Sanidade

A falla de profesionais provoca as listas de agarda en Atención Primaria (Foto: Europa Press).
Sanidade pública

61 das 343 prazas de Pediatría nos centros de saúde galegos non están cubertas por pediatras

Case cinco de cada 100 prazas desta especialidade están directamente vacantes.

Reunión da Mesa Sectorial esta quinta feira (Foto: Xunta da Galiza).
Sanidade

Estas son as melloras pactadas entre sindicatos e Sergas para profesionais da saúde

CIG, CCOO, CSIF, Satse e UXT, representados na Mesa Sectorial, alcanzaron na noite da quinta feira un acordo que implicará estender as melloras retributivas das gardas, a nocturnidade e os festivos a outros profesionais na sanidade pública ademais dos médicos.
As compañías ofrecen seguros de baixo custo e mesmo perden cartos a curto prazo para gañar clientes e subirlles o prezo máis tarde. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Auxe, problemas e trampas dos seguros sanitarios privados

Manuel Martín García é médico e portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública.
Reunión da anterior mesa sectorial de Sanidade, o pasado 14 de abril. (Foto: Xunta da Galiza)
TRABALLO

Acusan a CESM de pactar co Sergas "só unha subida de soldo"

Un acordo de carácter remunerativo puxo fin na madrugada da quinta feira á folga indefinida convocada en solitario pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) entre o persoal facultativo e o persoal médico residente do Sergas. Un acordo "clasista" e que "non resolve problemas", di a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, entidade que defende as mobilizacións convocadas para o día 26 por SOS Sanidade Pública polo futuro da Atención Primaria.
Edificio da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Europa Press)
Sanidade

Persoal médico na Galiza pon fin á folga após alcanzar un acordo coa Xunta

O acordo alcanzado co comité de folga abordarase esta quinta feira na Mesa Sectorial, principal órgano de negociación coa Administración onde están representados outros cinco sindicatos (CIG, CCOO, CSIF, Satse e UXT) pero non a CESM.
Concentración no Hospital Universitario de Ourense con motivo da folga do persoal médico convocada polo sindicato CESM na Galiza. (Foto: Agostime / Europa Press)
Sanidade

Persoal sanitario estuda accións legais ante os "servizos mínimos abusivos" cos que o Sergas "rebenta" a folga

A través dun comunicado emitido aos medios horas antes da primeira reunión que manterán ambas as partes desde o inicio do paro, CESM critica a "imposición unilateral" dos servizos mínimos por parte da Consellaría de Sanidade.
Os tempos de agarda reais para una cirurxía chegan a 365 días (Foto: Europa Press).
star
Sanidade

As listas de agarda sanitaria incrementáronse en 32.262 persoas en 2022

O Sergas vén de facer públicas as listas de agarda hospitalaria, que volveron marcar un rexistro histórico en 2022, último ano con cifras, ao sumar 380.717 persoas. Son 32.808 máis que no anterior exercicio. A tendencia semella lonxe de reverterse.
Persoal médico do hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), o pasado 11 de abril. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A folga de médicos na Galiza acumula máis de 1.200 cirurxías e case 24.000 consultas anuladas

Sanidade cifra en 11,69% o seguimento do paro este martes, dato máis baixo para a quenda de mañá desde o comezo da folga.

Imaxe dun colapso no CHUS (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS).
SOCIAL

A falta de persoal e a sobrecarga laboral complica garantir os dereitos das doentes

Reclaman máis recursos para a sanidade pública no Día Europeo dos Dereitos das pacientes.

Prohibido enfermar

Persoal médico do hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), o pasado 11 de abril. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A folga de médicos na Galiza abeira as 20.000 consultas anuladas e supera as 1.000 cirurxías suspendidas

Sanidade afirma que nesta quinta xornada de paro segue a baixar a participación.
Protestas do persoal de Povisa, onte en Vigo. (Foto: CIG)
SOCIAL

Desconvocada a folga no hospital Povisa após un preacordo que inclúe unha suba sa-larial de 4 % para 2023

O preacordo foi ratificado pola asemblea de traballadores e traballadoras do centro.
Reunión coa Mesa Sectorial, hoxe. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O Sergas propón contratar por dous anos persoal médico que remate o MIR

A Mesa Sectorial suxeriu unha nova reunión para o 20 de abril
Urxencias do hospital da Mariña (Foto: CIG-Saúde).
Sanidade

Denuncian fugas de persoal pola "inasumíbel carga de traballo" nas urxencias do Hospital da Mariña

Desde a CIG-Saúde A Mariña, exixen tamén á Directora do Distrito Sanitario da Mariña, María José Cortés Canay, que exerza as súas competencias e que dote dos recursos necesarios para garantir unha atención médica de proximidade.
Concentración en defenda da Atención Primaria en Outes. (Foto: Nós Diario).
Sanidade pública

Persoal sanitario mobilízase en defensa do sistema público

Traballadoras e traballadores da Atención Primaria e Hospitalaria da Galiza protagonizaron unha nova xornada de paro, protestas e reivindicacións.
Sala de espera do centro de Saúde do milladorio, no concello de Ames, comarca de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

A Atención Primaria ocupa 12% do gasto en sanidade, a metade do recomendado

Os centros de saúde conmemoran esta cuarta feira o Día Mundial da Atención Primaria con mobilizacións ás 12 horas.
Persoal médico do hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), o pasado 11 de abril. (Foto: Nós Diario)
Sanidade pública

Médicas mobilízanse para reclamar máis persoal ao Sergas

Primeira xornada da folga indefinida na sanidade convocada por CESM, que eleva o seguimento a 60% mentres a Xunta fala de só 14%.
O Ministerio propón un empaquetado xenérico para os cigarros. (Foto: Nós Diario)
Saúde

Empaquetados xenéricos, prohibición de aditivos e límites ao 'vapper': o Ministerio declara a guerra ao tabaco

O departamento agora dirixido polo compostelán José Miñóns somete a consulta pública a súa proposta para reformar a regulación do tabaco, cuxo consumo non decae dado que a nicotina segue a atraer, sobre todo, a xente nova.
12-F: Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela. (Foto: Arxina).
SOCIAL

SOS Sanidade Pública convoca concentracións para o 26 de abril en defensa da Atención Primaria

SOS Sanidade Pública lembra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) refírese á Atención Primaria como a "pedra angular" dos sistemas sanitarios e fixa unha serie de medidas a aplicar nos países de todo o mundo que comparte a plataforma.
As matronas impulsaron en Verín, ao longo de 2019, numerosas protestas contra o fechamento do paritorio. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

Un total de 213 concellos galegos carecen de matronas na Atención Primaria

As matronas desenvolven un papel básico para garantir a correcta saúde das mulleres. Porén, 68% dos municipios galegos non dispoñen deste servizo, ofertado por un persoal de enfermaría cada día máis envellecido, segundo advirte o propio colectivo.