pobreza

Poucas luces

Homenaxe ás persoas sen teito finadas en Vigo —catro no que vai de ano— no cemiterio de Pereiró, o pasado 1 de novembro (Foto: Os Ninguéns).
Día europeo das persoas sen teito

Máis de mil galegos e galegas sofren o senfogarismo, que vai "máis aló" de durmir na rúa

Na Galiza calcúlase que perto de 1.900 persoas están en situación de senfogarismo, unha crúa realidade que afecta non só as persoas que carecen dun teito baixo o que durmir, senón tamén aquelas que malviven en vivendas indignas. As mulleres son, segundo sinalan os profesionais do terceiro sector a 'Nós Diario', as "máis vulnerábeis".
A desvalorización interna bate sobre as persoas pensionistas. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

Unha caída media de 8,6%: A reforma das pensións empobrecerá as persoas xubiladas

A proposta de reforma do réxime das pensións manda na actualidade social e política. Ao tempo que o Lexislativo español debate unha modificación no sistema formulada polo Executivo, vense de facer público o acordo asinado polo Goberno do Estado e a Comisión Europea polo que se amplía o período de cómputo do cálculo das pensións de 25 a 35 anos. As primeiras valoracións do impacto desta medida, como a efectuada polo Grupo de Investigación das Pensións e Protección Social, apuntan a unha caída do poder adquisitivo medio das persoas pensionistas próxima a 10%.
Campo de refuxiados na República Centroafricana. (Foto: Aurélie Godet / Oxfam)
INTERNACIONAL

O 1% máis rico fai imposíbel cumprir o obxectivo da COP26

O 90% máis pobre non inflúe á hora de cumprir os obxectivos de quecemento do planeta, recolle un informe publicado esta sexta feira. Porén, só a previsión de emisións do 10% máis rico en 2030 descarta que se poida limitar o aumento de temperatura a 1,5ºC a final de século.
Galiza lidera os niveis de aforro no Estado español. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Os aforradores galegos perderon 3.648 millóns durante 2021 pola inflación

Só 17% dos convenios asinados conteñen cláusula de garantía salarial

Que caro vivir!

A pobreza cébase cos pensionistas. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

404.054 persoas pensionistas son pobres na Galiza

A pobreza non deixa de medrar na Galiza. Os últimos datos achegados pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social na Galiza (EAPN-Galiza) apuntan a un importante incremento nos últimos exercicios. Os pensionistas son un dos colectivos máis golpeados por esta situación.
15% das galegas e galegos non pode permitirse unha comida de carne ou peixe cada dous días (Foto: Marta Fernández / Europa Press).
SOCIAL

A taxa de pobreza dispárase no último ano na Galiza e supera a media estatal

Segundo o último informe de EAPN-Galiza, unha de cada dez persoas está nunha situación de pobreza severa na Galiza. As carencias económicas, provocadas pola "falta de vivendas dignas e accesíbeis", agrávanse entre as mulleres e as persoas maiores. Ademais, 53% das pensións están por baixo do limiar de pobreza.
As galegas e galegos destinan, de media, 30% do seu salario á vivenda (Foto: Arxina).
SOCIAL

Acceso á vivenda: "Todas pagamos algunha vez a metade do que gañamos por un cuarto onde vivir"

Na Galiza viven 253.000 persoas en pobreza severa e 700.000 en pobreza relativa. Son as principais afectadas  polas dificultades de acceso a unha vivenda digna, pero non as únicas. Traballadoras precarias mais tamén con soldos de até 1.400 euros denuncian o esforzo e as renuncias ás que fan fronte para estar ao día nos pagos.

As armadillas da economía, ou o balanzo dos taberneiros

Normalidade

Santiago Lago e Fernando González Laxe durante a presentación do informe do Foro Económico (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A economía galega medra a costa de contratos precarios

O Foro Económico da Galiza constata un forte crecemento da economía galega no segundo trimeste, mais tamén un incremento da temporalidade na contratación.
Arredor de 4.000 galegos viven na rúa. (Foto: Europa Press) #pobreza #rúa #galegos
star
SOCIAL

253.000 galegos viven na pobreza severa

A fenda social non deixa de medrar na Galiza. Os últimos dados achegados pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado español (EAPN-ES) veñen de dar a voz de alarma sobre o incremento da pobreza severa no país, até o punto de ser Galiza un dos territorios do Estado español onde máis aumenta no último ano. Na mesma liña, certifica que o 22,10% dos pensionistas galegos atópanse baixo o limiar da pobreza extrema, a porcentaxe máis elevada do conxunto estatal. As cifras para a mocidade non son mellores. 
Os recortes salariais deixáronse notar de modo moi especial no sector servizos.
SOCIAL

Os salarios caeron no ano 2020 na Galiza o duplo que na Unión Europa

A fenda salarial da Galiza co Estado e a UE continuou a aumentar
INTERNACIONAL

As vacacións na UE, de dereito a luxo

Máis dunha cuarta parte dos 450 millóns de cidadáns da UE nunca marcha de vacacións por razóns económicas. Entre estes hai pensionistas e desempregados; e tamén 35 millóns de traballadores cun salario tan baixo que o fai inviábel. Tan baixo que os sitúa en situación de risco de pobreza en 16 dos 27 Estados membros.

Pobreza severa

Refuxiado en Moria, en Grecia, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A "preocupante cifra" de 55 millóns de desprazados internos no mundo

En 2020 marcouse un novo récord de persoas desprazadas de maneira forzosa dentro do seu Estado, co que chegan a 55 millóns as persoas que viven permanentemente nesta situación.
Voluntarios no banco de alimentos de Vigo durante a pandemia (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Denuncian que a renda mínima "non palia a pobreza relativa"

Colectivos sociais lamentan tamén a "excesiva burocracia" para tramitar o Ingreso Mínimo Vital. Desde o Goberno estatal afirman que "hai que revisar a documentación con coidado para asegurar que chega realmente a quen o precisa".

Cimeira social

A pandemia mudou o traballo escolar e o acceso ás aulas. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press).
SOCIAL

Precariedade e abandono escolar: a pobreza lastra as oportunidades da rapazada

Seis de cada dez fogares con crianzas viron agravada a súa situación económica e social na Galiza a raíz da pandemia. Familias que xa arrastraban unha situación precaria empeoraron as súas condicións de pobreza e exclusión. Un risco que afecta directamente ás oportunidades de futuro da poboación máis nova.