O Cangas busca a resurrección a costa do Granollers

Corren malos tempos no seo do único equipo galego na máxima categoría do balonmán masculino estatal, o Frigoríficos do Morrazo. Inmerso nunha dinámica extremadamente negativa de resultados, o conxunto de Cangas igualou a pasada xornada a súa peor xeira de partidos sen gañar na Liga Asobal, con 15 encontros, un récord que databa da tempada 2017/18. Antepenúltimo con nove puntos, a sete de distancia do cuarto pola cola, o seu rival desta sexta feira (Pavillón Municipal do Gatañal, 20.30 horas) non parece o máis adecuado para tratar de cambiar esa dinámica, pois o Granollers non sabe o que é perder no que vai de 2024, mais no deporte, como na vida, todo é posíbel.
 
A afección podería ser determinante para que o Cangas volvese gañar. (Foto: BM Cangas).
photo_camera A afección podería ser determinante para que o Cangas volvese gañar. (Foto: BM Cangas).
Comentarios