política

POLÍTICA

Jorquera valora "positivamente" a protesta do 3M por activar a sociedade fronte á "corrupción sistémica"

O voceiro parlamentar do Bloque asegurou que é precisa "unha rexeneración democrática urxente" fronte aos numerosos casos de corrupción
POLÍTICA

Laura Seara agarda 3 ou 4 candidat@s para a secretaría xeral do PSdG, "algunha muller"

A deputada no Congreso desminte calquera tensión con Ferraz após a convocatoria das primarias por parte de Pachi Vázquez e mostra o seu convencemento de que en Madrid "non van dicir que non"
POLÍTICA

Soberanía, o "único camiño" para que o pobo galego decida o seu futuro

As tres organizacións políticas convocantes da manifestación deste 3 de marzo cadran ao valorar de maneira moi positiva esta primeira experiencia de acción unitaria pola ruptura democrática e en prol dos dereitos nacionais da Galiza

A política debe ser algo máis que aparencia

Hai xa uns cantos anos no transcurso dunha mobilización veciñal na parroquia na que actualmente vivo tiven un enfrontamento dialéctico co daquela alcalde do PP que me acusou de estar alí só a facer política, cando lle respostei que política facíamola tod@s empezando por el mesmo non tivo problema en dicir diante dos veciñ@s presentes que iso era mentira, que el estaba alí como alcalde e non como político e que
POLÍTICA

Anova convoca para xuño a súa primeira asembleia nacional

Será na primeira fin de semana e nela a formación que lidera Beiras e integra a Encontro irmandiño, FPG e MpB procurará unha "actualización" das súas estratexias políticas e "medidas de reforzo organizativo"
POLÍTICA

Guillerme Vázquez exixe "unha oposición rotunda" das direccións de PPdG e PSdG ante a moción de Vimianzo

Rexeita as "declaracións de cara á galería" realizadas até o de agora e reclama que se pronuncien en contra dunha acción política que considera "absolutamente inxustificábel" e coa que a oposición quer botar da alcaldía o nacionalista Manuel Antelo
POLÍTICA

José Blanco non desobedece a Madrid e dille a Pachi Vázquez que "non se pode xerar frustración"

O ex titular de Fomento é o único dirixente do PSdG que non apoia as primarias convocadas polo secretario xeral para o 1 de xuño. O presidente da formación na Galiza, López Orozco, apoia a consulta
POLÍTICA

PP e PSOE impulsan unha moción de censura en Vimianzo sen o apoio das direccións galegas

PP anuncia unha reunión co grupo municipal para tomar "as decisións oportunas" e PSOE advirte que expulsará "de inmediato" @s edís que participen da medida, que botaría da alcaldía o nacionalista Manuel Antelo
POLÍTICA

As primarias que Ferraz rexeita só reciben dous votos en contra na Galiza

Pachi Vázquez anunciou este sábado o calendario para a escolla da nova secretaría xeral do PSdeG-PSOE: 1 de xuño, consulta á militancia; 6 de xullo, congreso extraordinario
Bautista Álvarez
POLÍTICA

"A miña loita polo nacionalismo é unha vocación, non merezo homenaxe ningunha"

Bautista Álvarez está a piques de cumprir 80 anos. De entre eles, 50 están marcados pola loita a prol da liberación nacional de Galiza, un obxectivo que, di, continúa a ser "o reto do nacionalismo galego".
POLÍTICA

O Goberno español impugna a Declaración de soberanía

Así o anunciou a vice-presidenta do Goberno español, Soraya Saénz de Santamaría durante a comparecencia de imprensa após o Consello de Ministr@s.
Bautista Álvarez
POLÍTICA

Este sábado, homenaxe a Bautista Álvarez polos seus 50 anos de militancia nacionalista

O acto, promovido por máis de vinte persoas a título individual, celebrarase en Cacheiras, Teo. No mesmo presentarase o primeiro volume das súas Obras Escollidas.
POLÍTICA

Ferraz advirte a Pachi Vázquez que non admitirá as primarias no PSdeG

Nun contundente informe, a dirección do PSOE lembra @s socialistas galeg@s que "o único procedemento estabelecido e recoñecido" na elección da Secretaría xeral é a escolla "indirecta mediante delegad@s". A executiva do PSdeG anuncia a convocatoria dun "Congreso extraordinario" e da celebración dun "proceso de participación" da militancia para a escolla da nova dirección política do partido mais rexeita falar explicitamente da convocatoria de primarias.
Feijóo e Conde Roa
POLÍTICA

Feijóo,en Compostela, non é o presidente do Partido Popular de Galicia


Un novo escándalo relacionado co goberno local de Compostela, neste caso de facturas falsas, e máis unha resposta de Feijóo como se non fose presidente do PPdeG, partido que goberna na capital de Galiza. Limítase a pedir "explicacións contundentes".
Alberto Núñez Feijóo
POLÍTICA

Feijóo elude defender a Cospedal e di que a xustiza será quen "determine a verdade"

O presidente da Xunta eludiu defender Dolores Cospedal despois de Luis Bárcenas denunciar o Partido Popular por despedimento improcedente.
POLÍTICA

O alcalde de Barbadás non explica a procedencia do seu abondoso patrimonio

Xosé Manuel Freire Couto, man dereita de Xosé Luís Baltar, convocou un Pleno extraordinario urxente após a publicación en Interviú do seu patrimonio. A oposición interouse horas antes e denuncia que o alcalde non fixo máis do que amosar a súa declaración da renda.
Feijóo
POLÍTICA

Feijóo bota balóns fóra e elude dar explicacións a respecto dos casos de corrupción no PP

Falar de todo menos do que se lle pregunta, esa é a estratexia que está a seguir o presidente da Xunta de Galiza perante as preguntas da oposición nos plenos do Parlamento. O líder do executivo galego non deu resposta esta terza feira a ningunha das cuestións que lle achegaron as portavocías de BNG, AGE e PsdeG.
Rajoy votando no Congreso
POLÍTICA

O PP rexeita no Congreso español apoiar o naval galego

Após votar a favor dunha proposición socialista no Parlamento galego, @s populares votan en contra da construción do dique flotante en Madrid.
Conde Roa e Núñez Feijóo
POLÍTICA

A Feijóo tócalle hoxe lidar no Parlamento coa crise do concello de Santiago

BNG e AGE preguntarán no Parlamento ao presidente da Xunta sobre a situación que se está a viver na capital de Galiza e polas actuacións que prevé adoptar o líder d@s populares.
POLÍTICA

Aprobados os Orzamentos 2013 malia a oposición popular

A maioría absoluta do Partido Popular saca adiante as contas para este ano. A tensión entre os grupos parlamentares aumentou a medida que se achegaba a votación das emendas.