Sermos Galiza

A galega Silvia Duarte reside en Alemaña desde hai dez anos.
SOCIAL

Silvia Duarte: "As noticias en galego eran localistas e centralistas até a chegada Nós Diario"

Aínda que naceu en Berna (Suíza) e leva dez anos de tradutora en Alemaña, Silvia Duarte medrou en Santa Comba e licenciouse en Tradución e Interpretación. En 2007 comezou a súa tese de investigación sobre a prensa galega, cuxa lectura analizou como dependente da española até a aparición en 2020 de Nós Diario. 
Imaxe da entrevista a Quintana Martelo que publica este sábado 31 de outubro 'Sermos Galiza'.
SOCIAL

Manuel Quintana Martelo: "Non me interesa o floreiro típico, interésame o obxecto como forma de traballo"

No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado 31 de outubro nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, Lois Alcayde Dans entrevista o pintor, ilustrador, escultor, cartelista e debuxante Manuel Quintana Martelo. Tamén poderás aprender máis sobre o nome co que deberíamos chamar a noite do 31 de outubro: o comercial Halloween, o celta Samaín, Defuntos ou noite dos mortos? Cóntanolo Uxía Castro. Tamén atoparás una reportaxe de Montse Dopico sobre a posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país, un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega.

Imaxe da entrevista a Lucía Aldao e Maria Lado que publica este sábado 24 de outubro 'Sermos Galiza'
SOCIAL

Aldaolado: "O noso humor non é o chiste polo chiste. Hai un fondo crítico"

No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, Montse Dopico entrevista Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado). Tamén poderás aprender máis sobre cogomelos e gastronomía nesta época do ano en que o monte é unha explosión de fungos. Nós, a revista que trouxo ares novos á Galiza abre este novo número do semanario, un artigo en que Xoán Costa achega varias chaves sobre a publicación que celebra o centenario da revista Nós (e que sairá co xornal o 30 de outubro) e que afonda tamén na participación de Carvalho Calero nela.

Processed with VSCO with nc preset
CULTURA

Alba Cid, ondeamos

Faia Díaz
SOCIAL

Faia Díaz: "No momento en que traemos a tradición á actualidade xa é moderna"

No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando a Nós Diario, Montse Dopico entrevista a artista Faia Novo. Tamén poderás aprender máis sobre as algas, de abono a alimento e elemento a protexer nas costas galegas; ou sobre Ramón de la Sagra no París revolucionario. 
Imaxe da entrevista a Olga Novo que publica mañá 'Sermos Galiza'. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Olga Novo, poeta: "A poesía é unha forma de ollar a vida e de estar nela a través do amor"

O semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando a Nós Diario, ofréceche unha entrevista coa poeta. Así mesmo, aprenderás máis sobre a vida das mariscadoras e os novos proxectos audiovisuais galegos.
sg4
CULTURA

Miguel Araújo: "Antes da covid-19 investir em cultura era política e eleitoralmente rentável mas agora é o contrario”

Dizem dele que é um dos melhores compositores da música portuguesa atual. Ana Moura, António Zambujo ou Carminho, entre outros grandes artistas, gravaram canções escritas por ele. Mas conseguiu também um grande sucesso no seu país pela sua trajetória como cantor e instrumentista. Prepara agora o seu quarto disco em solitário. Chama-se Miguel Araújo e é um de tantos músicos da lusofonia que, para os galegos, ficará sempre ligado ao festival Cantos na Maré, que este ano mudou o seu nome por Maré e trasladou-se a Compostela. Falamos com el no Sermos Galiza que se publica este sábado.

smg2609lauraLamontagne
CULTURA

Laura Lamontagne: “Mesturamos a música pop, hip hop e música feita por ordenador coas cantigas de amigo”

Todo semella acontecer espontaneamente no mundo artístico de Laura LaMontagne. Curiosa por natureza e coa experimentación por bandeira, flúe entre a música, a poesía e o audiovisual até desembocar en espazos sonoros que mesturan tradición e vangarda. Desde hai máis dun ano, colabora co DJ e produtor PicoAmperio e xuntos reinventan a lírica medieval galaico-portuguesa a través de ritmos urbanos, efectos electrónicos e unha potente voz chea de matices. Un proxecto retrofuturista que recibe as mellores críticas e non deixa indiferente ninguén

Sermos máis Nós

smg1909federicoRibas
CULTURA

Federico Ribas: Os trazos do terror

Seis ilustracións de Federico Ribas atopadas no Museo de Pontevedra outorgan unha nova dimensión ao legado artístico deste maxistral deseñador. Sermos Galiza achégase neste artigo ás circunstancias vitais do autor que, desde o exilio en Arxentina, elabora unha serie de estampas estarrecedoras, que beben do terror inspirado e recollido polos relatos que lle chegan do outro lado do océano, historias en imaxe da represión nesa distante Galiza. 
smg1909rosaliaFdezRial
CULTURA

Rosalía Fernández Rial: "A arte e o pensamento veñen de demostrar que son o único que nos pode salvar"

Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando. A súa poesía non é estática, atravesa o papel e invade todo o que fai: as performances, a investigación e o seu labor como docente en Cabana de Bergantiños. Conversamos con ela para debullar como a arte, o feminismo e a educación (e o uso do galego neste contexto) nos poden salvar do abismo en tempos convulsos.
smg1209melaniaCruz
Sermos Galiza, Melania Cruz
CULTURA

Melania Cruz: "No Reino Unido ves nenos de catro anos papándose un Shakespeare"

Melania Cruz recibe nesta edición do Festival Internacional de Curtamentraxes de Bueu, que arrincou onte, o Premio Cinema Galego. O recoñecemento a unha traxectoria na que a lucense que conta dous Mestre Mateo (Dhogs e Trote) e un María Casares (Xardín Suspenso) agocha unha persoa inconformista e crítica, namorada da súa profesión, que se dedicou á docencia e coloca a educación como chave para mudar realidades e avanzar en loitas tan abertas, constantes e complexas como a dos feminismos, na que unha das batallas máis difíciles é xustamente combater o aprendido.

sermos órgano
SOCIAL

Sermos Galiza: órganos na Galiza, tesouros agochados

As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario una reportaxe sobre os órganos e a súa tradición e vixencia, una conversa de vagar con Diego Martínez Penas, adestrador galego a triunfar no fútbol, e a resistencia musical ao vivo perante a pandemia.

nemésio Barxa
Sermos Galiza

Nemésio Barxa, avogado do pobo

Defender a Galiza, a cultura, o idioma e o pobo, pelexar en prol das persoas máis excluídas: labregas espoliadas por Fenosa, traballadores despedidos por Alcoa, vítimas da ditadura franquista... Eis a paixón e a vida do avogado Nemésio Barxa, que bota a ollada atrás para ver aquel neno nado en Caldesiños (Viana do Bolo), fillo de mestres da República; e para lembrar o Ourense onde logo medraría en contacto co antigo galeguismo e co novo nacionalismo. Con toda a súa bagaxe, Barxa conversa sobre a Galiza que vén, os novos retos e a situación da Xustiza
O actor Daniel Celester, que interpreta Moncho Reboiras. 
SOCIAL

Sermos Galiza: Moncho Reboiras, a historia en gran pantalla

As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo con Paula Cons, directora de ‘A illa das mentiras’, un percorrido por edificios que son paisaxe e debullamos ‘Reboiras. Acción e corazón’, o filme documental que se estrea este sábado.

Monte Pindo
SOCIAL

Imaxinario e identidade, unha das achegas do especial de Sermos Galiza 'Tecer a identidade galega'

O escritor e experto en etnografía Antonio Reigosa debulla o imaxinario e a identidade popular da cultura galega, “a esencia que amalgama e pon criterio”. Faino no número especial de Sermos Galiza para conmemorar os 100 anos do Día da Patria Galega que se publica este sábado, 25-X.

Fotografía histórica dunha marcha do Día da Patria polas rúas de Compostela
SOCIAL

100 anos de celebración do Día da Patria Galega: Unha viaxe ás orixes do día nacional da Galiza

Sermos Galiza lanza un número especial para conmemorar os 100 anos do Día da Patria Galega con contidos que viaxan desde os comezos desta celebración. Reproducimos a seguir parte dunha das reportaxes incluídas nese número, que se publica este sábado, 25-X.

2020072018000363153
Especial do semanario 'Sermos Galiza'

Tecer a identidade galega: 100 anos do Día da Patria Galega

Sermos Galiza lanza un número especial para conmemorar os 100 anos do Día da Patria Galega con contidos que viaxan desde os comezos desta celebración

sermos
SOCIAL

Sermos Galiza: Cazaestrelas, Antón Reixa e percorrido polas casas-museo da Galiza

As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo con Antón Reixa, unha reportaxe sobre ese patrimonio descoñecido que é o ceo galego e dámos unha ollada panorámica polas casas-museo da Galiza.

capa sermos
SOCIAL

Sermos Galiza: sobre os pasos do ferrocarril

As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo co arquitecto Manuel Gallego, unha reportaxe sobre as estacións de ferrocarril na Galiza e achegámonos até o culto á auga en Santa Eulalia de Bóveda.