selección

Selección feminina galega de Rugby en Lisboa
DEPORTES

Galiza xoga esta fin de semana o Campionato feminino de Rugby en Torrevella

Esta fin de semana a selección galega de rugby feminino ten unha cita en Alacant para disputar o torneo estatal no que tamén participarán Catalunya e Euskadi. As convocadas proceden dos equipos CRAT UDC, Zalaeta, Universidade de Vigo, Campus Ourense Rugby e Academia de Coimbra.
Catalunya-Nixeria
Països Catalans

Catalunya reivindica a independencia tamén coa súa selección

O amigábel de Nadal diante de Nixeria foi a primeira manifestación de apoio a un estado propio da sociedade catalá este ano que comeza. O partido rematou co resultado 1-1, no último encontro con Johan Cruyff como o seu seleccionador.
Galiza-Curdistán
Galiza

Mais, xogou a selección galega?

Once galeg@s saltaron ao campo este sábado coa camisola da selección de Galiza para xogar un partido contra o Curdistán. Centos de persoas asistiron ao encontro e milleiros seguírono polas redes sociais. Mais nos grandes medios, tanto privados como públicos da Galiza, o silencio sobre esta cita histórica foi total
Galiza-Curdistán
Galiza

A 'Irmandiña' vence 3-2 á selección curda, nunha xornada en que Galiza e Curdistán gañaron como nacións

A selección galega venceu, por tres tantos a dous, ao Curdistán, no partido xogado na Xunqueira, en Pontevedra. Mais o resultado foi o de menos nunha xornada na que deporte, festa e reivindicación déronse a man.
DEPORTES

Selección curda: "Non é só futbol, é reivindicar a nosa existencia como pobo, a nosa cultura, a nosa loita"

Os xogadores da selección de Curdistán recoñécense "emocionados" polo partido de fútbol que este sábado disputarán contra Galiza. Falan de deporte, mais tamén de política, de emigración, de cultura.. E recoñecen que o fútbol é un campo máis para reivindicar a existencia do seu país. Ou sexa, o mesmo que @s galeg@s reclamarán en Pontevedra o sábado.
DEPORTES

Siareir@s Galeg@s loita por manter vivas as nosas seleccións

Este ano celebrarán o 17º aniversario da súa fundación traballando na promoción e legalización das nosas equipas deportivas a nivel internacional. O día 29 de decembro organizan o partido Galiza-Kurdistán en Pontevedra.
Siareir@s Galeg@s
DEPORTES

Siareir@s Galeg@s publica o caderno do partido da selección

A organización do encontro amigábel entre as seleccións da Galiza e o Kurdistán publicou un caderno co programa de actividades, artigos e toda a información para quentar motores antes do 29 de decembro
CULTURA

O XII Festival da Terra e da Língua reivindica en Xubia as seleccións nacionais galegas

Un ano máis, a Fundaçom Artábria desenvolve o 21 de xullo a cita na que música, convivio, cultura e reivindicación van da man. Nesta edición, o lema escollido é "A nossa é a galega" e o lugar de celebración, Narón
DEPORTES

O alcalde da Coruña gasta 150.000€ nun amigábel de baloncesto da selección española

Mentres se fai este investimento nunha equipa española, os conxuntos locais que practican o deporte de base ven recortadas as súas subvencións e o montante destinado á súa promoción redúcese nos orzamentos
Rajoy coa selección española
DEPORTES

O grupo Mixto critica os 300.000 euros de prima da selección española

O grupo parlamentario Mixto, no que está o BNG, presentou unha proposición non de lei no Congreso exixindo “transparencia” e “austeridade” nas subvencións á Federación Española de Fútbol.
Acto reivindicando as seleccións galegas
DEPORTES

O BNG quer as seleccións galegas xogando torneos internacionais

Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera,  parlamentares do BNG,  lembraron a recente sentenza favorábel do Tribunal Constitucional.
Partido da selección catalá de fútbol
Països Catalans

As seleccións catalás poderán competir internacionalmente

O Tribunal Constitucional, máximo organismo xudicial español, rexeita a demanda presentada por Aznar en 1999 e pon como excepción que 'non se produza a confluencia dos seus intereses cos intereses propios do deporte federado español'
Un acto da Fundación para la Defensa de la Nación Española
POLÍTICA

Defensa da Nación Española estuda querelarse contra o BNG polo acto pro oficialidade das seleccións

Considera que @s deputad@s que apoiaron o acto promoveron diversos delitos (sedición, inicitación ao odio por razóns de orixe...) de cara á final da Copa do Rei que a sexta feira enfrontará o FC Barcelona e o Athletic de Bilbao
Foto oficial do partido de bèlit entre a selección de Galiza e a de Països Catalans. (Foto: Tamara Díaz)
DEPORTES

Galiza perde un amistoso de "bèlit " cos Países Cataláns

Coincidindo co derbi galego de fútbol entre o Celta e o Deportivo tivo lugar en Barcelona un encontro de bèlit, a billarda catalá, entre dúas seleccións de Galiza e Països Catalans. Non era a primeira vez que ambas as dúas formacións xogaban un amistoso. O resultado final desta vez foi de PPCC 575 – Galiza 550.