Real Academia Galega

As e os académicos que asistiron presencialmente ao pleno, posando tras a sesión (Foto: RAG).
CULTURA

Freixanes é reelixido presidente da Real Academia Galega

Na presentación do seu proxecto para os próximos catro anos, instou a promocionar de forma activa o uso da lingua entre a mocidade.
O escritor Victor Freixanes
CULTURA

Víctor Freixanes, único candidato a presidir a Real Academia Galega

O editor optará á reelección cunha candidatura conformada polo groso do equipo que mantivo durante o catro anos anteriores, no que repetirán Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Henrique Monteagudo. A principal novidade será a inclusión da cineasta Margarita Ledo Andión

Entrevista

Darío Gil Arias: "O libro nunha palabra: tenrura"

O fillo da poeta Xela Arias fala con 'Nós Diario' sobre a publicación do libro inédito 'Non te amola!'.
xelaariasrag
'A palabra esgazada' e 'Onde canta a poeta' son dúas series documentais

Programación audiovisual dedicada a Xela Arias

A Real Academia Galega fai pública a súa programación audiovisual para homenaxear a poeta Xela Arias, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2021.
RAG onomástica
LINGUA

O valor do galego para as marcas comerciais, a estudo nun libro da RAG

O traballo está dispoñíbel en edición dixital. Analiza, entre outros, nomes de adegas e viños, cabeceiras de xornal e establecementos comerciais.
O historiador Lourenzo Fernández Prieto. (Foto: RAG)
CULTURA

A RAG nomea académico de número o historiador Lourenzo Fernández Prieto

Na sesión tamén se declarou a vacante deixada polo pasamento de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Igualmente, deuse por finalizado o mandato de Víctor F. Freixanes e, até que as eleccións dean os seus froitos, o presidente interino será Henrique Monteagudo.
Ilustración da banda deseñada de Pepe Carreiro.
star
CULTURA

Vídeos, banda deseñada e palestras: Homenaxe no cabodano de Ricardo Carvalho Calero

O 25 de marzo de 1990 o estudoso e escritor Ricardo Carvalho Calero falecía en Santiago de Compostela. O ano 2020 a RAG decide dedicarlle o Día das Letras Galegas, mais a pandemia da Covid-19 muda os plans. Ante a negativa da institución de ampliar o ano ao ferrolán, a Federación Galiza Cultura organiza unha xornada de homenaxe á obra e figura do intelectual. En conversa con Nós Diario diversos expertos e expertas expoñen a importancia do legado de Carvalho Calero. 
EuropaPress_3609908_xose_ramon_barreiro
O autor da 'Historia contemporánea de Galiza' foi un especialista na figura de Murguía

A despedida de Xosé Ramón Barreiro

O catedrático Xosé Ramón Barreiro faleceu na madrugada da terza feira na Coruña, aos 84 anos. O que fora decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC e presidente da RAG, foi para os seus discípulos e achegados “un sabio” que traballou por situar “a historia da Galiza no lugar no que está hoxe”.
12041559_1058954367456883_790811835_o
Autor da obra 'Orixe orzánica das sereas todas'

Rodrigo Osorio: "O libro é un 'artefacto' co que me pregunto que sería de Lugrís se non houbese a guerra"

"Unha Galiza imaxinada na que Urbano Lugrís ingresa na Real Academia Galega (RAG) aló polo 1953". É o contexto no que se desenvolve a ficción de Orixe orzánica das sereas todas, de Rodrigo Osorio. Unha utopía na que non se produce o golpe de Estado de 1936 e, desde aí, o autor imaxina un mundo posíbel no que o escritor e pintor Urbano Lugrís pronuncia o seu discurso de acceso á Academia artellando unha serie de lendas e datos a través dos que explica a orixe orzánica das sereas.

Três xiboletes lexicais que enquadram o dicionário da RAG no castelhano

Emilia Pardo Bazán, a academia e o pazo

coleio xela arias
LINGUA

A RAG inaugura a Primavera das Letras de Xela Arias no colexio vigués onde estudou a escritora

A Real Academia Galega celebrou esta terza feira no CEIP Sárdoma-Moledo (Vigo) a presentación da Primavera das Letras de Xela Arias da man da súa familia e da comunidade educativa do colexio onde a autora estudou a partir dos sete anos.

Xela Arias
CULTURA

A Primavera das Letras comezará no colexio de Xela Arias

A RAG inaugurará o martes o proxecto no CEIP Sárdoma-Moledo, onde estudou a escritora a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas

Emilia Pardo Bazán na Real Academia Galega? (II)

Emilia Pardo Bazán na Real Academia Galega? (I)

XELIÑA
LINGUA

A RAG conmemora o Día da Lingua Materna reivindicando o uso do galego cun relato sobre Xela Arias

 O relato, escrito polo mestre e tradutor Valentín Arias en 1968, conta a experiencia como nena criada en galego da súa filla Xela Arias (1962-2003), a quen a Academia lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Orgullo e solidariedade

alen_ceipvilaxoan
Convócao a RAG, a Fundación Barrié e Galiza Visual

O concurso 'Olla a palabra do día' xa ten os seus colexios gañadores

A Real Academia Galega, a Fundación Barrié e o colectivo docente Galiza Visual dan a coñecer os oito colexios gañadores do concurso 'Olla a palabra do día'.
A-segunda-edición-do-concurso-de-microrrelatos-consolida-a-cita-anual_
O concurso combina coa campaña promocional de dominio .gal

O IV Certame de Microrrelatos da RAG e PuntoGal chega á rede no mes febreiro

A Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a IV edición do seu certame de microrrelatos, na que se poderá participar a través de www.relatos.gal

A importancia de chamarlle fruma