star
Reportaxes
Radio e exilio: As quintas feiras no Norte día a día falamos "para os nosos amigos da Galiza"
19/abr./24
Radio e exilio. Un medio pobre nun non-lugar, o exilio. Unha organización pobre, a Unión do Pobo Galego, UPG, situada na liña de sombra onde non chega o vento. Un país pobre, con imaxe de pobre, coma todo país de emigración, e con fragmentos de resistencia, coma restos cos que construír a súa existencia, a súa escolla, a súa intervención na historia en devalo.