Xunta da Galiza

Gazir e Manel Aka Force, na batalla de galos de Red Bull de esta quinta feira, na xornada inaugural do festival. (Foto: O Son do Camiño)
star
CULTURA

O Son do Camiño, unha historia de exclusión do galego subvencionada

Compostela acolle unha nova edición do Son do Camiño, macrofestival que a Xunta da Galiza impulsa como "gran evento do verán". Desde esta quinta feira e até o sábado día 17 ducias de artistas levarán a súa música ao Monte do Gozo, sendo moi reducida a presenza da música en galego.

Monocultivo para todo

minaria-de-galicia-magnesitas-rubian
POLÍTICA

A Xunta usará empresas e expertos privados para simplificar trámites ambientais públicos

 Crearase un rexistro de empresas e institucións de carácter privado "capacitados" para facer estes traballos.
Alfonso Rueda, no pleno desta terza feira do Parlamento. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda ve "coherencia" en que Feixoo avale hoxe pactos con Vox que en 2020 rexeitou "como presidente" da Xunta

Feixoo dicía no pasado que non pactaría coa extrema dereita por estar "en contra da Galiza".
O novo Goberno galego esta quinta feira, após a toma de posesión dos novos conselleiros. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Alfonso Rueda espera que Baltar "non opte" a seguir na presidencia do PP de Ourense

O presidente do PP galego avanza que "haberá outros candidatos".

Ouro, carbón e Feixoo

O CIFP A Xunqueira, Pontevedra, é un dos afectados pola reorganización educativa da Xunta. (Foto: Nós Diario).
Educación

A Xunta muda a oferta de FP cara "a privatización e a precariedade"

A menos 20 días para que abra o prazo de matrícula nos ciclos de FP da Galiza, a Consellaría de Educación remitiu aos centros unha proposta de oferta formativa que muda as condicións que viña gozando o alumnado. Suprime ciclos básicos e alenta a formación a distancia noutros, unha solución que deixa centos de estudantes "desamparados".
RUEDA PONTÓN ÁLVAREZ
Parlamento

A oposición censura que sexa Xénova quen "cese" os conselleiros de Rueda

A remuda exprés do Goberno galego a raíz das necesidades de Núñez Feixoo e o PP estatal de cara ás eleccións do 23-X ten varias lecturas posíbeis, entre elas unha interna, en chave do Partido Popular da Galiza e con gañadores e perdedores na conformación do novo Executivo. A sesión de control ao presidente que decorreu esta cuarta feira no Parlamento pivotou, precisamente, sobre os cambios no Goberno de Alfonso Rueda. Para a oposición, unha mostra da "supeditación" que o presidente fai da Xunta aos intereses do PP español.
Parque eólico na serra do Candán, nas comarcas do Deza e Terra de Montes. (Foto: Arxina)
Medio Ambiente

Adega chama á colaboración cidadá para recorrer no TSXG os eólicos Neboada, Mesada e Xesteirón

As ecoloxistas inclúen estes tres proxectos, xa autorizados pola Xunta, na campaña de recadación 'Ti podes paralos', que ten por obxectivo reunir os fondos suficientes para recorrer estes proxectos diante do TSXG.
O conselleiro de Medio Rural, José González, no Parlamento. (Foto: Conchi Paz)
POLÍTICA

A Xunta defende que as lácteas multadas cobren axudas públicas: "É moi sinxelo ter sanción por infracción grave"

O PSdeG acusa Medio Rural de favorecer Inleit, sancionada por "incumprir acordos que tiña con gandeiros" e que, segundo denunciou Unións Agrarias, estaría a mercar leite portugués "mentres maltrata" a industria galega.
Mar Sánchez e Alberto Núñez Feixoo, nos corredores do Parlamento galego. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo coloca na candidatura do PP por Madrid o seu "núcleo" da Xunta

Mar Sánchez, Marta Varela e De la Matta van na lista.
Estudantes dun centro de titularidade privada. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Educación

A Xunta pagará ao ensino privado até 6.000 euros por aula suprimida

CIG, CCOO e UXT non subscriben o pacto.
Non é a primeira vez que a Xunta exclúe 'Nós Diario' da repartición de fondos públicos aos medios de comunicación da Galiza. (Foto: Arxina)
Análise

Publicidade institucional e clientelismo

Carlos Aymerich Cano é profesor titular de Dereito Administrativo e secretario xeral da UDC.
cesg
SOCIAL

A Xunta non solicitou ao CES ditame da Lei do litoral

As relacións entre a Xunta da Galiza e o Consello Económico e Social (CES) non viven os seus mellores momentos. O Goberno galego prescindiu de solicitar ao organismo o ditame preceptivo sobre o proxecto de Lei de Ordenación e Xestión Integral do Litoral da Galiza. A decisión do Executivo de Rueda incumpre o fixado na propia lexislación de creación do CES.

Destino Madrid

rueda
POLÍTICA

Alfonso Rueda anuncia cinco movementos na Xunta provocados por Feixoo: cesa Conde e Quintana e ascende Calvo

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, asinará esta cuarta feira o decreto de nomeamento dos novos conselleiros e conselleiras, após o anuncio de que Rosa Quintana, ao igual que Francisco Conde, abandonará o Executivo galego. Alfonso Vilares e Elena Rivo entran en San Caetano.
Aeroxeradores no polígono eólico de Sil e Meda, en Esgos (comarca de Ourense). (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

A Xunta autoriza catro novos parques eólicos a Green Capital e dous a Enel

Un dos promovidos pola división de renovábeis de Capital Energy, Legre, será recorrido pola veciñanza e por varias explotacións gandeiras dos concellos afectados, Mesía e Oza-Cesuras.
Tiago Alvite, presidente do Comité Intercentros da CRTVG. (Imaxe: Nós Diario)
Presidente do Comité Intercentros

Tiago Alvite: "Tras a imputación, o Goberno galego ten que cesar urxentemente a cúpula directiva da CRTVG"

Preocupación e alarma entre o cadro de persoal da CRTVG é o que, segundo o presidente do Comité Intercentros, Tiago Alvite, causou a noticia da 'imputación' da Dirección do ente público, á que acusa de provocar un "deterioro" das relacións laborais "sen precedentes", con "abusos" e "manipulación". Entrevistámolo con motivo da investigación de parte da cúpula directiva da CRTVG, entre os que destaca o director, Alfonso Sánchez Izquierdo.
Alfonso Rueda, no pleno desta terza feira do Parlamento. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rosa Quintana abandona tamén a Xunta e Rueda ascende a Diego Calvo e Ánxeles Vázquez mentres dá Economía a Lorenzana

Quintana era, canda Rueda, a única que ficaba no Consello da Xunta desde 2009.
O CEO de Altri José Soares, con Alberto Núñez Feixoo e Miguel Corgos. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

A Xunta coñecía desde 2021 que Altri non tiña encaixe nos fondos Next Generation

A fábrica de viscosa de Altri en Palas de Rei é o proxecto económico estrela do Goberno de Alfonso Rueda. A súa posta en marcha require de axudas públicas por unha contía de 250 millóns. Porén, a Xunta recoñece que non cumpre cos criterios para acceder ao financiamento.