A EPA indica que Galiza perdeu 13.900 persoas ocupadas no último ano

A cifra de desempregad@s reduciuse en 12.600 persoas neste trimeste, deixando a cifra de persoas no paro en máis de 284.000.

Os dados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) indican que o paro descendeu en Galiza en 12.600 persoas no segundo trimestre do ano respecto os tres primeiros meses de 2014. Unha baixa do 4,4%. O número de parad@s no noso país é de 284.300, o máis alto entre os territorios da contorna.

Nestes últimos 12 meses hai en Galiza 6.000 persoas menos no desemprego, indica a EPA. Mais, e como tamén recolle esta enquisa, nese mesmo período o noso país perdeu 13.900 ocupados. Son 991.500 persoas ocupadas en Galiza fronte 284.300 no desemprego. A taxa de actividade está no 53,85 por cento e do paro en 22,29 %.

Para a CIG, a EPA do II Trimestre "retrata a grave situación do mercado laboral en Galiza". Sostén que os dados indican que o emprego que se creou "é temporal e de carácter puramente estacional, que houbo un incremento do desemprego de moi longa duración e que hai un total de 93.700 fogares con todos os seus activos no paro só se pode concluír que estamos ante un panorama dramático".

Comentarios