Defensa da Nación Española estuda querelarse contra o BNG polo acto no Congreso a favor da oficialidade das seleccións

Considera que @s deputad@s que apoiaron o acto promoveron diversos delitos (sedición, inicitación ao odio por razóns de orixe...) de cara á final da Copa do Rei que a sexta feira enfrontará o FC Barcelona e o Athletic de Bilbao
Un acto da Fundación para la Defensa de la Nación Española
photo_camera Un acto da Fundación para la Defensa de la Nación Española

A Fundación para a Defensa da Nación Española (Denaes) vén de presentar unha querela criminal contra membros dos colectivos catalán e vasco que apoian a oficialidade das seleccións deportivas de ambos os dous países por “promotores e instigadores do asubío á Coroa e contra o Himno Nacional do Estado español na final da copa do Rei, que vai ter lugar a sexta,  25 de maio en Madrid entre FC Barcelona e Athletic de Bilbao”. Unha querela que tería a súa raíz na comparecencia esta semana no Congreso de membros destes colectivos, xunto con representantes de Siareir@s Galeg@s, para reclamar que Galiza, Euskal Herria e Catalunya poidan competir oficialmente coas súas seleccións deportivas.

É máis, Denae afirma mediante un comunicado que “estuda ampliar a querela contra @s deputad@s que apoiaron” esa comparecencia, un acto en que estiveron presentes parlamentari@s de BNG, ERC, Amaiur, CIU e IC-V.

"Son una minoría frente a los millones de rojigualdas en las calles de España que apoyaron la selección en el mundial"

Delitos de “sedición e provocación ao odio por razóns de orixe”

A mencionada Fundación entende que nese acto se incitou a asubiar na final da Copa á Coroa e ao Himno Español. E iso, para este colectivo, representa toda unha serie de delitos: “Aldraxe a España e contra o Himno Nacional, provocación ao odio por razón de orixe nacional, delito de provocación á sedición e contra a orde pública, entre outras”. Cómpre lembrar que nesa comparecencia en Madrid, tanto desde Siareir@s Galeg@s como BNG se limitaron a defender o dereito da Galiza a poder competir con seleccións deportivas de forma oficial, nunha mensaxe que, como sinalou Davide Rodeiro, de SS.GG, "non vai contra ninguén, só queremos reclamar un dereito para o noso País"-

Para o responsábel do departamento xurídico de Fundación para la Defensa de la Nación Española, “os que asubían e amosan bandeiras secesionistas son unha minoría irrelevante e intransixente fronte á inmensa maioría de españois que nunha auténtica ‘marea roja’ apoiaron a selección española no Mundial, con millóns de ‘rojigualdas’ polas rúas de todas as cidades de España”.

Comentarios