Vigo

Unha das imaxes que forma parte da colección presentada esta quinta feira. (Foto: Henri Durand-Brager) #vigo #fotografía #arqueoloxía
CULTURA

Vigo localiza "os retratos máis antigos da ría" nunha colección achada en 2020

Serían as primeiras fotografías da "arqueoloxía subacuática", segundo o Concello. O alcalde, Abel Caballero, presentou co xornalista, Eduardo Rolland, estos restos do patrimonio cultural de Vigo e a súa comarca esta quinta feira. "O verdadeiro significado deste tesouro fotográfico obtense ao cotexar estas fotos coas memorias da expedición de Hippolyte Magen, na que se estrearon adiantos técnicos como as lámpadas eléctricas de iluminación submarina", explicaron.
star
A guerrilla antifranquista na bisbarra de Vigo (e II)

Organizando a resistencia

Até o ano 1939, as actuacións levadas a cabo polos diversos grupos de fuxidos armados que andaban pola nosa zona estiveran dirixidas principalmente á procura da propia supervivencia (roubos en tendas e tabernas, sobre todo) ou de escarmento a presuntos acusóns policiais, máis que a enfrontarse directamente coa nova orde de cousas. Non será até despois do outono de 1939, ao verse frustrada a promesa de perdón do gobernador Gómez Cantos, cando pequenos grupos de antigos fuxidos —ou de novos homes que deciden a partir de agora sumarse aos proscritos ao comprobar como se incrementa a persecución á que son sometidos polas forzas policiais—, cando comece a xestarse o xermolo dunha feble organización guerrilleira na nosa bisbarra. 
Os irmáns Rogelio e José García Molares ‘Os Maletas’ nunha foto familiar. (Foto: Arquivo Xoán Carlos Abad Gallego) #guerrilla #guerrillaantifranquista
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

A guerrilla antifranquista na bisbarra de Vigo (I): A loita pola supervivencia

Tras a caída das barricadas de Lavadores, último bastión da legalidade constitucional na zona, foi o cinto montañoso que rodea o val do Fragoso —onde se sitúan os concellos de Vigo e Lavadores— o santuario elixido polos contrarios ao golpe para procurar a salvación. Centos deles tentaron atopar acubillo polos montes da Madroa, do Meixueiro, do Galiñeiro, dos Outeiros... para salvar así a vida, primeiro, e para pensar que facer, despois. A presenza dese importante continxente de contrarios, que supuña un potencial risco de futuro, foi o que moveu as autoridades rebeldes a levar a cabo importantes accións punitivas nas inmediacións deses fragosos lugares, sexa tanto co lanzamento de bombas na Madroa por parte de hidroavións da base de Marín —nos primeiros momentos—, como coa actuación sobre o terreo mediante o envío de numerosas partidas armadas peiteando a zona. 
Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Agriden un home en Vigo ao berro de "maricón de merda"

Un home foi agredido e insultado na madrugada deste sábado no Berbés (Vigo), no que semella un novo caso de delito de odio contra as persoas LGBT+.
Citroen PSA
TRABALLO

Nova parada na planta de Stellantis en Vigo pola falta de suministros

O cadro está afectado por un ERTE aprobado a finais de marzo pasad e a dirección xa advertiu que haberá que negociar "outro".
Captura dun vídeo no que se ve a zona exterior do centro comercial. (Foto: Jesús Roca) #vialia #vigo
SOCIAL

O novo centro comercial de Vigo, inaugurado hai escasas semanas, perde a loita contra as choivas

Usuarias e usuarios deste novo parque comercial situado en Vigo contan a través das redes sociais que as precipitacións causaron estragos en partes da infraestrutura como teitos de cristal. De feito, malia que as imaxes compartidas teñen baixa calidade, pódese ver algunha pingueira de auga ao interior da instalación.
escultura
star
Arte

Variacións sobre a pedra fría

O escultor Jorge Varela (Allariz, 1971) presenta en Vigo a mostra "Variacións sobre a pedra fría", terceira parte dun proxecto iniciado con 5 fragmentos dunha historia máis longa e seguido con "As notas xeométricas". O artista elabora obras entendidas como resultado dunha investigación que une o historiográfico, o elemento autobiográfico e a análise formal. Nesta ocasión parte dun tema, a pedra fría, que remite á iconografía medieval e renacentista, do "Cristo á espera da morte sentado na pedra".De feito o autor cita a representación do tema por parte do Mestre de Sobrado, un escultor manierista de quen se conserva este motivo na igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro (ca. 1574).
Un tren pasa por unha zona preparada para o AVE na Galiza. (Foto: ADIF)
POLÍTICA

Rego empraza o Executivo español a priorizar a liña ferroviaria Vigo-Porto

O BNG rexistra iniciativas no Congreso para coñecer os compromisos alcanzados entre o Goberno do Estado e o executivo portugués tras o cumio hispano-luso decorrido en Trujillo. No máis concreto, o deputado Néstor Rego, quere saber se se tratou de maneira específica a conexión ferroviaria da Galiza co norte de Portugal e se o executivo estatal incluirá nos orzamentos partidas suficientes para levar a cabo o novo trazado e o impulso da modernización da liña ferroviaria Vigo-Porto.

Probas da alta velocidade ferroviaria no tramo de Pedralba a Taboadela. (Foto: Europa Press)
Os orzamentos do Estado só destinan unha partida a un estudo

A conexión por tren da Galiza con Portugal, sen priorizar

A articulación ferroviaria interna da Galiza non semella unha preocupación das Administracións públicas. A proposta de orzamentos xerais do Estado para 2020 esquece ou outorga partidas insignificantes ás actuacións máis urxentes nesta materia. A conexión ferroviaria con Portugal segue esquecida

 

Fran Beltrán xogou en Xetafe o seu partido 100 como celtista. (Foto: Europa Press).
DEPORTES

O líder pon a proba a resurrección celeste

Tras superar o fechacancelas, o Celta afronta o reto da Real Sociedade
A tripulación do Náutico da cidade olívica posa cos seus galardóns. (Foto: Manuel Pedro)
DEPORTES

As naves galegas non poden con Xixón na Semana Abanca

Vigo e Sanxenxo acompañan no podio ao 'Astur'
Un operario traballa na planta de Stellantis en Vigo: Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press
ECONOMÍA

A planta de Stellantis de Vigo realiza este domingo unha nova parada do sistema por falta de subministración

A dirección daba por feito, esta semana, que haberá que negociar un novo Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)
O grupo Stellantis (antiga PSA) ensambla en Vigo as baterías dos modelos eléctricos que se fabrican nas plantas españolas (Foto: Stellantis).
TRABALLO

A CIG e a CUT rexeitan outro ERTE en Stellantis

O anuncio do director da factoría viguesa de automoción, Ignacio Bueno, creou alarma na factoría. Para os sindicatos é unha medida inxustificada.
Imaxe publicitaria empregada pola Deputación pontevedresa. (Foto: Nós Diario) #xelaarias #poeta #letrasgalegas
CULTURA

Os recunchos de Vigo serán a meta dun itinerario polo imaxinario de Xela Arias

A escritora Susana Sánchez Arins guiará a ruta -organizada pola Deputación de Pontevedra- prevista para o 31 de outubro. Esta homenaxe á autora á que se dedican as Letras Galegas de 2021 finalizará cunha actuación na que se musicarán algúns dos seus poemas. As prazas para participar na actividade precisan de reserva previa.
Concentración diante dos xulgados de Vigo (Europa Press).
TRABALLO

Aprazado o xuízo contra o ERTE aplicado en Stellantis de Vigo

A maxistrada do Xulgado do Social 6 de Vigo aprazou o xuízo contra o ERTE aplicado na planta de Stellantis. Un atraso da representación sindical por outro xuízo contra a multinacional impediu a súa realización. Desde a CIG censuran a negativa da empresa a pospoñer a sesión pola importancia do que foi aprazado.
Pasaxeiros agardan para subir a un tren de Renfe durante a última folga (Foto: Alejandro Martínez Vélez/Europa Press).
INTERNACIONAL

Vigo e Porto recuperan as catro conexións ferroviarias diarias

Renfe, que estabeleceu unha tarifa máis barata entre Ourense e Madrid que de Ourense á Coruña, non recuperará até mediados de 2022 todas as conexións na Galiza.
Un usuario tirou unha fotografía das indicacións. (Foto: @AlexCostasVila) #lingua #galego #caixeiro
LINGUA

O galego "non é lingua" para caixeiros

Ducias de persoas amosan, a través de rechíos, a súa preocupación polo uso do galego en caixeiros dun centro comercial de Vigo. A advertencia dos erros xurdiu por parte dun usuario que lamentou que as grallas sempre aparezan na lingua propia. A Mesa pola Normalización Lingüística xa se ofreceu a levar adiante esa denuncia.
Cartel promocional do evento. (Foto: Vertixe Sonora)
CULTURA

A música contemporánea chega ás cidades de Pontevedra, Vigo e Tui

Este sábado comeza o Festival Vertixe Sonora.
Presentación do ciclo de cinema que decorrerá en Vigo. (Foto: Festival de Cinema Inclusivo) #cinema #cinemainclusivo #vigo #festival #inclusión
CULTURA

Vigo da voz a máis de 50 apostas no cinema inclusivo

A sexta edición do Festival de Cinema Inclusivo da cidade decorrerá entre os días 12 e 16 de outubro. As proxeccións terán lugar no Auditorio municipal, o Cinema Salesianos e o Museo Marco tal e como aclararon as impulsoras na presentación desta sexta feira. Como elemento diferente con respecto a outros anos, o ciclo incluirá tres sesións novas dedicadas á igualdade, á discapacidade e ao público familiar.
O Woden GP de ViJuDa (ViJuDa).
CULTURA

Super Woden GP, o videoxogo vigués que lembra o espírito dos 90

O estudo ViJuDa, fundado en 2020, recrea con este traballo os xogos de velocidade que atopabamos nos salóns recreativos de finais do século XX.