USC

O Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García (Foto: Xoán Crespo / Europa Press)
LINGUA

Xunta e USC asinarán a próxima semana o primeiro convenio do proxecto para que Siri e Alexa falen galego

A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinarán a próxima semana o primeiro convenio para o desenvolvemento do programa que pretende introducir a lingua galega nas contornas informáticas nos que os usuarios interactúan a través da voz, como as aplicacións Siri ou Alexa.

Imaxe da campaña (USC)
SOCIAL

"A boa medicina" fala galego

Unha iniciativa da USC que se estenderá até o mes de decembro defende, a través de frases ligadas coa estratexia de relacionar o respecto lingüístico e o coñecemento, o uso da lingua no exercicio da profesión médica.
Natalia Lima (sexta pola esquerda) forma parte do grupo de Metabolismo Molecular da USC. (Foto: Nós Diario) #ciberobn #usc #investigación #natalialima
Natalia Lima é investigadora

Natalia Lima: "Este momento histórico é moi importante para a Galiza no ámbito da investigación científica"

O grupo de Metabolismo Molecular do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela (Cimus) e o CIBER de Obesidade e Nutrición (Ciberobn) veñen de desenvolver un estudo no que se descubriu un novo albo implicado no desenvolvemento da enfermidade do fígado graxo non alcohólico, para a que, polo momento, non existe tratamento. Foi publicado nunha das revistas máis relevantes neste campo de investigación, Journal of Hepatology.  
Man artificial (Pixabay)
SOCIAL

A USC analizará os riscos e as potencialidades da Intelixencia Artificial

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) tratará con expertas e expertos a importancia de regular a Intelixencia Artificial, cada vez máis presente na nosa vida cotiá.
Adrián Casanova, no centro, cos directores da súa tese, Paulino Martínez (esquerda) e Manel Vera (dereita). (Foto: USC) #usc #bioloxía #investigación
Adrián Casanova é biólogo

Adrián Casanova: "A falta de financiamento acaba por afectar o tamaño e calidade das investigacións"

O biólogo monfortino Adrián Casanova Chiclana vén de desenvolver unha tese de doutoramento en Veterinaria do Campus de Lugo da USC na que se emprega por primeira vez unha aproximación xenómica en poboacións de troita común para “avaliar o grao de diversidade xenética, a estrutura poboacional ou os patróns de hibridación natural e introgresión derivada de soltas de piscifactorías” destes salmónidos. Estivo dirixido polos profesores da área de Xenética da USC Manel Vera e Paulino Martínez.
Marisqueo na parroquia de Esteiro, Muros (USC/ Arquivo).
SOCIAL

Un estudo da USC pide "consolidar a sustentabilidade" da pesca artesanal

Destaca a "resiliencia" diante a redución de orzamento público.
Paciente de Covid-19 nunha imaxe de arquivo. (Foto: Halfpoint)
SOCIAL

Os supercontaxios, máis relevantes na difusión da Covid que as variantes

Un estudo da USC responsabiliza o comportamento social do éxito dunha ou outra variante de Covid-19, apuntando que os datos cos que contan minimizan o impacto das características propias de cada unha en detrimento do efecto das persoas supercontaxiadoras.
Cartaz publicitario da II sentada dos estudantes. (Foto: Asemblea de Maxisterio e Asemblea de Estudantes de Educación Social e Pedagoxía Reivindica)
SOCIAL

Estudantes da USC convocan unha segunda sentada para reclamar a "presencialidade" nas aulas

Acusan o decanato da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de "atentar contra os dereitos fundamentais do alumnado" por prohibir o uso de varios espazos de reunión e traballo.
Esteban Sinde Pompei, director de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Grupo Hifas. (Foto: Nós Diario) #estebansindepompei #investigación #innovación #grupohifas
O doutor Esteban Sinde é cofundador do Grupo Hifas

Esteban Sinde: “Non podemos querer ser vangarda tecnolóxica investindo a metade do que outros países"

O Grupo Hifas, unha empresa da incubadora BioincubaTech, que é  promovida pola USC, vén de elaborar un nutracéutico a partir de fungos medicinais. Trátase dun estudo pioneiro no eido da oncoloxía que está en marcha agora mesmo no Hospital Universitario de Ourense con 144 pacientes. O cofundador e director de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Grupo Hifas, o doutor Esteban Sinde Stompel, explica e analiza a importancia desta investigación.

7 dos 77 haikus

Concentración do alumnado de Medicina nas aulas do edificio docente Novoa Santos (Foto: Arxina).
SOCIAL

O alumnado de Medicina recupera 100% das prácticas clínicas e abandona a folga

En menos de 24 horas, estudantes dos cursos superiores de Medicina da USC lograron o seu obxectivo: o compromiso do Decanato de rescatar o máis axiña posíbel a formación íntegra do alumnado en centros hospitalarios.

 

Protesta do alumnado de Medicina diante do edificio docente Novoa Santos Foto: Arxina).
SOCIAL

O alumnado de Medicina mobilízase para exixir unha formación práctica íntegra e de calidade

Coincidindo co inicio do curso universitario, alumnado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela convoca unha xornada de folga para reclamar "unha formación digna e de calidade".
César Domínguez foi nomeado en 2016 catedrático honorario da Universidade de Sichuan, na China (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O profesor da USC César Domínguez, acusado de "antisemita" polo título dun curso de literatura

Ante as graves acusacións vertidas desde asociacións pro-Israel de todo o mundo, decidiu suspender o seu seminario 'Auschwitz/Gaza: un campo de probas para a literatura comparada'.

Coller a maleta

Erik Carlsson-Brandt Fontán defendeu a súa tese sobre o poboamento rural na Galiza romana. (Foto: Xosé Barros Blanco)
MEMORIA E HISTORIA

Erik Carlsson-Brandt: "As institucións públicas deben fomentar o coñecemento do pasado da Galiza"

O 21 de xullo o historiador Erik Carlsson-Brandt Fontán defendeu a súa tese de doutoramento. O traballo de investigación, baixo o nome ‘Arqueoloxía do Poboamento Rural na Galiza Romana: as Villae e outras formas de ocupación do espazo (s. I-V d.C)', foi dirixido polos profesores Fermín E. Pérez Losada e José Manuel Caamaño (quen non puido ver os resultados da investigación tras falecer en 2019). O traballo desenvolveuse no eido da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS).
A profesora e investigadora do ALGa, Rosario Álvarez. (Foto: Fundación Barrié) #lingua #galego #rosarioálvarez #alga #atlaslingüísticogalego #serhumano
LINGUA

O ‘ser humano’ incorpórase ao Atlas Lingüístico Galego

O novo capítulo da colección realizada polo Instituto da Lingua Galega e editada pola USC e a Fundación Barrié inclúe aspectos relacionados coa familia, a vida social ou os oficios.
A tese de doutoramento foi defendida na Facultade de Medicina por Ana Belén Cid Álvarez. (Foto: USC)
SOCIAL

Ana Belén Cid: "Nas escolas estaría ben ensinar como se fai a reanimación cardiopulmonar"

Ana Belén Cid Álvarez, investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do Centro de Investigacións Biomédicas en Rede de Enfermidades Cardiovasculares (CIBERCV), presentou unha tese na que incide na necesidade dunha maior educación sanitaria para lograr un diagnóstico precoz dos infartos agudos de miocardio. Nesta investigación tomou parte a USC analizando máis de 2.000 pacientes atendidos na área sanitaria compostelá durante a década 2008-2018.  
Lourdes Vázquez Oderiz, profesora do grao en Nutrición Humana e Dietética, no campus de Lugo da USC (USC).
SOCIAL

Lourdes Vázquez: "Polos datos que temos, podemos dicir que os galegos non comemos correctamente"

Desde 2010 varias promocións de nutricionistas saíron do campus de Lugo da USC. A profesora Lourdes Vázquez Oderiz sábeo ben e confía en que axuden a poboación a adquirir hábitos de alimentación saudábeis. Cos datos na man, esta docente asegura que consumimos en exceso carne e os seus derivados. Pola contra temos pendente achegarnos máis ás froitas, ás hortalizas e aos legumes.
A pandemia ten disparado as desigualdades na Galiza. (Foto: Nós Diario) #desigualdadesocial #desigualdade #pandemia #salarios #pobreza
ECONOMÍA

Urxen mudar a Lei de Inclusión para adaptar a Risga ao Ingreso Mínimo Vital

O anuncio da Xunta de que habilitará mecanismos para perdoar total ou parcialmente a “débeda” das persoas que tiveron ambos subsídios a un tempo impulsou a CCOO a exixir que a medida se tome canto antes.
Medidor de radon (Imaxe: Santi Alvite / USC)
SOCIAL

O 7% das mortes por cancro de pulmón prodúcense por mor da exposición ao radon

A exposición ao radon está detrás do 7% das mortes que se producen na Galiza por mor do cancro de pulmón. Unha porcentaxe que no conxunto do Estado diminúe ao 4%. Son datos dun estudo publicado por investigadores da Facultade de Medicina da USC e do Laboratorio de Radon da Galiza, en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Consello de Seguridade Nuclear, publicado na revista Environmental Research.