Anticapitalistas Galiza pide un “voto crítico” ao BNG nas eleccións galegas

“O BNG soubo recoller as arelas de cambio e encarnar en Ana Pontón a esperanza de desaloxar o PP da Xunta cun Goberno no que a diferenza do bipartito de 2005, o PSOE quedaría subalternizado”. Así comeza o comunicado remitido aos medios e nos que Anticapitalistas pide o voto para a formación nacionalista o 18-F. Anticapitalistas, porén, cre que o BNG “deu un xiro cara á moderación, xogando a carta dun nacional- populismo amplo capaz de integrar as demandas de sectores moi diversos priorizando o eixo nacional sobre o social”. Ante a posibilidade real de desaloxar o PP da Xunta, o único voto útil é ao BNG, sendo conscientes da limitación que pode ter un Goberno liderado por Ana Pontón, pero tamén das esperanzas de moitos sectores das clases populares de reverter recortes que afectan tan gravemente ao pobo galego como os de sanidade, dependencia e ensino”.

Un mozo saíndo dun colexio electoral após depositar o seu voto nas eleccións estatais do pasado 23 de xullo. (Foto: Joaquín Corchero / Europa Press)
photo_camera (Foto: Europa Press)
Comentarios