CULTURA

VÍDEO | Así soa 'Maricarmen', o novo de Fillas de Cassandra xunto a La Pegatina

Fillas de Cassandra publicou ás 00 horas deste 13 de setembro o seu novo sinxelo, "Maricarmen". A peza  é o tema que pecha todos os concertos da xira Últimas Dionisíacas. Este lanzamento ponlle o ramo a intensa tempada na que Sara Faro e María SOA subiron a ducias de escenarios de toda a península, nunha xira que comezou o 16 de febreiro na súa cidade natal, Vigo. "Queremos despedir o verán por todo o alto, coa canción que nos acompañou en todos os directos", aseveran.

A nova creación de Fillas de Cassandra revisa a peza de La Pegatina: danlle unha volta para incluír á protagonista, Maricarmen, na propia historia da canción. Así, Fillas de Cassandra integra a Maricarmen no relato, como convidada inesperada dunha festa á que chega a personaxe e que, ao ver o ambiente festivo, decide quedar na mesma. "Ao final Maricarmen está tan entusiasmada que quere bailar no ‘afterhour’ coa filla até o final, obviamente", din Sara e María, nun recoñecemento de que as persoas maiores tamén poden ter os seus espazos de lecer.

Na produción de Maricarmen tamén participan, ademais de Sara Faro e María SOA, Peter Petrowsky e Berto. O tema acompáñase dunha capa creada pola ilustradora Lara Seara, coñecida nas redes sociais como @laultimacroqueta, e dun vídeo de animación realizado por Antón Varela.

Tras encher a praia de Riazor no Festival Noroeste ou actuar a pasada fin de semana no estadio de Balaídos , Sara Faro e María SOA formarán parte do cartel de citas como Revenidas (Vilaxoán), Tribu (Burgos) ou das festas do San Froilán (Lugo). Sara Faro e María SOA formarán parte do cartel de citas como Revenidas (Vilaxoán), Tribu (Burgos) ou das festas do San Froilán (Lugo).