Xunta da Galiza

Alumnado traballa na aula con cadanseu ordenador portátil no marco do programa E-Dixgal. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

E-Dixgal fai dez anos entre críticas aos recursos didácticos e eloxios á tecnoloxía

Máis de 60.000 alumnos e alumnas duns 600 centros de ensino da Galiza estudan con dispositivos portátiles, conectados á rede e con acceso a contidos dixitais. Mudaron os libros de texto impresos polas pantallas, que desde hai unha década ocupan un espazo central nas aulas de 5º de Primaria a 4º da ESO.
Concentración de enfermeiras onte en Compostela, acto en Corrubedo (Ribeira) onte para celebrar que, grazas á loita, conseguiron médico, e manifestación de enfermeiras decorrida onte na cidade da Coruña. (Fotos: Arxina | Nós Diario)
star
Sanidade pública

Medran as protestas: pacientes e persoal sanitario saen á rúa acusando a Xunta de levar ao colapso a sanidade

As protestas en defensa da sanidade pública galega percorreron esta quinta feira múltiples puntos da Galiza. Mentres o colectivo de enfermeiras A Por Todas mobilizábase en todas as áreas sanitarias da Galiza, entidades sociais a nivel local saíron á rúa contra o deterioro da Atención Primaria.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa comparecencia na Comisión de Orzamentos, o pasado 27 de outubro. (Foto: Xoán Crespo)
star
Análise

Orzamentos mentireiros na sanidade pública

Xosé María Dios é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
Bieito Lobeira, na redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Bieito Lobeira, membro da Executiva do BNG: "O PP galego vive entregado a unha visión madrileña e centralista do Estado"

Durante máis dunha década, Bieito Lobeira (Seixo-Marín, 1968) tivo a responsabilidade organizativa no BNG, un período complicado despois da crise de Amio de 2012. Agora vén de anunciarse que esa Secretaría de Organización fica encabezada por Lucía López Sobrado. Lobeira, que se mantén na Executiva da formación nacionalista, explica a 'Nós Diario' esa transición e analiza claves da tensa actualidade política.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, esta quinta feira no Consello de Goberno galego. (Foto: Xunta da Galiza)
Consello da Xunta

Rueda segue as ordes de Feixoo e Ayuso e pide unha Conferencia de Presidentes

A confrontación gaña peso a medida que se achegan unhas novas eleccións. O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, aproveitou o Consello da Xunta desta quinta feira para volver á carga contra Pedro Sánchez. Esa confrontación co Estado está a marcar o fío condutor da actuación do Executivo galego.

Concentración da CIG, esta cuarta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG demanda aplicar a xornada de 35 horas na Administración galega

A central sindical exixe un sistema de traslados "aberto e permanente".
En primeiro plano, Alberto Núñez Feixoo; ao fondo, Pedro Sánchez e Nadia Calviño, hoxe, no Congreso (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
Debate de investidura

Sánchez deixa en evidencia con datos a xestión de Feixoo na Xunta: "Nin moderado, nin experto, nin bo xestor"

Feixoo responde alegando as súas vitorias nas urnas fronte a un Sánchez que será "dúas veces presidente" despois de "perder".
Recuros galizalery
star
POLÍTICA

Así é a nova lei da Xunta que deixa os recursos naturais en mans das mineiras e as empresas eléctricas

O denominado proxecto de Lei dos recursos naturais da Galiza nace con polémica. Esta segunda feira, mesmo día en que Alfonso Rueda presentaba a Sociedade Recursos da Galiza, coñecíase que as principais organizacións sindicais do país demandan un cambio fondo no texto lexislativo.
José Ramón Gómez Besteiro e Alberto Varela, esta segunda feira en Compostela. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Besteiro apoia Varela na Fegamp e acusa a Xunta de actuar como "espectro da escuridade" na súa relación cos concellos

O Executivo galego 12% do Fondo de Compensación Interterritorial en 2021 e 2022.
Presentación da sociedade mixta impulsada pola Xunta. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

33 empresas e 30% de participación pública: a sociedade mixta para proxectos enerxéticos da Xunta con Abanca ou Finsa

Con anterioridade a esta presentación, a CIG exixiu a retirada do proxecto de lei de recursos naturais que impulsa a Xunta alertando do ditame redactado e aprobado por unha comisión do Consello Económico e Social (CES) "moi crítico" coa norma.

Incompetencia

O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de hoxe. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda "non renuncia" a pedir a condonación da débeda, medida que figura no acordo BNG-PSOE

O presidente da Xunta da Galiza recoñece que "non renuncia" a pedir para o país que se condone parte da débeda que a Galiza ten co Estado, no que suporía sumarse a unha das medidas que figuran no acordo de investidura entre BNG e PSOE asinado esta semana: a de que a Galiza tería unha quita "análoga" na súa débeda á que se fixou para Catalunya (20% do total).

O cero de Rueda e Feixoo

Pedrafita do Cebreiro, Lugo. Cuarto día del paro nacional del transporte por carretera. Los piquetes se multiplican por la provincia de Lugo, y ya están presentes en la práctica totalidad de accesos a los Polígonos empresariales. En la imagen, un guardia civil dirige el tráfico de camiones en dirección a la Autovía A6 en la mañana del jueves 17 de marzo
star
POLÍTICA

Policía, autoestradas, tráfico ou prisións: as competencias pendentes de transferir á Galiza

O acordo para a investidura de Pedro Sánchez asinado entre o BNG e o PSOE recolle a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Xunta antes do remate deste ano para activar a transferencia das competencias pendentes. O seu resultado final dependerá da vontade do Goberno galego.

A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).
POLÍTICA

A Xunta da Galiza defende as concesións que fixo a Monbus e que foron anuladas pola Xustiza

As responsabilidades pola polémica adxudicación das liñas do transporte regular e escolar por estrada seguen a dilucidarse na esfera lexislativa e xudicial. Mentres a conselleira de Mobilidade, Ethel Vázquez, respondía esta cuarta feira no Parlamento sobre as concesións, transcendía dos xulgados a admisión a tramite da persoación da CIG como acusación particular na causa aberta na xurisdición do penal contra as Consellarías de Educación e Mobilidade.
Sen titulo
Parlamento

Rueda ridiculiza a rebaixa de peaxes e o tren de proximidade: "É un acordo de garrafón"

Alfonso Rueda non gosta do acordo de investidura alcanzado entre o BNG e o PSdeG. Volveu manifestalo esta cuarta feira durante a sesión de control no Congreso. Un acordo de "rebaixiñas" e de "garrafón", dixo, cando nacionalistas e socialistas explicaron algunhas das medidas contempladas no pacto, como as rebaixas de peaxes en AP-9 e AP-53, a condonación de parte da débeda a Galiza ou os pasos cara a un tren de proximidade.

A débeda de Feixoo e Rueda

docentes relixión diócese
Orzamentos

Educación gastará en 2024 máis de 29 millóns de euros en aulas de relixión

Un total de 29.308.961 euros vai gastar no vindeiro curso a Consellaría de Educación en pagar ao profesorado de relixión no vindeiro curso. Esta é a cantidade que figura no proxecto de orzamentos para 2024 do departamento que dirixe Román Rodríguez. Trátase dunha cifra similar á de 2023, mais superior á dos anteriores exercicios.
A débeda galega disparouse durante os anos de Alberto Núñez Feixoo á fronte da Xunta da Galiza. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
star
POLÍTICA

A débeda da Xunta da Galiza co Goberno do Estado alcanza os 9.562 millóns de euros

O acordo para a investidura de Pedro Sánchez asinado entre o BNG e o PSOE recolle unha condonación da débeda galega “análoga” á fixada para Catalunya e cifrada en 20% do total. O Goberno do Estado é o principal acredor da Xunta con 9.562 millóns de euros, que representa 79,1% do total da débeda.

Aeroxeradores co monte Pindo (Carnota, comarca de Muros) ao fondo (Foto: Roi Sande).
star
Análise

Eólica: algo máis que lobby entolecido

María do Carme García-Negro é doutora en Economía.