e cortou centos de árbores nun piñeiral de gran valor ecolóxico, denuncian desde Salvemos Cabana.

Alto de Vilares_Ribeira de Piquín_Eólico
Ameaza de tres novos proxectos

A veciñanza de Ordes busca o apoio dos alcaldes contra os parques eólicos

Despois da publicación da proposta de instalación de tres novos parques con aeroxeradores no Rexistro Eólico de Galiza, a Coordinadora Contra a Implantación de Eólicos busca o apoio dos alcaldes da comarca de Ordes.

Parque eólico. Foto: EGA
SOCIAL

Tres novos parque eólicos ameazan a comarca de Ordes

 

A comarca de Ordes, declarada ata o momento libre de eólicos, podería ver afectada a súa condición tras a proposta de creación de tres novos parques inscritos no Rexistro Eólico de Galiza.

 

fora Centaurea ultreiae silva pando imaxe flora de galicia
SOCIAL

Tres parques eólicos ameazan flora endémica galega única no mundo

Greenalia presentou 3 proxectos de parques eólicos  nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Adega alerta do seu impacto.

fora Centaurea ultreiae silva pando imaxe flora de galicia
SOCIAL

Tres parques eólicos ameazan flora endémica galega única no mundo

Greenalia presentou 3 proxectos de parques eólicos  nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Adega alerta do seu impacto.

Parque eólico (arquivo).
SOCIAL

Ordes levántase fronte aos plans eólicos

A exposición pública do proxecto para instalar o parque eólico Ardemil, entre Ordes e Mesía, espertou as primeiras sospeitas veciñais o pasado marzo. As semanas seguintes ampliaron o foco de impacto e con el a contestación social, tras coñecerse novas instalacións de aeroxeradores na zona: A Pobra, Gasalla, Lavandeira e Monte Inxerio. Trátase dun único parque que se estendería entre a parroquia de Lesta, en Ordes, e o concello Vilasantar, con milleiros de hectáreas agrogandeiras e decenas de núcleos de poboación afectados. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 298.

SOCIAL

A plataforma anti-eólicos de Ordes intensifica a loita

A Plataforma contra a implantación de parques eólicos na Comarca de Ordes vén de presentar perante a Xunta os primeiros escritos contra os parques eólicos Gasalla e Monte Inxerio cando é inminente a aprobación da declaración interese especial das citadas instalacións.

[Imaxe: cedida] O grupo Alfanar nunha feira
A Xunta tramita pola vía urxente

Sauditas e madrileños, na pugna por construír 34 novos parques eólicos

Grandes investidores árabes, madrileños, norteamericanos e cataláns compiten con dúas PEME galegas –Greenalia e Adelanta– por construír 34 novos parques eólicos no país. Recortando prazos á metade grazas a un novo polémico marco legal, 285 muíños e 855 megawatios eólicos poden entrar en funcionamento antes da fin de 2019, segundo dados oficiais da Xunta aos que tivo acceso en primicia o semanario Sermos Galiza. ​Eis un extracto do publicado no papel.

Antón Sánchez e Francisco Casal, esta mañá en Cabana
SOCIAL

En Marea denuncia que a Xunta prima os intereses das eléctricas nos proxectos eólicos en Cabana

O viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal realizaron unha visita xunto con representantes de Salvemos Cabana esta mañá aos terreos onde esta prevista a instalación do parque eólico de Mouriños en Cabana de Bergantiños.

Parque eólico do Sil, en Nogueira de Ramuín. (Foto: Iberdrola)
A Xunta non protexe estes espazos dos eólicos

Trece novos parques eólicos ameazan a Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio

Aos catro parques eólicos xa operativos no territorio que abrangue o espazo protexido da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio poderían sumarse outros trece, xa que a lexislación galega non impide a día de hoxe o inzamento destas instalacións nas reservas da biosfera.