Real Academia Galega

CULTURA

Os académicos críticos da RAG non asisten ao pleno

Varios académicos da RAG críticos co mandato de Alonso Montero e coa candidatura única de Freixanes non asisten ao pleno extraordinario no que se elixirá o seu presidente. Manuel González explica nunha carta o porqué. 

castro-freixanes
CULTURA

Freixanes será presidente sen consenso

Este ano non haberá a tensión dramática da elección anterior, cando Alonso Montero gañou sobre Manuel González por só un voto, pero as augas da RAG aínda non baixan tranquilas. 

castro-freixanes
CULTURA

Freixanes encabeza a única candidatura a presidir a RAG

Todo indica que o sector ferrinista non é quen de artellar unha proposta alternativa.

Siro_4
CULTURA

Adeus Alonso Montero

Hoxe, sexta feira, remata o mandato de Xesús Alonso Montero como presidente logo de catro anos á fronte da Real Academia Galega. 

2017-03-17-Doazon biblioteca Jose Alberte Corral
CULTURA

O presidente do Facho doa a súa biblioteca persoal á RAG

José Alberte Corral Iglesias lega á RAG os seis mil libros da súa biblioteca persoal, que pasarán a formar parte da institución tras o seu pasamento.

Xosé Luís Axeitos
"A Academia está secuestrada e envilecida"

Axeitos supón que na RAG "darán a cara" os que puxeron ao fronte da institución "un home de palla"

As tensións non minguan no seo da RAG. As voces discrepantes na institución da rúa Tabernas voltaron a se expresar esta semana nunha entrevista na Radio Galega co académico Xosé Luís Axeitos, moi crítico con Alonso Montero. Sobre a elección á presidencia, axendada para abril, supón que "terán que dar a cara" aqueles que puxeron ao fronte da institución "a un home de palla". 

E ti de quen ves sendo?

apelidos
LINGUA

A RAG estandariza tamén os apelidos

A Academia Galega vén de publicar 'Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización' no que establece un estándar para a galeguización destes. 

Entroido_1916 (2)
CULTURA

A RAG pon a disposición pública o seu arquivo en Galiciana

A Academia Galega vén de facer públicos máis de 3.700 documentos dixitalizados do seu arquivo a través do Galiciana, o Arquivo Dixital de Galicia, no que tamén pon a disposición todo o catálogo, composto por máis de 32.600 documentos.

IMG_0076
MARILAR ALEIXANDRE ENTRA NA RAG

“Creo que fixen bastante para dicir que son galega”

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) convértese este sábado na sexta académica de número da RAG. E alén disto e da súa actividade política no último ano, conversamos con ela tamén sobre ‘Desescribindo’, o seu quinto poemario, editado o mes pasado por Apiario, e sobre a reedición de tres poemarios seus que non estaban accesíbeis ao público. 

Marilar-Aleixandre
CULTURA

Marilar Aleixandre, a sexta muller que entra na RAG

A escritora convértese mañá sábado na sexta muller académica de número, en substitución de Xosé Neira Vilas. 

Presentación na Academia
LINGUA

O tribunal europeo non admite a trámite a demanda da RAG polo decreto do galego

A Academia Galega vén de informar que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) non admitiu a trámite a demanda por, segundo eles, “unha razón formal”, nunha decisión non recorrible.

Mira e Brandeiro RAG Academia
CULTURA

Jorge Mira e Carlos Brandeiro, novos académicos da RAG

O científico e o director do instituto arxentino-galego 'Santiago Apóstol' de Bos Aires son nomeados académicos correspondentes

Manuel María_LQ
CULTURA

Adeus ao ano Manuel María cun simposio da RAG sobre a súa figura

A Real Academia Galega celebrará os vindeiros días 22, 23 e 24 de novembro un encontro que xuntará ao longo de tres tardes máis dunha vintena de persoas expertas en distintos aspectos da obra do protagonista do Día das Letras Galegas de 2016.

Manuel María_LQ
CULTURA

A RAG homenaxea este sábado a Manuel María en Monforte

A Real Academia Galega e o Concello de Monforte organizan un acto literario e musical dedicado ao poeta chairego, que viviu nesta vila durante décadas.
 

Lingua para vencer. Versos para convencer

rag2'17
CATRO HOMES OPTAN Á HOMENAXE

Carlos Casares, o gran favorito para as Letras 2017

Non haberá polo de agora cuarta muller homenaxeada no Día das Letras. Un ano máis a nómina de finalistas é masculina: Carlos Casares, Carvalho Calero, Plácido Castro e Fernández Morales.

portal
LINGUA

Un 'bot' da RAG que che dá unha definición no Facebook

A renovación do Portal das Palabras, a web da RAG e da Función Barrié dedicada ao léxico galego, tráenos moitas novas aplicacións, entre elas, un 'bot' (unha pequena aplicación que imita o comportamento humano) que che ofrece unha definición de calquera palabra dentro do Facebook e de forma instantánea.

Dia internacional dos arquivos
CULTURA

A RAG dixitaliza gratuitamente documentos antigos

Tes carnés, salvocondutos ou pasaportes vellos? Conservas diplomas ou nomeamentos dos teus familiares? Atesoura recordatorios de bautizos, comuñóns ou vodas de hai moito tempo? Gardas documentos curiosos ou históricos? Pois aproveita, porque a RAG está a desenvolver estes días unha campaña de dixitalización gratuíta para celebrar o Día Internacional dos Arquivos. 

irmandadesCCG-peq
CULTURA

As Irmandades: a reacción contra a parálise da RAG

“As Irmandades son unha especie de emenda á totalidade das estratexias e da praxe do rexionalismo finisecular de Murguía”, di Emilio Ínsua, que vén de publicar 'A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)', o ensaio máis profundo que se ten publicado sobre este movemento.