política

Ana Mato
POLÍTICA

A policía esclarece que Ana Mato recibiu regalos da Gürtel, mais a ministra se resiste a demitir

Os obsequios abranguen viaxes para ela e a súa familia por valor de 50.000 euros e artículos de luxo. Aliás, a trama Gürtel chegou mesmo a abonarlles festas de aniversario con pallasos.
Rajoy e ministros
POLÍTICA

O goberno quer blindar a Rajoy do escándalo dos pagamentos apelando a que é "un exemplo de vida recta"

A portavoz do goberno español, Soraya Sáenz de Santamaría, adicou boa parte da súa comparecencia após o Consello de Ministros a apelar ás bondades do presidente Mariano Rajoy (vida recta e exemplar") fronte a unha posíbel implicación en irregularidades. Nas redes sociais xa piden, con sarcasmo, a beatificación de Rajoy
Valentin García
LINGUA

O secretario xeral de Política Lingüística di que non é “complicado” chegar a acordos con Queremos Galego

Despois de que a Xunta se persoara no Supremo para presentar un recurso de casación por non topar “diálogo” arredor da lingua, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García ven de afirmar que “non é complicado” chegar a acordo cos colectivos normalizadores.
Pilar Rojo
POLÍTICA

Rojo mantén o pulso após reunirse cos portavoces

A oposición exixe que se retire o veto imposto á cidadanía e rexeita un acordo na primeira xuntanza coa presidenta do Parlamento.
Pilar Rojo
POLÍTICA

Pilar Rojo convoca aos grupos da oposición após anunciar sancións contra @s deputad@s

Representantes de PSdeG, AGE e BNG reúnense esta sexta feira a instancias da presidenta do Parlamento na procura dun "acordo" que instaure un réxime de visitas na Cámara.
POLÍTICA

O fiscal podería chamar a declarar a Rajoy

O fiscal xeral do Estado, Enrique Torres Dulce, non desbota chamar a declarar á cúpula dirixente do PP. Torres Dulce afirmou que de se confirmaren os indicios delictivos podería mesmo tomar declaración ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Política e cinema. Dicionario - Parte I

Hai uns días, facendo algunhas asociacións, pensaba eu que as pernas sobre a mesa de Jose Mari e George no contexto da invasión de Iraq, non foron mais que un
POLÍTICA

'Contra a corrupción, alcalde demisión'

Ducias de persoas concentráronse esta quinta feira ás portas do Concello de Compostela para exixir a demisión do rexedor conservador Ángel Currás, imputado na operación Pokemon canda a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez. A concentración, unha chamada do BNG a "limpar o desgoberno", foi secundada por sindicatos e organizacións políticas
POLÍTICA

Bárcenas nega todo, mais Rajoy convoca unha reunión urxente da cúpula do partido

O ex tesoureiro emite un comunicado en que nega a existencia dunha contabilidade B.
POLÍTICA

O PSdeG pide a Feijóo que dea a cara" e explique as referencias a Galiza nos pagamentos de Bárcenas

O voceiro do grupo parlamentar socialista, Abel Losada, explique a presenza de alusión ao PPdeG nas facturas de Bárcenas feitas públicas hoxe
Jorquera Caselas
POLÍTICA

O BNG pide a demisión de Rajoy e que Feijóo aclare se a trama atinxe tamén Galiza

Jorquera insta a Feijóo a que aclare as posíbeis ramificacións das presuntas contas irregulares en Galiza, concretamente a partida que figura baixo o epígrafe Galicia O.C.
Cayo Lara en Vigo
POLÍTICA

IU demanda a Rajoy que abandone e convoque eleccións

O coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, vén de afirmar que se é certo o cobro de sobresoldos dos qe informa El País, Mariano Rajoy debería demitir de inmediato e convocar eleccións
POLÍTICA

Cospedal anuncia accións xudiciais

Pasamos do "non consta" ao anuncio de accións xudiciais. O PP nega a información aparecida en El País.
Contas de Bárcenas publicadas por El País
POLÍTICA

Mercadona contribuíu ás contas de Bárcenas e Jimenéz Losantos recibiu sobres

Entre a listaxe de doantes que recolle a documentación publicada por El País salienta o nome de empresarios da construción imputados en casos de corrupción.

POLÍTICA

Pilar Rojo busca elementos para sancionar @s deputad@s que rexeitaron o seu veto

Ao igual que fixera con afectad@s pola estafa das preferentes, a presidenta do Parlamento encarga á policía adscrita e aos servizos xurídicos sendos informes
Rajoy
POLÍTICA

Os papeis de Bárcenas rexistran pagamentos a Rajoy

O diario El País publica hoxe as anotacións do ex tesoureiro Luís Bárcenas. Do seu contido tírase que o presidente do PP e do Goberno, Mariano Rajoy, recibiu pagamentos en negro por valor de 25.200 euros anuais durante 11 anos. Moncloa afirma que o diñeiro era limpo e que foi declarado.
Exército español
POLÍTICA

O Estado español enviará soldados a Mali

O Congreso español dá luz verde á intervención militar en Mali. O exército español tomará parte da ofensiva iniciada por Francia co visto e prace da ONU.
Pablo García, secretario de Organización do PSdeG-PSOE
POLÍTICA

Pablo García cre que Pachi non concorrerá como candidato nas primarias

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, cre que o actual secretario xeral non concorrerá nas primarias para revalidar o seu cargo. Mais tampouco excluíu esa hipótese de forma taxativa.
Paula Prado, viceportavoz parlamentar do PPdeG (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O PP xustifica o veto á cidadanía polas 'ameazas de morte' desde a tribuna

A deputada e voceira do PP, Paula Prado, acusa á oposición de aplausar as ameazas de morte proferidas contra o presidente desde a tribuna.
POLÍTICA

As primeiras testemuñas do xuízo a Baltar "non saben" por que traballaban na Deputación

Ábrense máis interrogantes sobre o presunto delito de prevaricación administrativa contra o ex-presidente da Deputación. Protestas do 15-M de Ourense diante do Xulgado.