A débeda pública galega ascende a 12.170 millóns e fecha 2023 en máximos históricos
A débeda pública galega fechou 2023 en máximos históricos. Segundo os datos publicados onte polo Boletín Estatístico do Banco de España, a finais do pasado exercicio alcanzou os 12.170 millóns de euros. A Xunta desde 2009 endebedou a cada residente galego en 3.043 euros.