Xoán Costa, novo conselleiro delegado de Sermos Galiza

O presidente da AS-PG substitúe a Néstor Rego, quen puxo o cargo a disposición do Consello de Administración da empresa tras ser nomeado secretario xeral da UPG no Congreso que a formación política realizou na pasada fin de semana

O presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Xoán Costa, foi escollido este sábado conselleiro delegado de Sermos Galiza após de que o recentemente nomeado secretario xeral da UPG, Néstor Rego, puxese o seu cargo no Consello de Administración da empresa a disposición deste órgano de dirección.

Tras ser elexido secretario xeral da formación política, integrada no BNG, no Congreso que se realizou a pasada fin de semana, o que foi tenende de alcalde no Concello de Compostela solicitou ser relevado canto antes.

Comentarios