Sanidade Pública

O centro de saúde de Meis (Foto: Google Maps).
SOCIAL

O Sergas cobre a ausencia dun médico en Meis prolongando a xornada doutro profesional tres días á semana

Conforme á normativa vixente, o Sergas deberá ofertar de novo a cobertura desta praza médica en canto sexa efectiva a xubilación do anterior médico.
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A CIG alerta de sobrecargas no servizo de Radioloxía do Chuac: "A situación é límite"

A xerencia do hospital sostén que se está abordando un plan integral e que se analizan "melloras".
A falla de profesionais provoca as listas de agarda en Atención Primaria (Foto: Europa Press).
SOCIAL

SOS Sanidade rexeita suprimir a dedicación exclusiva dos médicos

A plataforma advirte dun aumento das listas de agarda.
12-F: Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Defensa da Sanidade ve "oportunista" a folga convocada pola "elitista" CESM

A asociación censura que este sindicato, ao que relaciona cos colexios médicos, "nin apoiou nin participou" dos seus actos reivindicativos.
Bancada do Partido Popular no Parlamento da Galiza (Foto: Parlamento da Galiza).
Parlamento

O PP rexeita que 25% dos orzamentos de Sanidade vaian a Atención Primaria, como recomenda a OMS

A maioría popular rexeitou que se tomase en consideración unha proposición de lei do BNG para modificar a Lei de Saúde da Galiza para que recollese ese compromiso.

Desde este sábado 1 de abril elimínase a obriga de notificar as baixas laborais ás empresas.
TRABALLO

CESM insiste en demandar a xornada de 35 horas a un mes da folga

O sindicato considera "máis que xustificadas" as súas demandas mentres a Xunta lamenta o "ultimato" e pide sentar a falar após varias semanas de negociacións infrutuosas.
Estrella López-Pardo, no acto de toma de posesión como xerente do Sergas en agosto de 2022 (Foto: Xunta da Galiza).
Sanidade

A lei obriga a xerente do Sergas a absterse en procedementos referidos ao seu irmán

O BNG ve conflito de intereses entre a xerente do Sergas e de Ahosgal.
consello contas
POLÍTICA

Contas cuestiona o modelo de contratación de Sanidade

Oídos xordos da Xunta da Galiza á recomendación do Consello de Contas de que "cesase" no Servizo Galego de Saúde (Sergas) co recurso a modelos de contratación para a actividade sanitaria prestada con medios alleos que non se axustan á regulación. Unha recomendación que ano tras ano realiza o órgano fiscalizador e que, ano tras ano, é ignorada polo Goberno galego.

O portavoz do PSOE no Congreso, Patxi López (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Patxi López afea a Feixoo que nomease xerente do Sergas a irmá do xerente da patronal da sanidade privada

López tamén se referiu ao “colapso” da atención primaria na Galiza e aos recortes que, ao seu ver, se sucederon durante o Goberno de Feixoo.
A xerente do Sergas, Estrella López-Pardo. (Foto: Xunta)
POLÍTICA

O Bloque urxe a comparecencia da xerente do Sergas por "posíbel conflito de intereses" cos negocios do seu irmán

Tal e como informou 'Nós Diario' a pasada semana, o irmán de Estrella López-Pardo, Manuel, é o xerente da Asociación de Hospitais da Galiza (Ahosgal), a patronal da sanidade privada galega.
Concentración deste domingo en Bueu pola Sanidade Pública. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Veciñanza de Bueu sae a rúa para reclamar un servizo público de pediatría

Arredor de 600 persoas concentráronse esta mañá no Centro Social do Mar de Bueu en defensa da Sanidade Pública
Rocío Mosquera tomando posesión como conselleira de Sanidade diante de 
Núñez Feixoo en 2012 (Foto: Xunta da Galiza).
star
SOCIAL

As ligazóns entre o Partido Popular e o conglomerado da sanidade privada na Galiza

Os vínculos entre o sector da sanidade privada e o Partido Popular veñen de lonxe. As súas conexións son doadas de seguir nestas catro décadas de réxime autonómico. O caso da xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) é un exemplo máis.
As escaleiras do ambulatorio de Ribadeo cheas de excrementos (Foto: Concello de Ribadeo).
SOCIAL

Cae un teito do ambulatorio de Ribadeo por mor da acumulación de "quilos e quilos" de excrementos de pomba

Fontes da área sanitaria apuntaron que a zona na cal se produciu o desprendemento non era asistencial, aínda que as consultas da última planta, que requirían acceso a través da escaleira, foron trasladadas á primeira planta.
Estrella López-Pardo comparecendo na 
Cámara galega, nunha imaxe de arquivo (Foto: Xoán Crespo).
star
SOCIAL

Solicitan a comparecencia da xerente do Sergas polas ligazóns coa sanidade privada

Alfonso Rueda fecha filas coa xerente do Sergas mentres a oposición urxe a comparecencia de Estrella López-Pardo no Parlamento da Galiza para aclarar os seus vínculos co xerente da patronal da sanidade privada, do cal é irmá.
O enfermeiro Héctor CAstiñeira (Foto: Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo).
SOCIAL

O enfermeiro Héctor Castiñeira gaña a batalla xudicial contra o Sergas que o penalizara por criticar o sistema sanitario

O pasado mes de outubro, Castiñeira publicaba que o Sergas lle impuxera unha sanción despois de afirmar nun programa de La Sexta que “asinou máis de 500 contratos no sistema público de saúde en 14 anos”.
Centro de saúde de Ponteareas.(Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Bombeiros e policías tiveron que exercer de médicos cun paciente que finalmente faleceu tras demorarse a ambulancia en Ponteareas

O Goberno local demanda explicacións aos responsábeis da xestión do centro de saúde, situado a só 500 metros da vivenda do falecido.
A xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, en primeiro plano. (Foto: Xoán Crespo)
SOCIAL

Defensa da Sanidade ve "conflitos de interese" no vínculo familiar entre a xerente do Sergas e a patronal

"Evidencia as estreitas relacións e os conflitos de interese entre a Administración pública e a patronal de hospitais privados", afirma a asociación.
SOCIAL

ENQUISA | Que opinas do vínculo familiar entre a responsábel da sanidade pública e un dos máximos representantes da privada?

Estrella López-Pardo Pardo e Manuel López-Pardo Pardo non só son irmáns. Unha é xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) da Xunta da Galiza. O outro é xerente da Asociación de Hospitais da Galiza (Ahosgal), a patronal da sanidade privada galega. Desde a Consellaría de Sanidade evitan pronunciarse ao respecto, mentres a patronal defende que Manuel López-Pardo accedeu ao cargo con anterioridade ao nomeamento da súa irmá como xestora da sanidade pública.

E ti, que opinas ao respecto?

O socialista Julio Torrado, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PSdeG denuncia as "longas listaxes de agarda" en saúde mental

Torrado di que a Consellaría non garante "o dereito á atención".

A familia, a pública e a privada