SENTENZA DA AN

Audiencia Nacional tomba o ERE de Freiremar que despediu 101 traballador@s en Galiza

A resolución declara nulo o expediente por entender que a empresa negociou “de mala fe” e facilitou información económica “escasa e incompleta”.

Freiremar

A Audiencia Nacional (AN) española vén de declarar nulo e Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que supuxo o despedimento da práctica totalidade do cadro de persoal da empresa galega Freiremar, a cuarta pesqueira do Estado español. A decisión supuxo o despedimento no conxunto do Estado de 300 traballadores, 101 deles en Galiza. A resolución xudicial establece que as negociacións foron “de mala fe” e que a información económica facilitada pola dirección foi “escasa e incompleta”.

“Limitáronse a cubrir os trámites sen ofrecer marxe de negociación nin non postos de traballo nin nas indemnizacións coa idea de que rematase sen acordo e poder aplicalo”., valoran desde a CIG. A isto engádense aspectos como a escasa información económica achegada, o incumprimento de prazos para conformar a comisión negociadora, ou irregularidades en aspectos do grupo de empresas. “A representación sindical descoñecía que a empresa incluíra sete sociedades -as que estaban con ERE ou en concurso- dentro do mesmo grupo, deixando fóra outras compañías”.

Os representantes do comité indicaron que contra a decisión xudicial que anula o ERE e establece a readmisión dos traballadores e traballadoras aínda cabe a posibilidade de presentar recurso de casación nun prazo máximo de cinco días, “aínda que para facelo a empresa terá que depositar os salarios de tramitación de todo o cadro de persoal correspondentes a once meses”.

Comentarios