Hospitalizados os operarios de Citroën en folga de fame

Henrique e Miguel estaban en greve de fame desde hai unha semana contra o despedimento de dous traballadores. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, confirmou que o protesto continuará da man doutros 2 compañeiros da central nacionalista. VÍDEO NO INTERIOR. 

Imaxe CIG
photo_camera [Imaxe CIG]

Os dous membros da sección sindical da CIG en PSA-Citroën que iniciaron unha folga de fame hai unha semana como medida de protesto polo despedimento de dous traballadores afiliados do sindicato nacionalista están hospitalizados. Mais isto non implica o final desta medida de protesta, pois serán relevados por dous compañeiros, tal e como recoñeceron desde a propia CIG.

O secretario xeral da central, Suso Seixo, que formaba parte da representación da Executiva confederal que esta terza feira se desprazou até Vigo para animar a Henrique Pérez e Miguel da Pía, explicou que ambos os dous foron trasladados ao Hospital Xeral de Vigo a primeira hora desta terza polo “deterioro” no estado de saúde. Pérez e Da Pía permanecen en Observación e sometidos a diversas probas.

Seixo sinalou que a mobilización “non acaba aquí” e xa anunciou que outros dous compañeiros tomarán o relevo. O secretario xeral suliñou que a central lvai manter as protestas e mobilizacións contra o "ritmo de traballo abusivo" que, denuncia, está a impoñer a dirección da factoría de Citroën en Vigo, ademais de denunciar que os afiliados á CIG son obxecto de "persecución" por parte dos responsábeis da pranta.

Comentarios