Aparece en Sevilla un home desaparecido onte na Coruña

O home de 82 anos que faltaba do seu domicilio na Coruña desde esta segunda feira foi localizado hoxe en bo estado en Sevilla, segundo informou a asociación SOS Desaparecidos após solicitar axuda para dar con el. Trátase de Pedro Jiménez Borja, unha persoa de "alta vulnerabilidade" e que faltaba do seu domicilio, na cidade herculina, desde onte, día 27.
Pedro Jiménez Borja, desaparecido na Coruña.
photo_camera Pedro Jiménez Borja, desaparecido na Coruña.
Comentarios