Xunta da Galiza

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Pontón dá o primeiro paso para optar a un dos "retos máis grandes" da súa vida: ser a próxima presidenta da Xunta

A líder do BNG formaliza a súa candidatura para liderar a papeleta nacionalista nas eleccións galegas: "O cambio é imparábel, o cambio está en marcha e creo que é momento de que fagamos historia e que este país teña por primeira vez unha presidenta coas mans libres, desde a esperanza, a confianza e a certeza de que se acertamos nas decisións de futuro, Galiza ten inmensas potencialidades e necesita poñer en marcha un cambio".
Integrantes do Consello Nacional do BNG. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O BNG elixirá o 25 de novembro a súa candidatura á Presidencia da Xunta

Calquera militante con plenos dereitos de alta na organización poderá participar e presentarse sempre que logre un mínimo de 200 apoios.

Como blindar as eólicas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez (Foto: Xunta da Galiza).
star
POLÍTICA

O Consello de Contas e a Xustiza cuestionan a Xunta pola 'concentración' das liñas de transporte en Monbus

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza declarou ilegal a decisión da Xunta de conceder a liña de transporte escolar de Cambados a unha UTE participada por Monbus. O novo auto coñécese un dia despois de que o Consello de Contas fixera público un informe onde carga contra a política de mobilidade do Goberno galego.

Ana Pontón plataformas afectados
POLÍTICA

O BNG ve "fraude" na nova lexislación sobre os eólicos: "Abre unha porta traseira para burlar a Xustiza"

Ana Pontón insta o presidente Rueda a que se retire a normativa.
Varias vacas pastan na serra do Xistral, en Abadín, na comarca da Terra Chá. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A Xunta indemnizará os gandeiros afectados pola 'Covid das vacas'

O PP exclúe as caídas de produción e os abortos dunha proposta defendida polo BNG no Parlamento.
O conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O orzamento do ensino cae en 150 millóns para o ano 2024

A Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades é unha das grandes damnificadas do proxecto de orzamentos de 2024. O conselleiro, Román Rodríguez, acudiu esta quinta feira ao Parlamento da Galiza para defender as contas do seu departamento.

Unha maleta nun aeroporto (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Os Bonos Turismo da Xunta esgótanse en menos de 10 minutos

O Goberno galego dispoñibilizou un total de 10.000 bonos por valor de 100 euros cada un e, as persoas que puideron facerse con un, terán até o 25 de decembro para gastalo.
Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto:
Agostime / Europa Press)
star
POLÍTICA

A nova lexislación eólica da Xunta incumpre a normativa estatal e comunitaria

A Lei de medidas fiscais e administrativas dos orzamentos de 2024 formula unha modificación da normativa eólica vixente na Galiza. Porén, os xuristas consultados por Nós Diario cuestionan a súa legalidade e advirten dos incumprimentos da lexislación estatal e comunitaria.

A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).
Exclusiva de 'Nós Diario'

O TSXG anula a adxudicación a unha UTE de Monbus do transporte escolar de Cambados por parte da Xunta

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza acaba de resolver de novo contra a Xunta da Galiza e Monbus. A sentenza, á que tivo acceso en exclusiva 'Nós Diario', está na liña doutras resolucións xudiciais anteriores. 

Rueda non gosta da Xustiza

Estudio da Radio Galega.
Defende a Galega

"Apagada informativa" na Radio Galega coa precampaña: "O nesgo dos contidos é comprobábel"

O colectivo Defende a Galega denuncia un recorte no tempo dedicado á información n'A Crónica e o control dos contidos que se emiten nos boletíns, que ven "nesgados".
Alfonso Rueda durante a comparecencia após o Consello da Xunta que decorreu esta quinta feira. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda cre que o Estado "non é quen" de pór o galego na UE

O presidente galego, Alfonso Rueda, ve difícil que a lingua galega sexa oficial na Unión Europea. Para o titular da Xunta da Galiza, o Goberno español comprometeuse a oficializar galego, vasco e catalán e "non é quen de cumprir".
Migrantes chegados a El Hierro, en Canarias, o pasado 23 de outubro. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanxenxo e Sobrado dos Monxes acollerán 400 migrantes chegados das Canarias

Alfonso Rueda recrimina ao Goberno estatal a información "insuficiente" que recibiu até o momento sobre a chegada de migrantes.
O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de hoxe. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda non ve unha "emenda" á súa política eólica nas sentenzas do TSXG: "O contrario suporía que algúns xuíces fan política"

"Se pensase que é unha emenda á política da Xunta sería tanto como pensar que os tribunais están a facer política, e non creo que sexa así, nin que debese selo", dixo, en resposta a unha pregunta de 'Nós Diario'.
Obras na autovía da Costa da Morte, en 2016. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Contas reprende a Xunta polas 'peaxes en sombra' das autovías: "Non foi eficiente"

Un informe do Consello apunta que se poderían alcanzar "resultados equivalentes a un menor custo" na construción e explotación de autovías perante concesión por parte da Xunta da Galiza na modalidade de 'peaxe en sombra' e canon de dispoñibilidade.
Os datos correspondentes ao primeiro semestre de 2023 marcan o récord do endebedamento.
star
ECONOMÍA

A débeda pública galega marca o seu récord histórico e alcanza os 12.333 millóns de euros

O conselleiro de Facenda recoñeceu esta cuarta feira o "elevado nivel de endebedamento público": 12.333 millóns até o primeiro semestre de 2023. O proxecto de orzamentos de 2024 prevé unha débeda de 12.309 millóns, aos que se sumarían 1.906 millóns de actuacións financiadas pola colaboración público-privada. A Xunta endebedou de media cada cidadá e cidadán con 2.813 euros desde o exercicio de 2009.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na Cámara. (Foto: Europa Press)
Parlamento

O conselleiro minimiza a folga no ensino e di que a Galiza está "na vangarda" educativa

O BNG insta Román Rodríguez a "non dividir" o profesorado.
Ilustración do Xabarín Club realizada por Kiko da Silva.
LINGUA

"Por fuciños, por cacheiras!": a Xunta confirma, con tres anos de atraso, a canle xabarin.gal

En maio de 2021 o Parlamento acordou a proposta por unanimidade, e hoxe o conselleiro Román Rodríguez anunciou que será unha realidade en 2024.
Un guindastre filmado a primeira hora desta cuarta feira por membros da plataforma Amil Sen Eólicos.
VÍDEO NO INTERIOR

As obras continúan no monte Acibal malia a sentenza que ordena paralizalas, denuncia Amil sen Eólicos

"Levamos solicitando esta paralización desde marzo á Xunta, vese que non hai présa nin cando o di o TSXG", censuran desde a plataforma.