Arde por completo un aeroxerador dun parque eólico da Lama

Un aeroxerador situado no Monte do Ceo, no concello da Lama (comarca de Pontevedra) ardeu esta cuarta feira, segundo confirmaron desde a central de emerxencias do 112. O aviso deuse contra as 12.45 horas de hoxe e foron mobilizados efectivos dos Bombeiros do Salnés, o 061 —por prevención—, a Garda Civil, Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea —que non chegou a actuar— e o GES de Avión. No aviso informouse de que había chamas nun muíño, cuxa estrutura estas mesmas fontes confirmaron que quedou completamente calcinada.

#eólicos #eólico #eólica #turbina #muíño #aeroxerador (Foto: Pedro Sala)
photo_camera #eólicos #eólico #eólica #turbina #muíño #aeroxerador (Foto: Pedro Sala)
Comentarios