O PSOE sae en tromba contra un goberno de coalición con Podemos
Podemos insiste en retomar as negociacións co PSOE no punto en que racharon
O alcalde de Cerceda, condenado a oito anos de inhabilitación
O rexedor de Cerceda, José García Liñares (PSOE), vén de ser condenado polo Xulgado do Penal número 2 da Coruña a oito anos de inhabilitación para desenvolver un emprego ou un cargo público por un delito de prevaricación relacionado coa adxudicación e a contratación dunhas obras.
Esquerda Unida pide a Podemos un acordo programático co PSOE se a coalición non calla
Esquerda Unida avoga nun comunicado feito público por evitar unha repetición das eleccións xerais e amósase a prol de que o grupo parlamentario do que forma parte, Unidas Podemos, acade un acordo programático co PSOE se a coalición non for posíbel. Aínda hai tempo de "poñer a cordura que se lle esixe á esquerda", afirman no comunicado.
Sánchez pide o apoio de Unidas Podemos para "sacar adiante o que nos une"
O candidato do PSOE inicia o debate coas negociacións con Unidas Podemos paralizadas. No seu discurso apelou a esta formación para traballar por “unha sociedade de homes e mulleres libres e iguais en harmonía coa natureza”. As referencias a Galiza centráronse na denuncia do crime machsita desta fin de semana en Vilalba e a lembrar cando o franquismo prohibía "o galego, o vasco e o catalán".
Iglesias renuncia a entrar no goberno a cambio dunha presenza proporcional de Unidas Podemos
Pablo Iglesias dá un paso atrás e renuncia formar parte do goberno do Estado español a cambio de que o PSOE acepte estabelecer un goberno de coalición cunha presenza proporcional de ministros e ministras de Unidas Podemos conforme os votos obtidos por ambas as formacións.
CIS: 26% da cidadanía prefire un goberno PSOE-Podemos e 20% un de Pedro Sánchez en solitario
Un 10,6% defende un goberno de socialistas, Podemos con apoio de “nacionalistas independentistas”, porcentaxe superior ás partidarias dun executivo coas tres forzas de dereitas: PP, Cs e Vox.
O debate para investir Sánchez presidente será o 22 e 23 de xullo
O día 22 e o día 23 deste mes son as datas elixidas para que teña lugar o debate de investidura do presidente do Goberno español en funcións e candidato do PSOE á reelección, Pedro Sánchez.
Jácome carga contra o PSOE por lle “obrigar” a pactar con Baltar
O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana votou esta sexta feira a prol da investidura de José Manuel Baltar como presidente da Deputación. Acto seguido, cargou contra o Partido Socialista por, dixo, obrigalo a facelo. “Xamais deberiamos perdoar o PSOE polo que nos obrigou a facer”, afirmou Gonzalo Pérez Jácome.
O BNG alerta da posición “irresponsábel” do PSOE por poñer en risco gobernos alternativos ao PP
Moaña, Fene, Barreiros, Viana do Bolo, As Neves e Toques son concellos onde o BNG contaba con gobernar. Porén, a un día de constituírse os plenos, o PSdeG non asegura o seu apoio ao nacionalismo e pode facilitar ao PP esas alcaldías.
Casado e Rivera confirman o non a Sánchez
O único aspirante a presidir o goberno central, Pedro Sánchez, reuniuse por separado co líder do PP e de Ciudadanos, Pablo Casado e Albert Rivera. O popular trasladoulle que o seu partido nin o apoiará nin se absterá en segunda votación para facilitarlle a investidura. Rivera trasladou o seu rexeitamento e emprazouno a pactar con Podemos e as formacións nacionalistas.
O PP afundiríase nunhas novas xerais caendo ao cuarto posto
O barómetro publicado polo CIS correspondente ao mes de maio amosa un PP sen chan electoral que caería até ser a cuarta forza política no Estado de celebrarse agora unhas novas eleccións xerais.
Nove alcaldes gañan con absolutas superiores ao 80%
O 26M deixa nove municipios galegos onde a forza gañadora alcanzou maiorías absolutas que superan o 80% dos votos. Delas, 6 son para o PP (Beariz, Esgos, Quintela, Vilarmaior, Sarreaus e Friol), 2 para o PSdeG (Dumbría e Ourol) e outra para Xuntos (Vilar de Santos).
"Gostaría de que na UE sexan conscientes do desastre que se está producindo nos bosques de Galiza"
O número do PSOE na candidatura ao Parlamento europeo é Nicolás González Casares (1972), natural de Lalín, quen salienta neste cuestionario o "río de solidariedade en forma de máis de 24.000 millóns de euros de fondos europeos que están detrás do proceso de modernización e avance experimentado por Galiza".
Gonzalo Caballero pide un novo suspenso a Feixoo no 26M
Xunto as 18 representantes do PSdeG no Congreso e no Senado, Gonzalo Caballero anunciou desde Madrid un medre en votos para a súa formación nas eleccións municipais e unha nova caída do PP.
"A Xunta ten abandonada Vilagarcía de Arousa"
Alberto Varela Paz, actual alcalde de Vilagarcía de Arousa, aspira a recuncar no posto para avanzar nas medidas postas en marcha no último mandato. Avogado de profesión, afirma que unha das grandes necesidades da vila é un novo centro de saúde.
"O meu partido podería ter feito máis para darlle estabilidade ao goberno de Ferrol"
O senador Ángel Mato (Ferrol, 1971) é o candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol após un proceso de eleccións primarias no seo da forza política que representa. As súas prioridades pasan por lograr un acordo para dispor dun orzamento que permita normalizar os contratos para o axeitado mantemento de parques e xardíns, rozas, recollida de lixo ou iluminación. Responde este cuestionario vía correo electrónico.
“Temos que afrontar a preparación do Ano Santo 2021”
Xosé Antonio Sánchez Bugallo foi o alcalde de Santiago desde 1999 a 2011. Posteriormente foi deputado no parlamento galego e agora encabeza de novo a candidatura do PSdeG á alcaldía da capital galega. Considera que os catro anos de goberno de Compostela Aberta foron “mal aproveitados” e sinala a preparación do Ano Santo 2021 como prioridade para o concello.
"O alcalde preocupouse pola súa autoimaxe e desentendeuse dos problemas da cidadanía"
Rafael Villarino naceu en Ourense e é licenciado en Psicoloxía e doutor pola UVigo. Traballa como profesor na facultade de Ciencias da Educación do campus universitario da cidade das Burgas. É o secretario provincial do PSdeG e candidato á alcaldía de Ourense.