Vigo

A Comisión Permanente do Consello Local do BNG de Vigo reuniuse esta segunda feira para planificar o traballo do novo mandato. (Foto: Nós Diario)
28-M

O BNG de Vigo busca ser “a alternativa” na primeira cidade galega

A fronte nacionalista comezou a planificar o traballo de cara a un novo mandato no que “intensificará, aínda máis, a iniciativa política e multiplicará o traballo a pé de rúa”.

Abel Caballero volve arrasar con absoluta.
28-M | En directo

Caballero arrasa en Vigo e o BNG triplica a representación

PSdeG 19 concelleiros, PP 5 e BNG 3. Abel Caballero di que os resultados mostran que "a cidade quere seguir cambiando, navegando cara á estrela polar".
Habitantes en cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Vigo e Baixo Miño: o motor industrial do país

As comarcas de Vigo e O Baixo Miño supoñen o extremo suroeste da Galiza e comprenden 16 concellos nos que residen 474.648 persoas censadas. Destaca a cidade olívica como motor industrial e económico da Galiza xunto aos concellos da contorna, que aumentan poboación debido, entre outros motivos, ao encarecemento da vivenda na maior urbe do país. Con todo, alén da automoción, do naval e do sector servizos vigués, destaca o patrimonio histórico de ambas as comarcas e actividades económicas como a pesca, ameazada agora por un proxecto de eólica mariña fronte ás costas da Guarda, Oia, O Rosal e Baiona.
Marta Fernández-Tapias e Alfonso Rueda, en Vigo. (Foto: Nós Diario)
28-M

Rueda confía en Fernández-Tapias e asegura: "O domingo empeza o cambio, hai candidata e ilusión"

"Vótase botar aos do 'caso cuñada' da Deputación, á man dereita do alcalde e número dous do PSOE na nosa cidade", dixo a candidata.
Vista aérea da zona de carga do porto de Vigo. (Foto: Autoridade Portuaria)
Xustiza

O Porto de Vigo, condenado por vulnerar a liberdade sindical ao "discriminar" unha delegada da CIG

"Os mandatarios do PP deixan de lado a xestión dos recursos humanos, delegando as decisións nun secretario que adoita pensar que é amo e señor da Administración", lamenta a central sindical.
Suso Díaz, pai de Yolanda Díaz, na Coruña durante o único mitin de campaña en que participou (Foto: Por Coruña).
28-M

Podemos reivindica o seu proxecto nos últimos compases da campaña desde Vigo e A Coruña

Á marxe da axenda de Antón Gómez Reino, deputado e ex coordinador de Podemos Galicia, e da presenza de Pablo Fernández, nos últimos días tamén estivo na Galiza o director do Instituto República e Democracia e cofundador de Podemos, Juan Carlos Monedero, que visitou Ames, Lugo e Ferrol.
O mitin do BNG decorreu no Auditorio do Mar de Vigo. (Foto: Nós Diario)
28-M

Pontón apela a concentrar no BNG o voto inconformista e rebelde

A voceira do BNG apoia en Vigo Xabier Pérez Igrexas.
Xabier Pérez Igrexas (no centro) esta quinta feira (Foto: Nós Diario).
28-M

Su Garrido Pombo, Jonathan Pereira, Carmen Santos, Pepe Carreiro e 'Chili' mostran o seu apoio a Xabier P. Igrexas en Vigo

51 referentes sociais da cidade olívica asinaron un manifesto en apoio ao alcaldábel nacionalista, Xabier Pérez Igrexas.

Café con asfalto

A viguesa avenida da Florida (foto: Google Maps).
SOCIAL

Un coche impacta contra unha marquesiña en Vigo e deixa, polo menos, catro feridos

Segundo as primeiras informacións que recibiu o 112 Galiza a través das chamadas de varios particulares, unhas tres persoas serían atropeladas, resultando tamén ferido o condutor do vehículo.
Un dos buses urbanos de Vigo calcinado o pasado 1 de maio (Foto: Policía Nacional).
Agora

Detidas dúas persoas pola queima de buses urbanos en Vigo, unha delas empregada de Vitrasa

A Policía Nacional detivo un home e unha muller como presuntos autores de dous delitos de incendio e estragos pola queima de dous autobuses urbanos en Vigo, sendo ela empregada da concesionaria municipal Vitrasa, dona dos vehículos calcinados. Tal e como informou devandito corpo de seguridade, os feitos remóntanse á madrugada do domingo 1 de maio, cando un autobús comezou a arder nunha céntrica rúa da cidade olívica, ficando totalmente calcinado.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Ferido un motorista tras impactar contra un vehículo en Vigo

Un motorista resultou ferido na mañá desta cuarta feira en Vigo tras impactar contra un coche na rúa Aragón, segundo informaron fontes do 112 Galiza. Os feitos ocorreron minutos antes das 11 horas á altura do número 221 da devandita vía. Foron os servizos de urxencias sanitarias os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. A partir de aí deuse aviso á Policía Local de Vigo e aos Bombeiros da cidade olívica.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Un motorista de 57 anos falece tras chocar contra un vehículo en Vigo

Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 06 horas, cando varios particulares alertaron do accidente.
Xabier Pérez Igrexas, candidato do BNG, e Marta Fernández-Tapias, do PP. (Fotos: Nós Diario)
28-M

O liderado da oposición, aberto en Vigo: 'sorpasso' do BNG ao PP?

As diversas enquisas avanzan unha clara maioría absoluta de Abel Caballero en Vigo. Mais a noticia non está na maioría absoluta de Caballero, senón na disputa pola segunda praza, pola que compiten un PP en caída e un BNG á alza.

O alcalde pedáneo de Bembrive, Marcos Castro, sentado no banco dos acusados en novembro pasado. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
Xustiza

O TSXG ratifica os 12 anos de inhabilitación para o alcalde pedáneo de Bembrive por prevaricación

Marcos Castro, ex rexedor da parroquia viguesa, foi condenado pola comisión dun delito continuado de prevaricación administrativa no relativo aos contratos para a Festa da sidra.

28-M en galego

Unha muller sostén unha roda na que se pode ler 'Presidente', na manifestación do pasado 12 de febreiro convocada por SOS Sanidade Pública. (Foto: Arxina)
Sanidade pública

SOS Sanidade prepara unha "gran manifestación" en Vigo de cara a outubro

"Desgraciadamente, é de esperar que todo siga igual ou peor que o ano pasado, dado que a Consellaría [de Sanidade] non fixo ningún esforzo serio para afrontar a deterioración dos centros de saúde", lamenta a plataforma.
Rubén Pérez encabeza a lista de Podemos-Marea de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Marea pide ao Concello de Vigo que se poña "do lado" das familias do 'Pitanxo'

A coalición Podemos-Marea de Vigo reclamou esta sexta feira ao Concello "que se poña ao lado das familias do Vila de Pitanxo, ante a neglixente xestión do Ministerio", en relación coa saída do buque Ártabro, que realizará a inspección do pecio en augas de Terranova. O cabeza de lista da Marea, Rubén Pérez, fixo estas declaracións durante unha repartición de propaganda electoral no barrio do Calvario, un polo de atracción de poboación migrante, "poboación que tamén traballa no sector do mar". Previamente acompañou os traballadores de Vitrasa na súa protesta diante do Concello: "Nin control público, nin exixencias para cumprir o prego en materia laboral, nisto si que falan os feitos do alcalde de Vigo".
A edición de 2019 de correlingua (Foto: Correlingua)
LINGUA

A 23ª edición do Correlingua chega esta segunda feira a Vigo

O vindeiro día 24, o Correlingua fará a súa seguinte para na cidade de Pontevedra.
Pontón e Pérez Igrexas esta sexta feira en Vigo (Foto: Nós Diario).
28-M

Pontón propón un parque municipal de vivenda nun acto con Xabier Pérez Igrexas en Vigo

Segundo apuntou a portavoz nacional do Bloque nun acto electoral no cal participou no barrio vigués do Calvario, "é impresentábel que o PP dinamitase a política de vivenda pública" na Galiza.