16 adegas levan o viño galego á feira ProWein, en Alemaña

O viño galego está presente estes días na feira internacional ProWein, que decorre na cidade alemá de Düsseldorf, a través dun posto propio no que están representadas as cinco Denominacións de Orixe con 16 das súas adegas. O espazo conta con actividades organizadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, deseñadas para reforzar a repercusión comercial da presenza do país nesta feira, incluíndo visitas guiadas dirixidas a pequenos grupos de profesionais do sector da hostalaría, distribución e xornalismo. No percorrido mostrarase a influencia dos climas, solos e variedades autóctonas que caracterizan a calidade dos viños galegos.
Comentarios