Sermos Galiza

Xesús Alonso Montero
CULTURA

A dupla Alonso Montero-Rosario Álvarez, candidatura probábel do sector crítico a Ferrín na RAG

Como xa adiantou o semanario Sermos Galiza no seu número 39, sectores críticos con Ferrín preparan unha candidatura á presidencia da Real Academia Galega que encabezaría o profesor Alonso Montero (1928) e na que tería un papel moi relevante a directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez (1952). En frente terían unha listaxe que lideraría o actual tesoureiro da entidade e home próximo a Ferrín, Manuel González (1951).

Galiza

A Asemblea do BNG, a demisión de Ferrín e a Igrexa que queren os crentes de base, na capa do novo Sermos Galiza

A Asemblea Nacional do BNG é o tema de abertura do número 39 do Sermos Galiza, xa no prelo. O dereito a decidir, no horizonte, é a manchete a toda plana. Partilla espazo coa demisión de Ferrín, o copagamento dos comedores escolares e as arelas dos crentes de base por construír outra Igrexa, moi distante da que simboliza o flamante papa Francisco.
Galiza

Máis un Sermos Galiza nos quiosques

Os desafíos que enfrenta Venezuela após o falecimento de Hugo Chávez, a universidade entendida como un luxo ou os éxitos do rugby feminino galego centran a capa do número 38 de Sermos Galiza.
Galiza

O pésimo estado das rías galegas e a primeira mobilización conxunta do soberanismo galego, no número 37 do Sermos Galiza

O número 37 do Sermos Galiza xa está no prelo. O pésimo estado das rías galegas e a primeira mobilización conxunta do soberanismo galego son os elementos centrais da súa capa, ben como a grave crise que vive a Real Academia Galega (após a demisión de Ferrín) e a reforma da Lei de Costas do PP, un texto lexislativo que pon no mercado o litoral galego.
Galiza

A dignidade cidadá contra os desafiuzamentos, en destaque no número 36 de Sermos Galiza

A dignidade cidadá que por dúas veces foi quen de adiar o despexo de Aurelia esta semana é o tema que abre a capa do número 36 de Sermos Galiza, xa no prelo e esta sexta feira nos quiosques do país.
Galiza

Compostela acolle dúas presentacións de Sermos Galiza

A Asociación Cultural O Galo e a Facultade de Xornalismo organizan sendos actos de presentación do proxecto xornalístico.
Galiza

E Radio Sermos volve bourar!

Porque, como di Xurxo Souto, en materia de creatividade a Galiza é o centro, non a periferia, a música galega e en galego volve ás nosas ondas. 
CULTURA

Sermos Galiza afonda cun especial na figura de Ben-Cho-Shey

“Ben-Cho-Shey, o triunfo do ideal” é o título do especial co que o número 35 de Sermos Galiza se achega á figura do político, xornalista, etnógrafo e escritor galeguista. Artigos arredor da súa vida e traxectoria intelectual e política, imaxes singulares e textos inéditos compoñen o caderno especial.
Crânio de Castelao.
CULTURA

Sermos Galiza publica “O Crânio de Castelao”, um romance de 11 autores lusófonos, da Galiza ao Timor Leste

Onze autores, quatro continentes, cinco países e uma língua comum. A desaparição do crânio de Castelao do panteão de Bonaval coloca a andar a trama do folhetim que começa a se publicar no semanário Sermos Galiza, neste número 35 que já se acha nos quiosques.
Sermos Galiza
Galiza

O auditorio de Rianxo acollerá a presentación de Sermos Galiza

Esta sexta feira ás 17.00 horas.
Sermos Galiza
Galiza

Sermos Galiza enceta unha nova campaña de presentacións por todo o País

Esta quinta feira, primeira das presentacións da nova etapa do Sermos Galiza. Será esta tarde (20.30 horas) en Carballo, no Pazo da Cultura.
A Fondo
Galiza

“A Patria é a Lingua”, o A Fondo de Sermos Galiza fai unha aposta polo galego

O domingo 27 co lema “A lingua que nos une” Queremos Galego convoca a súa manifestación nacional en Compostela. Con esta data como horizonte, o “A Fondo” de Sermos Galiza ofrece artigos e diversos materiais que afondan na situación da nosa lingua.
semanario
Galiza

A lingua que nos une, principal argumento do número 32 de Sermos

A sociedade que quer galego está convocada este domingo a se manifestar en Santiago. O número 32 recolle a luva e dedica a nova entrega do suplemento AFONDO ás enerxías que hai neste país a prol da nosa lingua.
Galiza

Un novo deseño, un caderno de análise e información alternativa, no número 30 do semanario

O número 30 do Sermos Galiza sae do prelo cun novo deseño gráfico -máis claro, máis de vangarda- un caderno de análise de 8 páxinas e información alternativa.
Galiza

Unha morea de acontecementos desde que Sermos Galiza está na rede

Desde o nacemento da edición dixital de Sermos Galiza no mes de abril de 2012 moitos foron os acontecementos que seguimos no noso país. Eis aqui algúns deles a modo de lembranza de parte do traballo da redacción deste xornal.
Galiza

A redacción do Sermos deséxavos moi boas festas!


Benquerid@s leitor@s! Informámosvos de que este xornal ficará sen actualizar desde a segunda feira, 24 de decembro, ás 14h, até a cuarta feira, 26 de decembro, ás 8h. Lembrámosvos tamén que o noso semanario en papel non se publicará nin esta semana nin a que vén. O 11 de xaneiro volvémonos ver nos quiosques! BOAS FESTAS A TOD@S!!

SG29
Galiza

Xa tes un novo número do Sermos, o 29, no teu quiosque!

Unha análise de como e por que Galiza está a piques de desaparecer do mapa financeiro español, entrevistas a unha Nai da Praza de Maio e á maxistrada Ana López-Suevos, ou unha análise de como o discurso heteropatriarcal tamén aniña na crítica e canon literarios; son algundas das cuestións que che ofrecemos neste número, o 29, do Sermos. Mais nas páxinas atoparás moito máis: Política, cultura, opinión... Non o perdas, esta sexta, no teu quiosque
Portada 26
SOCIAL

Neste nº 26 de Sermos Galiza...

O rural e os problemas co leite centran as primeiras páxinas do último número de novembro. Falamos do choque coa xustiza do decreto da lingua, da investidura de Feijóo e analizamos os resultados das eleccións en Catalunya
Sermos Galiza, número 25
SOCIAL

Xa temos o nº 25 de Sermos Galiza!

Neste número o tema central son as mudanzas de pautas no consumo. As marcas brancas son o aforro real? Tratamos, ademais, as primeiras propostas da lexislatura que entran no rexistro do Parlamento e entrevistamos a Miren Etxezarreta, economista, sobre cal sería a solución de verdade para a crise.
SG
SOCIAL

Neste nº 24 de Sermos Galiza...

Falamos de como foi o 14N en Galiza e analizamos o inicio da nova lexislatura no Parlamento galego. Entrevistas a Xosé Manuel Beiras e Quico Cadaval ademais de preguntármonos sobre como nos rouban as entidades financeiras. Lembramos o Comandante Moreno e o Batallón Galiza ademais de tratar no rico panorama das bandas de música.