Unión Europea

Unha muller traballando nunha oficina (Foto: Tasty Content).
TRABALLO

A inclusión de xénero nas tecnolóxicas melloraría a economía da UE

O PIB da UE medraría en 600.000 millóns de euros se se duplicase a cota feminina nos empregos tecnolóxicos para 2027.
O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciaron a segunda feira o acordo en Londres. (Foto: Dan Kitwood / PA Wire / dpa)
star
INTERNACIONAL

A UE e o Reino Unido fechan un acordo sobre o protocolo de Irlanda do Norte

Após desbloquear as negociacións a saída de Boris Johnson do 10 de Downing Street, sede oficial do primeiro ministro en Londres, o acordo coa UE permite albiscar amais da normalización das relacións o desbloqueo político en Irlanda do Norte.

Unha agresión sionista a Galicia

Dous mariñeiros recollen redes de pesca de arrastre. (Foto: Os mares de baixura).
star
ECONOMÍA

A UE insta os Estados a prohibir a pesca de arrastre en 20% das augas mariñas en 2024

A Comisión Europea instou os Estados da UE a prohibir a pesca de arrastre en 20% das súas augas territoriais antes de marzo de 2024. Esta medida enmárcase no plan de Bruxelas para acabar con esta arte pesqueira nas zonas mariñas protexidas en 2030.
Ana Miranda, do grupo parlamentario dos Verdes / Alianza Libre Europea. (Foto: OV/ALE)
INTERNACIONAL

A Eurocámara pedirá explicacións a Israel tras expulsar a Miranda

A presidenta do Parlamento, Roberta Metsola, reunirase cos líderes dos diferentes grupos parlamentarios para abordar o caso e estudar posíbeis medidas para "evitar que volva suceder".
A ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, esta segunda feira nunha conferencia (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
ECONOMÍA

O Ministerio ve asegurado o corredor de hidróxeno pese á aposta nuclear gala

Francia defende o transporte de combustíbel de orixe atómica polo H2Med.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Ana Miranda voltará a Palestina cunha delegación europea oito anos após ser deportada polas autoridades de Israel

"Prometín que volvería e así será", celebra Ana Miranda.

A UE delirante

#caza #cazador #disparo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A munición de chumbo, prohibida desde hoxe nas zonas húmidas

Ecoloxistas instan a estender a prohibición do chumbo a outros ámbitos alén da caza por mor da súa alta toxicidade.
Panorámica da cidade da Coruña. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

O alugueiro na Galiza: soben os prezos, cae a oferta e faltan máis de 180.000 vivendas para igualarse a Europa

Galiza é un dos territorios do Estado que máis precisa incrementar a súa oferta de vivendas en réxime de alugueiro, segundo un estudo.

Futuro verde para quen?

A Unión Europea quere reducir en 55% as emisións contaminantes con respecto ao ano 1990 de cara ao horizonte de 2030 (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

A comercialización de vehículos de combustión ficará prohibida na UE a partir do ano 2035

Nunha votación realizada esta terza feira en Estrasburgo, unha maioría ampla da Eurocámara deu o seu visto e prace á prohibición da venda de vehículos de combustión na UE a partir do ano 2035. A nova norma para o impulso do coche eléctrico inclúe o veto futuro dos vehículos de gasolina e gasóleo, así como dos híbridos.
Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Suspenso da UE á Xunta en calidade dos servizos públicos e imparcialidade

Suspenso da Administración galega en calidade de servizos, en imparcialidade e en corrupción. Tres campos nos que a Xunta da Galiza obtén resultados por debaixo da media da Unión Europea (UE) cando en 2009 a valoración superaba a media. Son algúns dos resultados que deita o Índice Europeo de Calidade do Goberno, que recompila as opinións de máis de 129.000 enquisados nun total de 208 rexións que fan parte dos 27 Estados da Unión Europea.
No centro, Volodimir Zelenski e Charles Michel, canda outros líderes europeos. (Foto: Dario Pignatelli / EU Council / DPA)
INTERNACIONAL

Zelenski urxe desde Bruxelas aos Estados da UE que envíen cazas a Kíiv

"Vin disposición a mandar apoio e armas necesarias, incluídos os avións de combate", salientou o presidente ucraíno.
Rescate en Hatay, Turquía. (Foto: Berkcan Zengin / Zuma Press / ContactoPhoto)
INTERNACIONAL

Siria denuncia que os Estados Unidos e a UE non ofreceron axuda despois dos terremotos

Case 21.000 mortes polos efectos dos sismos, recolle a última actualización das autoridades turcas e sirias, mentres, Damasco reporta que os países occidentais non lle ofreceron axuda, canalizando apenas cara á Turquía a asistencia humanitaria.
Mapa de Eurostat sobre a taxa de empregabilidade en Formación Profesional (Foto: Eurostat).
TRABALLO

Galiza é das rexións da UE con menor inserción laboral na FP

A Galiza é un dos territorios da Unión Europea onde as persoas tituladas en Formación Profesional presentan unha menor taxa de emprego, segundo se recolle no Anuario 2022 que publica a oficina de estatística da UE, Eurostat. Esa taxa fica por baixo de 57%, o único territorio do Estado español en que Eurostat detecta isto.
Central nuclear de Ascó, en Tarragona. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Greenpeace leva a Comisión Europea aos tribunais por denominar 'enerxías verdes' o gas e a nuclear

"Os mesmos contaminadores que Ursula von der Leyen quere premiar cunha etiqueta sostíbel son os responsábeis de moitas das terríbeis dificultades que enfronta a xente hoxe en día, como o aumento dos prezos e a emerxencia climática", advirte o colectivo ecoloxista.
Descarga de peixe no porto de Ribadeo, na Mariña. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

A pesca, feito diferencial e estratéxico de Galiza

Torcuato Teixeira é avogado especialista en Dereito Pesqueiro.
Cascallos dun edificio derribado polo terremoto de onte en Alepo, Siria, durante os traballos de busca e rescate de superviventes. (Foto: SANA/dpa)
star
INTERNACIONAL

Case 5.000 mortes polos terremotos que afectaron Turquía e Siria

Un terremoto deixa milleiros de vítimas mortais nas rexións fronteirizas de Turquía e Siria, onde viven millóns de refuxiados pola guerra neste último país a ambos os dous lados dos lindes. Varios Estados desprazaron equipos para colaborar no rescate.

A extradición de Puigdemont, máis lonxe