teatro

Un instante da obra que se representou durante a reunión decorrida en Braga. (Foto Rede da GaliLusofonía)
CULTURA

A Rede da Galilusofonía acorda crear un ciclo de teatro afeccionado

Anuncia un programa de actos para o Mes da Lingua, que será en maio para coincidir co Día da Lingua Portuguesa e o Día das Letras Galegas.
Representación de Cigarreiras no FIOT30 (Vanessa Rábade).
CULTURA

Cigarreiras, de Contraproducións, Premio do Público da 30ª FIOT de Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo deu a coñecer as obras galardoadas. A peza de autoteatro OldPlay, de Antón Concheiro, e a intérprete Sara Guerrero obteñen o recoñecemento das e dos asistentes á V edición do Certame de MicroEscenas Metro Cadrado.

O teatro, a política e a memoria

Lino Braxe. (Foto: Eduardo Castro Bal)
O Memorial Ibán Toxeiro rende tributo a un creador único e un activista incansábel

As mil caras de Lino Braxe

A morte levouno de forma prematura, mais a súa pegada quedou patente na poesía, no teatro, na música, nas artes... A Asociación Cultural Alexandre Bóveda lembra, na gala do Memorial Ibán Toxeiro, a poliédrica obra de Lino Braxe, creador e activista inesgotábel cuxa obra segue pendente dunha revisión a fondo. 
Millán Picouto.
star
Entrevistas

Millán Picouto: "O teatro, polo simple feito de estar en galego segue a ser un acto reivindicativo"

Afastado de modas, cultivador dun verso coidado, autor dunha obra que abrangue o traballo de máis de catro décadas, Millán Picouto (Ourense, 1949) dille adeus á escrita coa publicación das súas obras completas O macrocosmos (Linteo), un volume de máis de 1.200 páxinas que contén as trinta e tres pezas dunha obra dramática ambiciosa e coidadosamente planificada e seis libros de poemas.
Unha escena da obra de Chévere. (Foto: Tino Viz / Chévere)
Análise

Nunca Máis: o ruído e a furia dun pobo

Chévere vén de estrear na Galiza N.E.V.E.R.M.O.R.E., unha obra que lembra o sucedido a partir da catástrofe do Prestige, situando a memoria colectiva no centro dunha reflexión sobre un sistema que ditamina que todo o que se opón ao beneficio pode -ou debe- desaparecer.
O coordinador da programación, Xosé Aldea, coa alcaldesa, Inés Rei. (Foto: Andy Pérez) #maríacasares #acoruña #inésrei #cultura
CULTURA

A Coruña homenaxeará a actriz María Casares

O Goberno local de Inés Rei anunciou esta terza feira a súa intención de darlle un papel protagonista á actriz no ano 2022, co gallo do centenario do seu nacemento. A alcaldesa asegurou que esta "gran dama do teatro" merece que lle dean "o lugar que, por xustiza, lle corresponde". En consecuencia, tecerase unha ampla axenda cultural na cidade.
Unha imaxe dos ensaios de 'Semente de Nós'. (Foto: Denise Freire)
star
CULTURA

A revista Nós volve subir a escena

Cen anos despois da publicación do primeiro número da revista Nós, Sarabela Teatro sobe os seus protagonistas ás táboas para facer un relato de vida que rematou traxicamente en xullo de 1936. 
Artur Trillo e Toño Casais nunha escena da obra. Foto: Rubén Prieto
star
Teatro: 'A parábola do angazo', de Talía Teatro

O escenario paradoxal

O mecanismo é o de non subliñar demasiado situacións que non precisan de énfase: o anecdotario sobre o uso do galego dá, de seu, para un manual de socioloxía. Mais na teatralización abonda coa credibilidade que os actores lle outorgan ás personaxes, coa sutil crítica que se agocha detrás dun pretendido retrato de costumes.
Luma Gómez.
star
Entrevistas

Luma Gómez: "Fortalecer a identidade nacional a través da lingua e da cultura nunca formou parte do programa de goberno"

Con máis de cincuenta montaxes teatrais no seu haber e case cincuenta anos sobre as táboas, Luma Gómez recibiu o Premio de Honor da Fundación AISGE a unha traxectoria. A actriz Isabel Blanco destacou na entrega que Gómez "representa a máis pura nobreza do teatro galego" e describiuna como "Unha dama da escena que deixa un ronsel moi importante no seu percorrido vital". Mais a súa tamén é unha biografía de loita pola dignidade do teatro galego, pola consecución dos mínimos imprescindíbeis cos que o país se dotou para ter un teatro cunha identidade propia.
Unha escena de 'A lingua das bolboretas', de Sarabela Teatro,  nova Socia de Honra da Asociación.
star
Festival Internacional de Teatro de Ourense

Comeza o Fito de Ourense despois de recibir o premio Rodolfo Prada

O Festival Internacional de Teatro de Ourense comezou onte, despois de gañar o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural. Malia os conflitos co Concello, o festival resite e proxéctase na cidade.
 
Entrevista á actriz Luma Gómez. (Foto: Nós Diario) #lumagómez #teatro #sermosgaliza #castro #paraños
CULTURA

A actriz Luma Gómez, protagonista en Sermos Galiza

O número que sae do prelo este sábado tamén inclúe unha ampla reportaxe sobre a loita da veciñanza de Covelo pola reitoría de Paraños, que acabou sendo un hotel. Aliás, atoparás contidos sobre castros, deseño, arquitectura, rutas, música... Non perdas a oportunidade de gozar do teu tempo de lecer co semanario!
Un instante da montaxe de 'A lúa vai encuberta'. (Foto: Lucía Regueiro) #ponteatro #teatro #alúavaiencuberta #manuelmaría
CULTURA

Pontevedra reinicia a aposta na cultura escénica

O evento Ponteatro, que comeza o día 14 de outubro no Teatro Principal, conta xa con cinco citas confirmadas. O ciclo, que reforza a aposta na cultura escénica do Concello de Pontevedra e tamén o aprecio da cidadanía por este tipo de arte, xa tivo moito éxito antes do verán.
Unha representación da entidade nunha edición pasada do FIOT. (Foto: Escena Galega) #teatro #escenagalega #fiot
CULTURA

Estratexias teatrais para loitar contra os efectos da Covid na cultura

O sector das artes escénicas manterá un encontro profesional para analizar a súa realidade actual e o seu futuro no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), de Carballo. As e os traballadores deste ámbito poden participar da sesión, que decorrerá o 14 de outubro, para achegar as súas reflexións sobre os cambios que implica a pandemia.
Jorge Rey.
star
Galicreques desenvólvese do 9 ao 17 de outubro

Jorge Rey, director de Galicreques: "O futuro do teatro de monicreques está garantido"

Galicreques volve converter Compostela na capital do teatro de monicreques. O festival retoma a normalidade despois de facer 25 anos na edición de 2020, no medio das duras restricións que impuxo a pandemia. Jorge Rey, o seu director, prefire mirar cara a adiante e fixarse no futuro da profesión, nas compañías novas que permitirán que o xénero siga a medrar no país. Do 9 ao 17 de outubro, máis de 50 funcións presentarán espectáculos procedentes de, entre outros, Xapón, Polonia, Brasil, Bélxica, Ecuador, Francia ou Portugal, ademais de mostrar unha completa panorámica do que se está a facer na Galiza. 
 
Leo Bassi participará na Miteu coa montaxe 'Eu, Mussolini'. (Foto: Leo Bassi).
CULTURA

O festival Guerrilla bota a andar en Pontevedra co 'Mussolini' de Leo Bassi

Faladoiros, poesía, teatro e música completan o programa desta primeira edición do festival Guerrilla.
Artur Trillo e Toño Casais nunha escena da obra. Foto: Rubén Prieto
A compañía estrea 'A parábola do angazo' no Festival Internacional de Teatro de Carballo

Talía Teatro saca a lingua a pacer

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) presenta hoxe a estrea do último espectáculo de Talía Teatro, A parábola do angazo, na que a compañía volve a un dos seus temas predilectos: a lingua. Un espectáculo de pequeno formato que ía para monólogo mais que foi medrando para atopar interlocutor. 
Espectáculo 'Sorrisos' que Teatro Só levara a Maia. (Foto: FITCM)
CULTURA

Cinco compañías galegas incorpóranse ao cartel do Festival de Teatro Cómico da Maia

A XXVI edición do evento, que comeza esta sexta feira 1 de outubro, contará con 25 grupos.
'Déjà vu', de Manolo Alcántara abre o Programa de Sala do FIOT de Carballo (Foto: Erin Bassa).
CULTURA

A estrea absoluta de 'O espello que arde', de María Lado, e outros pratos fortes do FIOT

A obra 'Déjà vu', de Manolo Alcántara, abre o Programa de Sala nesta primeira fin de semana de outubro do FIOT30. Ademais, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo tamén acolle dúas estreas absolutas na Rúa dos Contos: 'A parábola do angazo', de Talía Teatro e 'Desta sairemos mellores', de Ángela Triana. 
 
Imaxe do espectáculo 'Technocracia', que estará no mercado carballés. (Foto: Rubén Ruibal)
CULTURA

A Rúa dos Contos abre paso para o XXX Festival Outono de Teatro de Carballo

A programación desta cita internacional principia esta sexta feira, 24 de setembro.