Xunta da Galiza

A impostura do xestor

Parque eólico da enerxética galega en Vimianzo. (Foto: Greenalia)
Xustiza

O TSXG pide respecto fronte as críticas de Greenalia e da CEG

Os xuíces defenden a independencia das decisións.
Exame da oposición decorrida en xullo en Compostela (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Publicadas sete convocatorias de oposicións da Xunta para cubrir 195 prazas de emprego público

O prazo de inscrición para presentar solicitudes remata o 7 de agosto

Salón de xogo con máquinas comecartos. (Foto: Europa Press)
Agora

Entra en vigor a polémica Lei do xogo que aprobou o PP en solitario

O DOG publica esta quinta feira a nova Lei do xogo da Galiza, aprobada non Parlamento galego no penúltimo pleno do período de sesións e que, deste modo, entra xa en vigor. O texto saíu adiante grazas aos votos do Partido Popular e co 'non' da oposición —BNG e PSdeG—, que o consideran unha "grande oportunidade perdida" que "vai permitir xogar a menores en bares" e tamén a ludópatas do rexistro de autoprohibidos.

O rural alén dos mantras

Alumnado e profesorado no CEIP de Cervantes, na comarca do Ancares (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Educación

Un total de 186 centros escolares fecharon as súas portas na Galiza desde o ano 2009

O mes de xuño despediuse con protestas no sector do ensino, no cal, desde o curso 2008/2009, cesaron na súa actividade 186 centros, na maioría públicos. Galiza sitúase á cola do Estado en investimento educativo, só por diante de Asturias, Madrid e Castela e León. O número de centros de educación infantil caeu en 51,2% cos gobernos do Partido Popular á fronte da Xunta da Galiza.
Factoría de Ence en Lourizán. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Concello recorrerá no Constitucional a sentenza favorábel a Ence

"Sabiamos que no Supremo estaba atado e ben atado, pero era un paso que había que dar", dixo o rexedor, a quen a Xunta pide que "cese na inquina" contra a empresa porque "xa falaron os tribunais".
A deputada popular Carmen María Pomar foi a encargada de presentar o ditame da comisión parlamentaria que aprobou a lei. (Foto: Parlamento da Galiza)
Parlamento

O PP aproba en solitario a Lei do litoral, que carece dos medios para a súa execución

O Parlamento galego aprobou cos únicos votos a favor do PP e a abstención do BNG e o PSdeG a Lei de ordenación e xestión integral do litoral da Galiza. Unha norma que para os populares supón "asumir novas cotas de autogoberno", mentres que a oposición ve na mesma máis "electoralismo" que "efectividade" e advirte que, sen os medios e servizos necesarios para desenvolver a competencia e que están en mans do Estado, a lei é unha "oportunidade perdida".
Residencia pública Altamar de Vigo. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

O prazo para solicitar as bolsas e prazas en residencias xuvenís da Xunta abre esta terza feira

Na valoración das solicitudes teranse en conta aspectos como a renda da unidade familiar, a condición de familia numerosa ou monoparental, as condicións de orfandade e de discapacidade ou a antigüidade na residencia xuvenil, entre outros.

e dixgal ordenador
Educación

Familias denuncian que lles queren cobrar o arranxo de portátiles usados no ensino público polo alumnado

Os ordenadores foron usados no programa E-Dixgal.
María Cadaval. (Foto: Xan Carballa)
Profesora de Economía Aplicada da USC

María Cadaval: "Temos que aproveitar como país os nosos recursos naturais"

A economista María Cadaval (Ribeira, 1977) asistiu nestes días ao Viglobal Summit, organizado pola Zona Franca, e aborda nesta conversa algúns dos desafíos que ten a economía actual. "Debemos ter claro que cando facemos economía buscamos o benestar da sociedade no seu conxunto, e iso esixe mellorar a produtividade, pero tamén os salarios. As empresas non poden competir e expandirse se non son capaces de reter o noso talento", defende na conversa.
Intervención de Alberto Núñez Feixoo durante unha sesión de control ao Goberno español no Senado. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo, o senador designado polo Parlamento galego que non se interesa pola Galiza no Senado

"Considera o presidente do Goberno que o seu Executivo está á altura das necesidades das familias españolas?", "vai seguir reformando o Código Penal para favorecer membros do seu partido e os seus socios de Goberno?", "cal será a súa próxima promesa incumprida?", "cre que España merece un Goberno en crise permanente?" e "considera que os españois merecen que se lles diga a verdade?" foron as súas cinco intervencións orais ante o pleno. O BNG exixe que compareza no Parlamento galego para render contas.
Capa e contracapa do libro de Manuel Monge.
Agora

'Feijóo, biografía dun farsante', o novo libro de Manuel Monge

A vindeira semana chegará ás librarías do país o último libro do sociólogo e ensaísta Manuel Monge, colaborador na sección de Análise de Nós Diario. A obra, editada por Laiovento, leva por título Feijóo, biografía dun farsante (non autorizada), e o propio autor preséntao como "un libro de consulta, que ten pouco de literatura e que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita". "Lectoras e lectores terán información para comprobar que Alberto Núñez Feixoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno", afirma.
Cobertura municipal dos servizos de información á muller. (Fonte: Fegamp / Nós Diario)
SOCIAL

26% dos concellos galegos carecen de Centros de Información á Muller

A atención falta en zonas rurais e afastadas.
Olalla Rodil (BNG) acusou a Paula Prado (PP) de "pirómana e incendiaria" (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

A CRTVG acumula 18 condenas nun ano por vulneracións de dereitos

Olalla Rodil pide explicacións pola imputación de oito directivos da cadea.
Ledicia Costas recibindo a Medalla Castelao. (Foto: Xerais)
CULTURA

Medalla Castelao para Ledicia Costas, Siniestro Total, Susana Rodríguez, Lino de Prado e Rafael López

Esta cuarta feira entregáronse as Medallas Castelao, as Medallas Castelao 2023, que distinguen aos galegos que fixeron contribucións singulares e "levaron o nome da Galiza máis aló das súas fronteiras". A escritora Ledicia Costas e a banda de rock Siniestro Total foron dous dos galardoados.
A baixada do nivel do río Ouro podería estar detrás da acumulación de halometanos na traída. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Xunta afirma que a auga de Betanzos xa é apta para o consumo

As probas realizadas nos oito puntos son, segundo o Executivo galego, favorábeis e permiten levantar a recomendación de restricións para o consumo humano

Alfonso Rueda, Ana Pontón e Begoña Rodríguez Rumbo na sesión de control desta cuarta feira. (Fotos: Arxina)
Parlamento

Rueda reclama traspasos sobre os que ten votado en contra e culpa a oposición de 14 anos sen transferencias

Alfonso Rueda anunciou esta cuarta feira que o Goberno español que saia das urnas o 23-X vai ter sobre a mesa despois do verán unha petición do Executivo galego para o traspaso de diversas "competencias". O PP ten votado en contra da transferencia dalgunhas delas no Parlamento galego.
Autocar da compañía Monbus, que controla 80% das liñas na Galiza. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

O TSXG anula a adxudicación doutro lote de transporte escolar da Xunta a unha UTE por estar dominada por Monbus

Hai só cinco días o alto tribunal galego anulara outra adxudicación polo mesmo motivo.
O actor español Rafael Álvarez "El Brujo" presenta dúas obras no Festivalle.
star
CULTURA

O Valle Inclán da Xunta non fala galego

O Festivalle, festival de artes escénicas financiado pola Xunta de Galiza que homenaxea a figura e a obra de Valle-Inclán, non conta co sector profesional galego nin inclúe obras na lingua do país.