Sermos Galiza

Galiza

Queres prensa en galego? O nº6 de Sermos Galiza xa está nos quiosques!

O semanario céntrase desta volta nos recortes ideolóxicos anunciados polo Goberno español e nas repercusións que terán para o noso pobo. Mais tamén saímos fóra: debullamos o programa electoral de EH Bildu camiño dunha Euskal Herria soberana e de esquerdas. Ollamos o deporte que se fai no país, falando coa equipa nacional de Rugby-7. E mergullámonos no mundo das crianzas da man das maquetas de Wood Models, un proxecto nado en Outeiro de Rei
LINGUA

O número 5 de Sermos Galiza xa está nos quiosques e librarías

No número 5 de Sermos Galiza podes atopar temas como "Sairmos do euro para repensarmos Europa", "Terrorismo machista, ou como torcer a cara diante dun problema político", "A perna armada do españolismo" e "A película galega que as crianzas non poden ver".
Portada 4
SOCIAL

O número 4 de Sermos Galiza xa nos quiosques e librarías de todo o país

No número 4 de Sermos Galiza podes atopar temas como "A ofensiva do PP contra a lingua cumpre 5 anos", "Cando o darwinismo político manda", "Ano Vidal Bolaño: abrigo para o teatro" e entrevistas, entre outras, a Antía Cal e Xulia Alonso.
Xoán Costa, AS-PG
Galiza

Xoán Costa, novo conselleiro delegado de Sermos Galiza

O presidente da AS-PG substitúe a Néstor Rego, quen puxo o cargo a disposición do Consello de Administración da empresa tras ser nomeado secretario xeral da UPG no Congreso que a formación política realizou na pasada fin de semana
Portada do número 3 de Sermos Galiza
Galiza

Sermos Galiza chega de novo aos quiosques e librarías esta sexta feira

Este número conta cun especial sobre a criminalización da protesta e como chegan os recortes, tamén, aos dereitos civís e ás liberdades fundamentais. Entrevistamos a Néstor Rego, ex conselleiro delegado de Sermos Galiza e actual secretario xeral da UPG, e abordamos o intento de politización do Museo de Pontevedra por parte da Deputación.
Galiza

Néstor Rego deixa de ser conselleiro delegado de Sermos Galiza

Néstor Rego abandona o cargo de conselleiro delegado de Sermos Galiza, decisión que xa comunicou ao consello de administración da empresa.
RESCATE

Esta sexta nos quiosques, o número 2 de Sermos Galiza

Este segundo número achega reportaxes sobre o rescate, os congresos de MGS, e UPG, a presentación de Abrente, a educación infantil, o fútbol feminino ou a literatura, logo da entrega dos Premios Xerais.
Galiza

Esta sexta nos quiosques, o número 2 de Sermos Galiza

Este segundo número centra a súa atención no rescate da banca española por parte de Europa.
Galiza

Sermos Galiza cada sexta feira na rúa

O número 1 do semanario Sermos Galiza chega esta sexta feira aos quiosques en distribución polos principais puntos de venda de todo o pais. As persoas subscritas recibirán o xornal no seu domicilio coa distribución máis áxil para prensa

Sermos Galiza. Foto: TeT
LINGUA

Sermos Galiza estará nos quiosques o día 8 de xuño

Cada sexta feira desde o próximo día 8 de xuño os quiosques recibirán un novo número do semanario Sermos Galiza. As persoas que optaren pola subscrición terán no seu domicilio o xornal a través dun sistema áxil de distribución de imprensa que garantirá a chegada no mesmo día.
Aplicación Sermos
Ciencia

'Sermos Galiza' no teu smartphone

A edición dixital do semanario conta, desde hoxe, coa posibilidade de poder acceder a través dos teléfonos móbiles.
Sermos na manifestación
Letras e Ideas

A praza da Quintana festexa a saída de Sermos Galiza


A praza da Quintana, espazo emblemático do nacionalismo, festexou no Día das Letras Galegas a saída de Sermos Galiza. Co brazo ergueito enarborando o xornal, centos de persoas aplaudiron o seu nacemento.

Lendo 'Sermos Galiza' na manifestación de Queremos Galego
Letras e Ideas

Na rúa o número especial de 'Sermos Galiza'

A edición en papel de 'Sermos Galiza' tivo unha boa acollida no Día das Letras Galegas. Poderase descargar este especial desde a edición dixital.
rotativa
LINGUA

Número especial de 'Sermos Galiza' o 17 de maio

Distribuirase na manifestación de 'Queremos galego' en Compostela e en diferentes lugares do país.
LINGUA

Gaña unha subscrición a "Sermos Galiza" co Trivial da AS-PG

Para que Sermos Galiza chegue á túa casa podes cubrir o boletín de subscrición nesta páxina, ir ao quiosco mercalo a partir do 17 de maio ou xogar ao Trivial coa AS-PG. 

Sermos en tempos tépedos

É difícil atopar no tempo vital da nosa xeración, das xeracións vivas e mesmo das máis anellas, un momento tan cargado de sombras. As inevitábeis incertezas de todo tempo de cambio son hoxe angurias provocadas por un devalo que semella pór en causa moitas conquistas civilizatorias que por momentos crimos definitivas e destinadas a seren rapidamente superadas por novas conquistas.

Folerpas

Caeron as folerpas coas que eu soñaba. Olleinas no curuto de Montealegre e tirei monte abaixo ata Cruz Alta. Elas dixéronme o que segue. A etapa do petróleo remata e con ela adeus a financierización, ese vértice virtual do poder,; adeus ás multinacionais que acumularon a riqueza de tres cuartos do planeta Terra.
UNHA VOZ PROPIA PARA UN PAÍS CON FUTURO

Sermos Galiza xa na rede

O xornal Sermos Galiza estará na rede o día 26 de abril para saír como semanario en papel no mes de maio. Novecentas persoas accionistas constrúen un medio de comunicación como un proxecto colectivo para o futuro.

 

MEDIOS PROPIOS PARA UN PAÍS CON FUTURO

Sermos Galiza xa na rede

O próximo día 26 de abril Sermos Galiza estará na rede. Pouco despois, no mes de maio, verá a luz o xornal semanal en papel. Máis de novecentas persoas accionistas contrúen un grupo de comunicación con maior enerxía colectiva.