Sanidade Pública

Máis de 1.500 persoas con dependencia agardan na Galiza por unha praza nunha residencia. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

O Goberno galego prevé baixar a 188 días a agarda en dependencia, mais seguiría a incumprirse a lei

O proxecto do novo decreto de dependencia que prepara a Xunta da Galiza ten entre os seus obxectivos reducir á metade a espera das persoas que agardan por un recoñecemento ou prestación. Unha agarda que ao fechar 2022 estaba en 377 días, polo que o Goberno galego o que procura é rebaixar ese prazo a 188 días. Unha cifra que, en todo caso, segue por riba do máximo estipulado pola Lei de Dependencia, que fixa un tope de seis meses, 180 días.
radiografía xeonllo (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Nova condena ao Sergas, que deberá indemnizar con 26.000 euros unha paciente por "mala praxe"

O TSXG confirma a indemnización a unha doente por mor da "falta de consentimento informado e mala praxe" nunha operación de xeonllo á que foi sometida para implantarlle unha prótese, que resultou ser "sobredimensionada e incompleta".

As últimas da fila

Operación cirúrxica (Foto: Xunta da Galiza).
Sanidade pública

Un de cada dez galegos está nas listas de espera sanitarias, que ascenden a 261.781 persoas

215.000 pacientes agardan por unha consulta e 46.000 para se operar.
Julio García Comesaña durante unha reunión con alcaldes do distrito sanitario de Pontevedra o pasado xaneiro (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
star
Análise

Axendas médicas de calidade... ou non!

Xosé María Dios é médico especialista de Atención Primaria de Outes.
Protesta do persoal sanitario esta quinta feira ante o Hospital do Barbanza (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O Parlamento insta de forma unánime a Xunta a "paliar o déficit" de persoal nas urxencias do Hospital de Ribeira

En concreto, o texto aprobado insta a Xunta a "atender a demanda realizada polo persoal médico" de Urxencias.
Alberto Pedrera Fidalgo será a cabeza visíbel do Hospital de Valdeorras. (Foto: Sergas)
Sanidade

O Sergas elixe para dirixir o distrito sanitario de Valdeorras un antigo directivo da sanidade privada

Tras o seu paso polo hospital ourensán El Carmen, Alberto Pedrera dirixirá o sistema público na comarca.
José Manuel Laxe e Iván Pontes, esta cuarta feira en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PSdeG pide explicacións a Rueda pola denuncia dos colexios médicos

Formoso destaca o "peso" galego no Goberno estatal.
128 persoas doadoras na Galiza permitiron a realización de 296 operacións de transplante de órganos durante o ano 2022. (Foto:  Nós Diario)
Día do Transplante

Galiza cuadriplica a media da UE en doazóns e transplantes de órganos

Hoxe conmemórase o Día do Transplante para concienciar a sociedade.
Desde este sábado 1 de abril elimínase a obriga de notificar as baixas laborais ás empresas.
SOCIAL

O Consello Galego de Médicos pide a retirada do sistema de citas do Sergas

Os colexios critican de novo as medidas sanitarias da Xunta.
Os ministros de Sanidade entrante e saínte, José Miñóns e Carolina Darias, esta terza feira, no acto de entrega de carteiras. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
POLÍTICA

Miñóns toma posesión: "Non existe o gasto en sanidade, senón o investimento en saúde"

O novo responsábel da carteira de Sanidade agradece o nomeamento e defende o "municipalismo" como "piar" da política: "Sempre o tiven presente, como alcalde e delegado, e seguirá presente nesta nova etapa".
UCI do Hospital Clínico de Compostela. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
Sanidade

Doenzas do aparello circulatorio, as máis comúns nos hospitais galegos

A 'Enquisa de Morbilidade Hospitalaria', con datos de 2021, sitúa a Galiza como o sexto territorio coa maior taxa de morbilidade hospitalaria.
José Miñóns, co Informe de rendición de contas do Goberno español en 2022. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Felicitacións, mais tamén deberes, para o substituto de Carolina Darias

O PSdeG acolle con "satisfacción" a noticia, mentres Feixoo cre que os socialistas "buscan candidato para a Xunta" e o persoal sanitario ofrece colaboración e sinala os retos pendentes.
Edificio da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Europa Press)
Sanidade

Denuncian que o protocolo XIDE do Sergas "vulnera o dereito á privacidade" e "sobrecarga máis" o persoal

A CIG reclama a retirada deste novo sistema orientado a regular a accesibilidade das e dos pacientes nos ambulatorios, que se ven obrigados a "contar o que lles pasa no mostrador", onde o resto de persoas "pode escoitalo todo".
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
Sanidade pública

Sanidade nega que haxa pacientes "nos corredores" do CHUS: "Están en dispositivos de Urxencias controlados"

O conselleiro García Comesaña responde á denuncia presentada polo sindicato O'Mega ante Inspección pola "acumulación de pacientes nos corredores", unha cuestión da que o persoal sanitario de Santiago vén advertindo desde hai meses e que o titular de Sanidade reduce a doentes que fican "á espera de subir á planta máis adecuada".
Pacientes amoreados nos corredores das Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
Sanidade pública

Denuncian ante Inspección de Traballo a "acumulación de pacientes" nos corredores de Urxencias do CHUS

"Os pacientes graves que veñen consultarse acumúlanse no corredor de entrada por falta de sitio para poder velos", alerta a doutora Fátima Nercellas.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha reunión recente con alcaldes e alcaldesas en Pontevedra. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Sanidade pública

O Sergas confía en fechar cedo o acordo co persoal médico para fixar axendas con 40 pacientes diarios

A proposta trasladada aos sindicatos valora axendas con 33 ocos ordinarios e sete reservados para urxencias ou "forzados".
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"Botei 40 horas tirado en urxencias esperando a ser ingresado". Eis o relato dun usuario do Sergas

'Nós Diario' tivo coñecemento deste caso acontecido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) que en palabras da persoa afectada é “realmente grave e denota a pésima situación en que se encontra a sanidade pública galega”.
16-03-2023 Estrella López Pardo-2 (1)
Parlamento

A xerente do Sergas non ve "conflito de intereses" en que o xerente da patronal da sanidade privada sexa o seu irmán

A xerente do Sergas compareceu no Parlamento para negar que exista "conflito de intereses" en que o seu irmán sexa xerente da patronal da sanidade privada. A oposición reprochoulle que comparecese só após se facer pública esa relación así como que as súas políticas en sanidade beneficien as empresas privadas do sector.
As aseguradoras están a ofertar seguros a baixo custo, dirixidos especialmente á poboación moza (Foto: Nós Diario).
star
Análise

A privatización sanitaria mata e precariza

O médico e portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, analiza para 'Nós Diario' a privatización da sanidade galega.