Un atropelo en Vigo deixa un home falecido

Un septuaxenario faleceu en Vigo tras un atropelo, segundo informaron desde a Policía Local e o servizo de emerxencias 112. Na tarde da segunda feira, o 112 recibiu unha chamada por unha atropelo á altura do número 184 da rúa Sanjurjo Badía. Ao lugar, desprazáronse os servizos sanitarios, ademais de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local, que confirmou o falecemento do home, que, segundo as primeiras hipóteses, caería á vía, resultando atropelado.

Vista da cidade de Vigo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Vista da cidade de Vigo baleira. (Foto: Nós Diario)
Comentarios