Real Academia Galega

libro_familia
Normalización

Restituírmos os apelidos de noso

Otero, Brey, Villarino, Yáñez, Iglesias... Cinco séculos de deturpación deixan até hoxe unha boa pegada nos apelidos galegos. 20% da poboación galega leva un apelido quer castelanizado quer híbrido. Aos poucos, van xurdindo iniciativas e proxectos que procuran facilitar a restitución dos apelidos de noso.

O sectarismo na nosa lingua e literatura

Ana Romaní (Foto: CRTVG)
CULTURA

Ana Romaní, académica numeraria eleita

Ana Romaní, unha das voces de referencia do xornalismo cultural e da poesía galega, foi nomeada académica numeraria eleita na sesión plenaria celebrada o sábado, 17 de marzo, na sede da Real Academia Galega. Romaní lerá o seu discurso de ingreso na RAG nos próximos meses.

rag
Campaña RAG-PuntoGal

Rexistrar en febreiro un dominio .gal por 15 euros

Os presidentes da Real Academia Galega e de PuntoGal, Víctor Freixanes e Manuel González, apresentaron esta cuarta feira unha campaña para "proxectar o galego" na rede.

Afouteza

Ana Romaní (Foto: CRTVG)
CULTURA

A RAG propón Ana Romaní para ocupar a cadeira vacante de Xohana Torres

A xornalista e escritora foi a única proposta oficializada polo pleno da Academia. É a cuarta muller consecutiva designada para acceder á institución. 

dicionario RAG
LINGUA

De ‘conacha’ a ‘afouteza’: o dicionario da RAG supera os 15 millóns de consultas neste ano

Son 55.000 procuras diarias.

[Imaxe: RAG] Chus Pato
É a sexta muller con cadeira na institución

Chus Pato viaxa ás orixes do poema no seu discurso de ingreso na Academia

Cun tenso discurso filósofico sobre as fontes e orixes do poema, Chus Pato (Ourense, 1955) converteuse este sábado na sexta muller do pleno da Real Academia Galega. "O poema é un idioma cunha antigüidade de milenios, un idioma que vive dentro dos idiomas", expuxo no paraninfo do instituto Otero Pedrayo de Ourense, "e que ten por honra escribir o mesmo sen repetirse xamais".
 

Andrea Jamardo, coordinadora de 'Mulleres Bravas da nosa historia' Foto Mireia García
Andrea Jamardo

"Imos publicar unha antoloxía de relatos que inclúe un inédito de Mª Victoria Moreno"

Urco Editora publicou no seu día a única biografía infantil que se coñece de María Victoria Moreno, a escritora quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2018. Agora a editora galega ten entre mans reeditar obras descatalogadas amais dun inédito da escritora. Falamos con Andrea Jamardo, editora do proxecto.

Chus Pato
CULTURA

A voz "necesaria e enriquecedora" de Chus Pato ingresa na RAG o vindeiro 23 de setembro

A poeta lerá o o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega o 23 de setembro no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense.

Luz Pozo
CULTURA

A RAG homenaxea Luz Pozo Garza no seu 95 aniversario

O acto terá lugar o 21 de xullo na sede da Real Academia Galega e nel participarán dez poetas de distintas xeracións que recitarán e comentarán poemas da escritora e académica.

mariavictoria2
ARTIGO DE ÁNXELA LEMA

Construírnos a nós mesmas

Publicamos aquí un artigo da filóloga e investigadora Ánxela Lema, no caderno de análise A Fondo do 25 de xuño de 2015, nun especial sobre María Victoria Moreno coordinado por A Sega.

mariavictoria
ARTIGO DE MANUEL BRAGADO

María Victoria Moreno, da vida e da esperanza

Reproducimos aquí un artigo de Manuel Bragado, director de Xerais e editor das obras que María Victoria Moreno publicou nos últimos anos de vida. Este texto apareceu no A FONDO monográfico que dedicamos a esta autora, baixo a coordenación de A Sega, o 25 de xuño de 2015.

Pergameo galego 1259
CULTURA

A RAG fai pública a súa colección de pergameos

A Academia Galega prosegue coa súa política de abrir os tesouros que agora. Desta volta, a conto do Día Internacional dos Arquivos, libera na Galiciana a súa colección de pergameos.

freixanes-feijoo-boa
CULTURA

Primeiro encontro Freixanes-Feijoo con reivindicacións económicas


O recén estreado presidente da RAG prometera un encontro co presidente da Xunta para achegar posicións, logo de anos de distancia por mor do Decreto de Bilingüismo. E tivo lugar onte, quinta-feira. 

viaxes-gz
CULTURA

A RAG amosa títulos históricos de viaxes a Galiza 

É o seu xeito de celebrar o Día do Libro, amosando ao público na súa biblioteca libros de viaxes realizadas ao noso país desde o século XVI. 

Estudos da BBC. (Foto: BBC)
CULTURA

"Damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega"

‘Galician Programme’, desde a BBC de Londres, comezou a se emitir 14 de abril de 1947. Durou até 1956, cando se retirou por presións do goberno de Franco. Lémbrao a Real Academia Galega

freixanes
CULTURA

Freixanes di que a división na RAG responde “a cuestións persoais”

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, asegura que a división no ente responde a “cuestións persoais de persoas moi concretas” que, ao ser ver, non superaron vellas feridas e cualifica a etapa que enceta con el á fronte de “continuista”.

freixanes
VÍCTOR F. FREIXANES, NOVO PRESIDENTE DA RAG

"O primeiro que terá que facer a Academia é entrevistarse co presidente da Xunta"

A poucos meses de abandonar a dirección da editorial Galaxia, Víctor Freixanes vén de coller os mandos dunha Academia Galega que arrastra problemas internos desde hai máis de catro anos. Pero tamén terá que afrontar importantes retos, entre eles, capitanear unha estratexia para unha recuperación da lingua que cada vez parece máis difícil. E para semellante tarefa a RAG só conta con poder simbólico. 

2017_03_28_Pleno extraordinario
CULTURA

Freixanes é elixido presidente dunha RAG dividida

Víctor Freixanes foi elixido na tarde da cuarta feira novo presidente da RAG con 18 votos a favor dos 19 académicos que participaron no pleno extraordinario. Outros nove non asistiron, dos cales tres escusaron a súa ausencia Foron, polo tanto, seis os académicos que amosaron publicamente a súa discrepancia.