traballo

freiremar
SENTENZA DA AN

Audiencia Nacional tomba o ERE de Freiremar que despediu 101 traballador@s en Galiza

A resolución declara nulo o expediente por entender que a empresa negociou “de mala fe” e facilitou información económica “escasa e incompleta”.

salario-minimo-2014
TRABALLO

Menos salario e menos horas de traballo após as reformas laborais

Galiza sitúase como o cuarto territorio co salario hora máis baixo do Estado. Ao tempo, o número de horas efectivas de traballo tamén se reduce, o que atinxe as pensións a longo prazo.

LUGO
ECONOMÍA

"A reforma do IRPF promovida polo PP prexudica fortemente as rendas do traballo"

A CIG mobilizouse esta terza feira (7 de outubro) contra a mudanza lexislativa aprobada polo Partido Popular e que reduce os tramos de escala do IRPF e os tipos aplicados a cada tramo. 

2013 08 09 Valle Inclan 000.grande
TRABALLO

A Consellaría de Traballo, xulgada por malversación na residencia Valle-Inclán

O xulgado de instrución nº3 de Compostela admitiu a trámite a querela presentada pola CIG. A Fiscalía pide a inhabilitación dos xerentes da residencia.

George Mavrikos e Arménio Carlos
TRABALLO

FSM chama á unidade do sindicalismo de clase para combater o desemprego con traballo digno

A Federación Sindical Mundial realizou unha Conferencia Sindical Internacional na vila de Palmela, coa participación de decenas de organizacións sindicais, entre elas a CIG como convidada.

pesca, barco, mar
J.A. ORDóñEZ, 'XEITEIRO'

''Aplícannos aos mariñeiros a lei de Murphy: algo vai mal?, pois que lles vaia aínda peor''

O ‘xeito’, arte tradicional de pesca coa que faenan 428 barcos galegos está condenado a desaparecer a partir do 1 de xaneiro por mor dunha proposta da UE que cae como unha bomba en vilas como a de Rianxo.

Protesta3
TRABALLO

Os traballadores de Navantia esixen explicacións polo desvío de bloques do flotel

Perto de dous milleiros de traballadores ocuparon durante aproximadamente media hora o Taller de Elaborados do estaleiro.

Citroën
TRABALLO

Citroën leva unha semana sen cumprir a súa promesa de dialogar sobre os despidos

A CIG retomou as concentracións en demanda da readmisión de dous traballadores, que suspendeu uns días ante o anuncio dunha negociación coa empresa que aínda non se produciu.

Mobilización de Navantia
A CIG PIDE QUE SE POTENCIE O PAPEL DO ESTELEIRO NO SECTOR DAS REPARACIóNS

Cara á unha Navantia só militar?

Un acordo aprobado neste verán no Consello de Ministros que asigna ao Ministerio de Defensa toda a responsabilidade de ‘’planificación, control, dirección e execución’’ leva ao comité a pedir unha reunión urxente. A CIG tema as consecuencias da medida aprobada ''en período de vacacións e pouco menos que a escondidas''. 

Protesta contra o machismo empresarial en Abanca
O SERGAS CONSIDEROU “NON APTA” A UNHA TRABALLADORA POR ESTAR EMBARAZADA

Sen dereito ao traballo por ser muller

A CIG denuncia que Abanca incorre en discriminación machista na aplicación do ERE.

TRABALLO

O comité cualifica de chantaxe a actitude de Viaqua na negociación do convenio

O comité de empresa de Viaqua (antiga Aquagest) manterá a vindeira sexta feira en Pontevedra unha nova reunión coa dirección para tratar de avanzar na negociación do convenio colectivo.

cig
TRABALLO

O persoal de BIS Galiza irá á folga a partir do martes

O persoal da empresa alemá radicada en Narón foi chamado a unha folga indefinida contra o acordo que no Estado asinou CC.OO, que é rexeitado pola CIG.

TRABALLO

Cae, após 40 anos de vida, outra auxiliar do naval ferrolán

Outra empresa histórica do auxiliar ferrolán anuncia o seu peche pola falta de encargos dos estaleiros públicos, situación que deixará sen traballo a 75 persoas.

TRABALLO

As autoridades queren agora atopar "responsabilidades penais" pola folga do lixo en Lugo

A Guardia Civil entrou no concello en busca de documentación a instancias dun xulgado local, namentres continúa unha dura campaña mediática contra @s folguistas que mantiveron case dous meses de mobilización.

TRABALLO

A EPA indica que Galiza perdeu 13.900 persoas ocupadas no último ano

A cifra de desempregad@s reduciuse en 12.600 persoas neste trimeste, deixando a cifra de persoas no paro en máis de 284.000.

vigo
TRABALLO

Centos de persoas fan fronte en Vigo á represión laboral

Unha manifestación pola readmisión dos despedidos en Citroën e de apoio aos folguistas de fame percorreu Vigo no serán desta terza feira. Durante a xornada, decorreron concentracións por todo o país perante concesionarios da marca.

TRABALLO

O Concello anuncia a intervención da concesión do servizo de lixo de Lugo

O alcalde anuncia que a vindeira segunda feira a empresa Tragsa comezará a recoller residuos dos 'puntos de risco sanitario' e a facer cobertura de servizos mínimos.

TRABALLO

Citroën impide a entrada a un médico de confianza dos operarios en folga de fame

A CIG critica a medida da empresa e anuncia que intensificará a campaña de denuncia da “política represiva” que, afirma, impera na factoría viguesa.

TRABALLO

Inspección de Traballo redixe acta de infracción a Urbaser por contratar furagreves

Após a denuncia presentada polo comité de folga Inspección de Traballo sinala que a concesionaria cometeu unha infracción por vulnerar o dereito a folga do plantel ao contratar persoal foráneo para recoller os desperdicios. 

CIG
TRABALLO

Hospitalizados os operarios de Citroën en folga de fame

Henrique e Miguel estaban en greve de fame desde hai unha semana contra o despedimento de dous traballadores. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, confirmou que o protesto continuará da man doutros 2 compañeiros da central nacionalista. VÍDEO NO INTERIOR.